Archivo de la categoría: 2022
CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE
A Coruña, 02 de xullo de 2022
En plena tempada de aire libre chegou o tempo do Campionato individual da categoría CADETE, fai unha escasa semana competían coma equipo e agora o facian nas «suas» probas. Ainda que a representación máis numerosa foi do lado feminino tamén houbo participación de tres atletas másculinos. Raúl Rial e Diego García remataron 7º e 13º respectivamente na carreira de 1000 m.l., no caso de Hugo Domínguez acadou a amarga medalla de chocolate, cun magnifico 4º posto nos 3000 m.l.
A sección feminina contaba con 9 atletas que tiveron un intenso sábado de probas nas pistas de atletismo de Elviña. Nerea Malvido rematou 8ª nos 3000 m.l.. Helena Bello acadou a victoria no concurso de salto de pértega cun salto de 2, 77 m., nesta proba tamén participou Iris Malvido, rematando en 4º posto, ademáis foi 6ª nos 3000 m. marcha. Marta Camaño pasou a final de 100 m.l., tras unha semifinal que venceu con 12.94 s. Logo remataría 4ª cun tempo de 12.61 s, que suporía a sua mellor marca de non ser polo vento. Marta Rua participou en duas carreiras de valados, finalizando 7ª en 300 m.v. e 13ª en 100 m.v.
Lucia Gil tiña a sua participación orientada nos concursos de saltos horizontais, acadando o BRONCE na lonxitude e o 8º posto no triple. Claudia Cárcer proclamouse SUBCAMPIOA Galega de peso e 15ª en lonxitude. O concurso de lanzamento de peso foi dominado por Gema Dacosta que ademáis foi SUBCAMPIOA no lanzamento de disco. Maialen Fernández foi SUBCAMPIOA en lanzamento de xavelina e 8ª no lanzamento de disco. Esta exitosa xornada deu remate co relevo 4X100 composto por Marta Camaño, Lucia Gil, Gema Dacosta e Claudia Cárcer , quenes computaron coma novenas no global das participantes. Parabens polo esforzo aos atletas e adestradores.
CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES SUB 16
O Pereiro de Aguiar, 26 de xuño de 2022
A sección feminina da categoría SUB 16 defendia o titulo no CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES que tivo lugar no Complexo Deportivo de Monterrei. Quedaba unha proba sen cubrir e partiamos sextas no estadillo das marcas. Finalmente foi a suma dos puntos acadados na competición a que dispuso ao equipo no SEXTO posto, (74 puntos). Destacar algunhas marcas persoais que se melloraron e aportan un plus de confianza de cara o vindeiro Campionato Galego individual desta categoría.
- MARTA CAMAÑO, 2ª 100 m.l. e 6ª relevo 4X100 m.
- NAIA CASAS, 7ª 300 m.l. e relevo 4X300 m.
- ANTIA GIRALDEZ, 8ª 600 m.l. e 6ª relevo 4X100 m.
- BLANCA GIRALDEZ, 7ª 1000 m.l. e 6ª relevo 4X300 m.
- NEREA MALVIDO, 7ª 3000 m.l. e 6ª relevo 4X300 m.
- IRIS MALVIDO, 1ª 3000 marcha e 6ª relevo 4X300 m.
- SARA NERGA, 7ª altura e 8ª 1500 obst.
- GEMA DACOSTA, 4ª 100 m.v. e 3ª martelo
- HELENA BELLO, 2ª pértega e 6ª lonxitude
- LUCIA GIL, 5ª triple e 6ª relevo 4X100 m.
- CLAUDIA CARCER, 2ª peso e 6ª relevo 4X100 m.
- MAIALEN FERNANDEZ, 3ª xavelina e 4ª disco
GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO-COPA MENUDOS ATLETAS
Vigo, 25 de xuño de 2022
Interesante proposta para o atletismo base, na cal fomos invitados e nos encantados. Ata nos invitaron a xantar, quen dicia que do atletismo non se come. Fora bromas agradecer a organización unha xornada plena de convivencia e sana competividade. Ao remate das probas a taboa de puntos sumou 883 puntos a favor do Club, acadando un PRIMER posto froito do bo facer da nosa canteira.
SUB 10 HOMES
- ALEX CARBALLO, 1º 50 m.l. e 1º relevo 4X50 m.
- XOEL OLIVEIRA, 2º 50 m.l., 5º peso e 1º relevo 4X50 m.
- ADRIAN CALVAR, 2º 500 m.l.,4º lonxitude e 1º relevo 4X50 m.
- BRAIS GARCIA, 5º 500 m.l., 6º lonxitude e 1º relevo 4X50 m.
- ALAN MALVIDO, 1º peso
SUB 10 MULLERES
- LUCIA CANCELAS, 1ª 500 m.l., 4ª peso e 1ª relevo 4X50 m.
- SOFIA CORRALES, 2ª 500 m.l., 4ª lonxitude e 1ª relevo 4X50 m.
- CAMILA ENRIQUEZ, 2ª 50 m.l., 2ª lonxitude e 1ª relevo 4X50 m.
- DANIELA NOGUEIRA, 4ª 50 m.l.,2ª peso e 1ª relevo 4X50 m.
SUB 12 HOMES
- SAMUEL CORRALES, 3º 500 m.l., 1º lonxitude e 2º relevo 4X60 m.
- ERIC SANTOS, 6º 60 m.l. e 2º relevo 4X60 m.
- GABRIEL FAZANES, 2º 500 m.l., 2º lonxitude e 2º relevo 4X60 m.
- AMARO BASTON, 2º peso
- ALEJANDRO FERNANDEZ, 3º peso , 7º 60 m.l. e 2º relevo 4X60 m.
SUB 12 MULLERES
- ANA OLIVEIRA, 2ª 60 m.l., 5ª peso e 1ª relevo 4X60 m.
- EMMA COLLAZO, 3ª 60 m.l. e 1ª relevo 4X60 m.
- LENA CURRAS, 1ª 500 m.l. , 1ª lonxitude e 1ª relevo 4X60 m.
- AITANA BROULLON, 4ª lonxitude e 5ª 500 m.l.
- SABELA MIRANDA, 2ª peso
- NAHIA PINTOS, 1ª relevo 4X60 m.
SUB 14 HOMES
- HUGO COLLAZO, 4º 80 m.v. ,2º triple e 1º relevo 4X80 m.
- MIGUEL FERNANDEZ, 1º 80 m.v. , 5º xavelina e 1º relevo 4X80 m.
- MARCOS RIAL, 4º 1000 m.l.
- SAUL SANTOS, 6º 1000 m.l., 6º xavelina e 1º relevo 4X80 m.
- UNAI FERRAL,1º triple e 1º relevo 4X80 m.
SUB 14 MULLERES
- ANTIA SOTO, 3ª 80 m.v. , 1ª triple e 1ª relevo 4X80 m.
- ANTIA BAQUEIRO, 8ª 80 m.v. ,5ª triple e 1ª relevo 4X80 m.
- ERICA NOVAS, 6ª 1000 m.l.
- LEIRE FERNANDEZ, 5ª 1000 m.l. ,1ª xavelina e 1ª relevo 4X80 m.
- ANA CORDEIRO,2ª xavelina e 1ª relevo 4X80 m.
SUB 16 MULLERES
- GEMA DACOSTA,1ª 100 m.v. e 1ª disco
- MARTA RUA, 2ª 100 m.v.
- LUCIA GIL, 2ª triple e 2ª relevo 4X300 m.
- IRIS MALVIDO, 4ª 1000 m.l., 4ª triple e 2ª relevo 4X300 m.
- NEREA MALVIDO, 3ª 1000 m.l. e 2ª relevo 4X300 m.
- NAIA CASAS, 2ª relevo 4X300 m.
- MAIALEN FERNANDEZ, 4ª disco
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE
Jerez de la Frontera, 18 de junio de 2022
Agata Rodríguez participou no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE que se celebrou na localidade gaditana de Jérez de la Frontera. Tomou parte na semifinal dos 100 m.v. que rematou en 16,35 s ocupando a 8ª praza, non acadando o pase a final. Parabens e a seguir mellorando.
CAMPIONATO GALEGO SUB 23 AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 18 de xuño de 2022
A categoría promesa afrontou esta pasada fin de semana o CAMPIONATO GALEGO SUB 23 AO AIRE LIBRE nas pistas do CGTD de Pontevedra. Reapareceu coa camisola amarela Daniel Calvar, acadando un SUBCAMPIONATO no concurso de pértega e un 6º posto nos 200 m.l. Tampouco competira regularmente Juan Piñeiro esta tempada, polo que os dous BRONCES obtidos nos concursos de lonxitude e triple salto saben a ouro.
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 POR EQUIPOS
O vindeiro domingo 26 de xuño, en xornada de tarde, disputarase no Complexo Deportivo de Monterrei o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 POR EQUIPOS. Está previsto facer os desprazamentos en vehículo particular, se isto supusera algún impedimento pedimosvos que o comuniquedes para buscarlle unha solución. Achegamos o listado de atletas inscritas e probas a disputar:
- MARTA CAMAÑO, 100 m.l. e relevo 4X100 m.
- NAIA CASAS, 300 m.l. e relevo 4X300 m.
- ANTIA GIRALDEZ, 600 m.l. e relevo 4X100 m.
- BLANCA GIRALDEZ, 1000 m.l. e relevo 4X300 m.
- NEREA MALVIDO, 3000 m.l. e relevo 4X300 m.
- IRIS MALVIDO, 3000 marcha e relevo 4X300 m.
- SARA NERGA, altura e 1500 obst.
- GEMA DACOSTA, 100 m.v.e martelo
- MARTA RUA, 300 m.v.
- HELENA BELLO, pértega e lonxitude
- LUCIA GIL, triple e relevo 4X100 m.
- CLAUDIA CARCER, peso e relevo 4X100 m.
- MAIALEN FERNANDEZ, xavelina e disco
PREVIA DA COPA MENUDOS ATLETAS
Este sábado 25 de xuño terá lugar nas pistas de Balaidos un novidoso GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO-COPA MENUDOS ATLETAS, enfocado no atletismo base. As probas se repartirán en xornada de mañá e tarde, cunha parada para comer A organización ten pensado un xantar no HOTEL COIA para @s participantes no Campionato. O desprazamento vaise realizar de xeito particular, polo cal, se alguen non tivera medios de transporte buscariase unha solución.
SUB 16 MULLERES
- GEMA DACOSTA, 100 m.v. e disco
- MARTA RUA, 100 m.v.
- CLAUDIA CARCER , triple
- LUCIA GIL, triple e relevo 4X300 m.
- IRIS MALVIDO, 1000 m.l. e relevo 4X300 m.
- NEREA MALVIDO, 1000 m.l. e relevo 4X300 m.
- NAIA CASAS, relevo 4X300 m.
- MAIALEN FERNANDEZ, disco
SUB 14 HOMES
- HUGO COLLAZO, 80 m.v. , triple e relevo 4X80 m.
- MIGUEL FERNANDEZ, 80 m.v. , xavelina e relevo 4X80 m.
- MARCOS RIAL, 1000 m.l.
- SAUL SANTOS, 1000 m.l., xavelina e relevo 4X80 m.
- UNAI FERRAL, triple e relevo 4X80 m.
SUB 14 MULLERES
- ANTIA SOTO, 80 m.v. , triple e relevo 4X80 m.
- ANTIA BAQUEIRO, 80 m.v. , triple e relevo 4X80 m.
- ERICA SANTOS, 1000 m.l.
- LEIRE FERNANDEZ, 1000 m.l. , xavelina e relevo 4X80 m.
- ANA CORDEIRO, xavelina e relevo 4X80 m.
SUB 12 HOMES
- SAMUEL CORRALES, 60 m.l., lonxitude e relevo 4X60 m.
- RUBEN FERNANDEZ, 60 m.l. , lonxitude e relevo 4X60 m.
- GABRIEL FAZANES, 500 m.l. e relevo 4X60 m.
- AMARO BASTON, peso
- ALEJANDRO FERNANDEZ, peso
- XABIER FERRAL, 500 m.l. e relevo 4X60 m.
SUB 12 MULLERES
- ANA OLIVEIRA, 60 m.l., peso e relevo 4X60 m.
- EMMA COLLAZO, 60 m.l. e relevo 4X60 m.
- LENA CURRAS, 500 m.l. , lonxitude e relevo 4X60 m.
- ALBA ALVAREZ, 500 m.l.
- AITANA BROULLON, lonxitude
- SABELA MIRANDA, peso
- NAHIA PINTOS, relevo 4X60 m.
SUB 10 HOMES
- ALEX CARBALLO, 50 m.l. e relevo 4X50 m.
- XOEL OLIVEIRA, 50 m.l. e relevo 4X50 m.
- ADRIAN CALVAR, 500 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
- BRAIS GARCIA, 500 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
- ALAN MALVIDO, peso
- LUCA CAO, peso
SUB 10 MULLERES
- LUCIA CANCELAS, 500 m.l., peso e relevo 4X50 m.
- SOFIA CORRALES, 500 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
- CAMILA ENRIQUEZ, 50 m.l., lonxitude e relevo 4X50 m.
- DANIELA NOGUEIRA, 50 m.l., peso e relevo 4X50 m.
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL
Vigo, 12 de xuño de 2022
O segundo domingo de xuño era a data elexida para disputar o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE para a categoria SUB 14, ademáis da proba do triatlon para a categoria SUB 12. Unba boa colleita de premiacions que amosaron o traballo e a constancia d@s atletas e adestradores. Nas probas combinadas da categoría ALEVIN disputaron as probas de 60 m.l., e os concursos de lonxitude e peso. Nos homes Samuel Corrales foi 2º, Gabriel Fazanes 7º e Angel Refojos 9º. As mulleres estiveron representadas por Ana Oliveira 3ª, Lena Currás 5ª i Emma Collazo 6ª. Na categoría INFANTIL acadaronse 6 Campionatos Provinciais, 5 Subcamponatos e 5 medallas de Bronce. Esta fin de seman nos agarda un novedoso Campionato Provincial por equipos.
- ANA CORDEIRO, 2ª 80 m.l. , 1ª 150 m.l. e 2ª relevo 4X80
- ZOE FERNANDEZ, 8ª 80 m.v. e 11ª 500 m.l.
- ERICA NOVAS, 5ª 1000 m.l., 11ª 80 m.l. e 11ª 150 m.l.
- ANTIA SOTO, 2ª 220 m.v. , 1ª 80 m.l. e 2ª relevo 4X80
- AISHA ALVAREZ, 6ª peso
- LEIRE FERNANDEZ, 1ª xavelina, 11ª lonxitude e 2ª relevo 4X80
- ANTIA BAQUEIRO, 1ª marcha, 3ª 150 m.l. e 2ª relevo 4X80
- NOA QUINTEIRO, 3ª peso e 3ª martelo
- SORAYA GONZALEZ, 5ª disco
- HUGO COLLAZO, 3º 1000 m.l. , 4º 220 m.v. e 2º relevo 4X80
- MIGUEL FERNANDEZ, 2º 2000 m., 3º lonxitude e 2º relevo 4X80
- MARCOS RIAL, 6º 150 m.l. e 5º 1000 m.l.
- SAUL SANTOS, 7º altura, 4º 500 m.l. e 2º relevo 4X80
- IKER RIAL, 16º lonxitude , 11º 150 m.l. e 9º peso
- BREO FERNANDEZ, 8º peso e 12º 500 m.l.
- UNAI FERRAL, 3º 150 m.l., 1º triple e 2º relevo 4X80
CAMPIONATO GALEGO CATEGORIAS MENORES AO AIRE LIBRE
Lugo, 05 de xuño de 2022
Despois da xornada maratoniana do sábado, agardaba outra para o domingo en Lugo, neste caso para disputar o CAMPIONATO GALEGO CATEGORIAS MENORES AO AIRE LIBRE. Durante xornada de maña e tarde pasarían polo Estadio Gregorio Pérez Rivera @s clasificad@s das categorías SUB 10, SUB 12 e SUB 14. A nosa andaina foi, por categorias, a seguinte:
Categoria BENXAMIN na sección feminina destacar a medalla de BRONCE que acadou Nora Parcero nos 1000 m.l., que ademáis participou na final de 50 m.l. acadando o 6º posto. Outra medalla de BRONCE foi para Camila Enriquez no concurso de salto de altura. Sofia Corrales rematou 5ª na proba de marcha. A sección masculina da categoria SUB 10 estivo representada por Brais Garcia 4º e Adrián Calvar 5º na carreira de 1000 m.l.
A categoría SUB 12 feminina contou co doblete de Lena Currás, que se proclamou CAMPIOA GALEGA de 2000 m.l. e SUBCAMPIOA de salto de Lonxitude. Ana Oliveira venceu no concurso de lanzamento de pelota e foi 5ª no salto de lonxitude. Emma Collazo rematou 7ª nos 500 m.l., Alba Alvárez foi 6ª na carreira de 1000 m.l.. Sabela Miranda concursou no lanzamento de peso, 11ª e no lanzamento de pelota, 12ª. Nahia Pintos quedou preto do podio na marcha, cun 4º posto e foi 5ª no lanzamento de pelota. Leire Fuentes quedou por detrás da sua compañeira na marcha finalizando 5ª.
Os homes alevíns obtiveron premiación no concurso s salto de altura, Samuel Corrales foi BRONCE. Angel Refojos rematou 4º na proba de 1000 m.l. Na carreira de 2000 m.l. participaron Gabriel Fazanes, 6º e Xabier Ferral, 9º. O concurso de peso contou coa presenza de Amaro Bastón, 5º e Alejandro Fernández, 7º. Na marcha competiu Anxo Sotelo, rematando 6º e Anxo Currás foi 13º no lanzamento de pelota.
A categoria INFANTIL feminina achegounos aos dous OUROS acadados por Ana Cordeiro, ambos en probas de velocidade, 80 m.l. e 150 m.l. Leire Fernández foi CAMPIOA GALEGA de lanzamento de xavelina. Antia Soto, previa participación nas combinadas o día anterior, ainda tivo folgos para ser SUBCAMPIOA na carreira de 220 m.v. e 4ª nos 80 m.l.. Antia Baqueiro acadou o BRONCE na proba de marcha. Noa Quinteiro rematou 6ª no peso e 8ª no martelo. Alejandra Rios acadou o posto 16º no lanzamento de disco.
Os homes da categoría SUB 14 estiveron encabezados por Hugo Collazo, BRONCE na carreira de 1000 m.l., Unai Ferral foi 5º no triple salto e 7º na xavelina. Miguel Fernández rematou 9º en 1000 m. obstáculos e 11º na xavelina. Saúl Santos acadou o posto 15º na carreira de 500 m.l.
No tocante as remudas a participación amarela foi a seguinte:
- SUB 10 feminino (4X50), Lucía Cancelas/ Nora Parcero/ Sofia Corrales/ Camila Enríquez (7ª Posición)
- SUB 12 feminino (4X60), Emma Collazo/ Lena Currás/ Ana Oliveira/ Nahia Pintos (6ª Posición)
- SUB 14 feminino (4X80), Antia Baqueiro/ Leire Fernández/ Ana Cordeiro/ Antia Soto (7ª Posición)
- SUB 12 masculino (4X60), Gabriel Fazanes/ Samuel Corrales/ Rubén Fernández/ Ángel Refojos (9ª Posición)
- SUB 14 masculino (4X80), Hugo Collazo/ Miguel Fernández/ Unai Ferral/ Saúl Santos (9ª Posición)
Debe estar conectado para enviar un comentario.