TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

Cangas, 14 de xuño de 2019

 

     Este ano o XV TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA, contou cunha serie de condicionantes que fixeron cas datas da sua celebración sufriran modificacions. Non é doado colocar unha proba no mes de xuño, o calendario ateigado fixo imposible adecuala a fin de semana. Por iso, o venres 14 de xuño, non foi mala data. Probas encaminadas as categorias escolares encheron as pistas do Estadio Municipal de Cangas. Por suposto outras categorias superiores tiveron o seu oco no Trofeo.



     Na proba do lonxitude masculina foi Juan Piñeiro quen venceu o concurso, ademáis de acadar a marca mínima de cara ao Campionato de España SUB 20 ao aire libre, ata os 6,80 mts tivo que saltar para asegurar a praza. Adrian Villares, da Atletica Lucense, foi 2º no concurso e tamén acadou minima para o Campionato de España SUB 18, con 6,50 mts. Aaron Otero voltou superar os 45 mts no martelo e 13,72 no peso, marcas que lle esixen para o Campionato de España SUB 16. Xa acredita 14 m en peso e 47,35 en martelo, rexistros que o levaran a competir en Xixon na primeira fin de semana de xullo.



   Ariadna Gil acadou duas mellores marcas personais, 5,11 en lonxitude e 11,12 en triple. Gañou o primeiro concurso e foi terceira no triplo. A mellor marca feminina do Trofeo viu da man de Tania Valverde, do Ria de Ferrol, con 11,59 no triple salto. A segunda clasificada neste concurso foi Saray Amoedo  con 11,32. Sería a sua mellor marca da tempada de non ser polo vento ilegal.



     As probas que compretaron o programa foron os 80 m.l. SUB 14, resultando gañadores Matias Moldes (S G PO) e Claudia Carcer (VICA). Matin Otero (Pinarium) e Irene Balado (Comesaña), acadaron o 1º posto na proba de 500 m.l. SUB 10. Na mesma distancia para SUB 12 venceron Alex Sierpes (TREGA) e Sabela Castelo (VICA).



     Birhanu Rodriguez (Beade) e Irene Carrera (Val Miñor) domiñaron a distancia de 1000 m.l. SUB 14.  Na categoría SUB 16 gañaron Alberto Alvárez (Porriño)  e Carmen Aguiño (San Miguel).   As tres primeiras desta última carreira baixaron de 3:08.00 a mínima esixida para o Campionato de España. Brais Sestelo (Poio) venceu no peso e xavelina SUB 14.     No concurso de peso (3kg), venceu Antia Framiñan (Deza), o peso (4kg) foi para Elisabeth Oya (Comesaña). No martelo (3kg) foi primeira Ainara Alejandre (Adas), o martelo (4kg) Loreto Brea (S G PO), a xavelina (400 g.) Lara Iglesias (Samertolameu) e a xavelina (500 g.) para Catuxa Carreira (A. lucense)



Deja una respuesta