CAMPIONATO GALEGO DE KILOMETRO EN RUTA

Guntin, 25 de agosto de 2019

 

     A localidade lucense de Guntin acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE KILOMETRO  EN RUTA. Nas categorias menores de SUB 10 ata SUB 16 a distancia do Campionato era de mil metros, para as demáis foi a tradicional milla. Contamos coa presenza da atleta SUB 12 Sabela Casteloquen rematou no primeiro posto e proclamouse CAMPIOA GALEGA de un kilometro en ruta, cun tempo de 3:32. Noraboa e a seguir colleitando exitos.



INICIO ADESTRAMENTOS E HORARIOS

    Este vindeiro luns 16 de setembro VOLTAMOS AOS ADESTRAMENTOS.  A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (SUB 10 ata SUB 16) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), agás o martessó as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2013) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas.  Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores. 

     Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou nas redes sociais.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 20 de xullo de 2019

 

     O CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE, marcaba no calendario o peche dos adestramentos para alguns dos pupil@s de Ramilo. A xornada do sábado foi inusualmente calurosa para un verán fresco coma o deste ano. As pistas do CGTD de Pontevedra gozaron dun ambiente atletico do que foron participes vari@s amarel@s. De maña, na proba dos 800 m.l. Lope Quinteiro rematou en 1.57.10 acadando o 5º posto e mellorando o seu rexistro . Alex Iglesias cruzou a meta en 2:03.93, moi preto da sua marca e acadando o posto 15º. A participación matinal completouna Juan Piñeiro, quen acadou o 8º posto na final do salto de lonxitude cunha marca de 6,51 m.



   De tarde chegou o turno para Aaron Domínguez, quen cun salto de 12;05 acadou o 6º posto na final do triple salto. Na final feminina deste concurso participaron Ariadna Gil e Saray Amoedo, rematando en 6º e 7º posto respectivamente. Os saltos que lle deron estas posicions foron de 11,16 e 11,15 m. Ariadna Gil tamen acadou o pase a final de 100 m.v., proba que non disputou finalmente debido a un malentendido a hora de computar as clasificadas.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 PISTA AIRE LIBRE

Gijón, 6-7 xullo de 2019

 

     Aaron Otero viaxou ata Asturias para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 PISTA AIRE LIBRE. Magnifico 6º posto na final do lanzamento de peso, cunha marca de 13,61. Na final do lanzamento de martelo rematou en 8º posto cunha marca de 47,09 m. Estivo acompañado de Erea Bastónque foi 8º na final do lanzamento de disco, con 32,83 m.



ACTOS DE FIN DE TEMPADA

 O vindeiro sábado dia 03 de agosto  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase aos atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas en primeira convocatoria  e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • – Memoria  dos resultados da tempada 2018/19.

  • Lectura e aprobación do estado de contas.

  • Ampliación Xunta Directiva.

  •  Rogos e preguntas.


    Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a CEA FIN DE TEMPADA A mesma esta reservada no Restaurante Plaza de Cangas, sito na Rua Méndez Núñez 37 no baixo das Galerias en Cangas. O menú serán entremeses variados (empanada, tortilla,croquetas e calamares) e codillo asado, inclue pan,bebida postre e café por 20 €. Precisamos confirmar o número de xente que acudirá, por iso, ata o 01 de agosto poderedes apuntarvos. Agardamos a vosa asistencia para darlle un digno remate a tempada.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Castellón, 22-23 de xuño de 2019

 

     Lope Quinteiro participou no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE. Engadir que este mes de xuño foi esgotador para él,  coas viaxes das ligas, competicions, fin de curso… Desta volta corría os 800 m.l. , o que se presume a sua proba. Partía dunha marca de 1:58.15 e voltou con 1:57.30. Cousas do azar fixeron que non puidera pasar a semifinal, o que da tamen idea do nivel da competición. Para o ano máis e millor.



CAMPIONATO GALEGO SUB 14 /20 E 23 AO AIRE LIBRE

Lugo, 22 de xuño de 2019

     Na xornada do sábado 22 de xuño, disputouse en Lugo o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE.  Durante toda a maña @s amarel@s competiron coas mellores marcas galegas desta categoría. A suma global das premiacions, ao remate das probas, foi  de tres ouros, unha prata e cinco bronces. Competían de maneira individual, nun máximo de duas probas e un relevo de 4 x 80 m.l. Pola tarde agardabanos o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 E SUB 23 AO AIRE LIBRE.  No mesmo Juan Piñeiro proclamouse Campion Galego SUB 20 de salto de lonxitude e Saray Amoedo Subcampioa en triple salto, completou a participación Daniel Calvar cun 7º posto nos 400 m.l.



Sub 14 Mulleres

  • NOA NERGA, 2ª martelo e 3ª peso
  • IRIS MALVIDO, 6ª marcha e 6ª pértega
  • NEREA MALVIDO, 15ª marcha
  • GEMA DACOSTA, 1ª peso,  1ª disco e 5ª relevos
  • SARA NERGA, 3ª 1000 obts.
  • CLAUDIA CARCER, 11ª 80 m.l. , 12ª lonxitude e 5ª relevos
  • CARMEN FRAGA, 7ª onxitude e 5ª relevos
  • CRISTINA TABOADA, 3ª xavelina e 4ª disco
  • LUCIA GIL, 12ª 1000 m.l. e 14ª triple salto
  • MAIALEN FERNANDEZ, 3ª 2000 m.l.
  • AGATA RODRIGUEZ, 5ª relevos

Sub 14 Homes

  • CARLOS CORREDOIRA, 7º marcha e 9º relevos
  • CARLOS LOPEZ, 7º 1000 obts., 8º 2000 m.l. e 9º relevos
  • DIEGO MARTINEZ, 1º altura,  3º disco e 9º relevos
  • YAGO JUNCAL 14º 1000 m.l. e 9º relevos


 

TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

Cangas, 14 de xuño de 2019

 

     Este ano o XV TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA, contou cunha serie de condicionantes que fixeron cas datas da sua celebración sufriran modificacions. Non é doado colocar unha proba no mes de xuño, o calendario ateigado fixo imposible adecuala a fin de semana. Por iso, o venres 14 de xuño, non foi mala data. Probas encaminadas as categorias escolares encheron as pistas do Estadio Municipal de Cangas. Por suposto outras categorias superiores tiveron o seu oco no Trofeo.



     Na proba do lonxitude masculina foi Juan Piñeiro quen venceu o concurso, ademáis de acadar a marca mínima de cara ao Campionato de España SUB 20 ao aire libre, ata os 6,80 mts tivo que saltar para asegurar a praza. Adrian Villares, da Atletica Lucense, foi 2º no concurso e tamén acadou minima para o Campionato de España SUB 18, con 6,50 mts. Aaron Otero voltou superar os 45 mts no martelo e 13,72 no peso, marcas que lle esixen para o Campionato de España SUB 16. Xa acredita 14 m en peso e 47,35 en martelo, rexistros que o levaran a competir en Xixon na primeira fin de semana de xullo.



   Ariadna Gil acadou duas mellores marcas personais, 5,11 en lonxitude e 11,12 en triple. Gañou o primeiro concurso e foi terceira no triplo. A mellor marca feminina do Trofeo viu da man de Tania Valverde, do Ria de Ferrol, con 11,59 no triple salto. A segunda clasificada neste concurso foi Saray Amoedo  con 11,32. Sería a sua mellor marca da tempada de non ser polo vento ilegal.



     As probas que compretaron o programa foron os 80 m.l. SUB 14, resultando gañadores Matias Moldes (S G PO) e Claudia Carcer (VICA). Matin Otero (Pinarium) e Irene Balado (Comesaña), acadaron o 1º posto na proba de 500 m.l. SUB 10. Na mesma distancia para SUB 12 venceron Alex Sierpes (TREGA) e Sabela Castelo (VICA).



     Birhanu Rodriguez (Beade) e Irene Carrera (Val Miñor) domiñaron a distancia de 1000 m.l. SUB 14.  Na categoría SUB 16 gañaron Alberto Alvárez (Porriño)  e Carmen Aguiño (San Miguel).   As tres primeiras desta última carreira baixaron de 3:08.00 a mínima esixida para o Campionato de España. Brais Sestelo (Poio) venceu no peso e xavelina SUB 14.     No concurso de peso (3kg), venceu Antia Framiñan (Deza), o peso (4kg) foi para Elisabeth Oya (Comesaña). No martelo (3kg) foi primeira Ainara Alejandre (Adas), o martelo (4kg) Loreto Brea (S G PO), a xavelina (400 g.) Lara Iglesias (Samertolameu) e a xavelina (500 g.) para Catuxa Carreira (A. lucense)