SAN MARTIÑO DE BUEU

Bueu, 7 de Novembro de 2010

O tempo aliouse coa organización desta 15ª edición da carreira pedestre de San Martiño de Bueu, pois a chuvia non fixo acto de presenza ata que remataron todas as carreiras.
A organización da proba estivo a cargo do club de atletismo Corredoiras de Bueu, a cal estaba hoxe moi satisfeita, pois superaron a participación de todos os anos anteriores, e mesmo se bateron os tempos ata agora establecidos na carreira absoluta masculina. Robertas Geralavicius impúxose ós aproximadamente 180 atletas que participaron na proba reina. Por outra banda, na categoría feminina impúxose Sandra Mosquera, seguida da atleta do noso Club Andrea García.
Como anécdota, contar a impaciencia dos atletas máis pequenos, que protagonizaron unha saía nula, sen que ninguén foxe quen de paralos. Algúns chegaron ata a meta esquivando ós adultos que se poñían no medio para indicarlles que pararan.
Entre os nosos atletas destacaron:
Alevín masculino: Jorge Piñeiro foi o campión e David Lorenzo conseguiu a medalla de bronce.

Alevín feminino: Saray Amoedo levou a medalla de prata e o bronce foi para Alba Vidal.
Infantil feminino: Prata para Noa Rouco.
Infatil masculino: magnífica carreira a feita por Óscar Broullón, quen, acostumado a subir o podio polos lanzamentos, hoxe estreouse no podio dunha carreira longa cun 3º posto.
Cadete Feminino: Alexia Vidal levou o trofeo correspondente ó terceiro posto.
Benxamín feminino: Este foi todo el amarelo. Ouro para Sandra Souto, prata para Irene Menéndez e bronce para Valeria Fernández.
Benxamín masculino: Simón Pereira foi o que chegou primeiro á meta nesta categoría.
Minibenxamín masculino:Pedro Verdeal foi guiando ós demais e conseguiu o ouro.
Xuvenil feminino:Esta categoría correu coa absoluta, así que non soubemos exactamente os postos ata o momento de entregar os premios. A vencedora foi María Jesús Novo , seguida de Ainara Rodríguez que entrou segunda.
Senior feminino: A orde de entrada desta categoría foi a mesma que a absoluta, polo que Andrea García foi segunda.

Deja una respuesta