PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2022

Cangas, 20 de marzo de 2022

 

     Tras dous anos de pandemia plantexámonos a volta da PRESENTACION DOS EQUIPOS para a presente tempada. Foi nun formato máis familiar e coa seguridade que nos dan os espazos abertos. O Estadio Municipal de Cangas acolleu nas suas bancadas a familia amarela, tivemos un día primaveiral para plasmar en fotografías os nosos equipos para a tempada 2022. Pouco a pouco agardamos que o formato sexa máis parecido ao que xa tiñamos desenvolto. Non houbo invitados nin Autoridades políticas, ainda está no tellado  dalgunha Institución a pelota do arranxo das Pistas.  Iso tamén nos gustaría remarcalo, as Pistas de Verín non poder cair no olvido mentras @s nos@s representantes se poñen dacordo. A día de hoxe non se poden celebrar competicions oficiais por falla de homologación, se non se actua de maneira urxente non serviran nin para adestrar.

     Para remate do acto entregouse aos asistentes a Revista numero 26 do Club co resumo da tempada 2021, agadecer aos negocios colaboradores a súa inestimable aportación para facela posible.



Deja una respuesta