CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE

Oleiros, 9 de xuño de 2019

     A edición do presente ano do CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE contou coa presenza do atleta MASTER Carlos Bernárdez, quen fixo gala dunha notable versatibilidade nos concursos. Foi Campión Galego M50 no lanzamento de disco, acadou o bronce no martelo e rematou 5º na final do concurso de peso. Quedanos claro que Carlos aproveitou a viaxe e engadiu logros ao seu curriculum. Podese decir que é un MASTER dos de verdade.



 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 14

Pontevedra,  9 de xuño de 2019

     O domingo pechabanse os Campionatos Provinciais do programa XOGADE coa categoría SUB 14. Ata catro probas chegaron a disputar @s atletas, polo cal houbo chuvia de medallas e tarde de sofa. A nosa mascota «VICA» rematou mareadiña tanto subir e baixar do podio, e a culpa foi d@s seguintes amarel@s:



  •  Carlos Corredoira, 3º marcha, 5º triple, 9º 150 m.l. e 3º relevos
  • Juan Gallego, 9º 500 m.l., 11º 150 m.l.,  e 11º lonxitude
  • Diego Martínez,  2º 220 m.v.. 2º altura, 3º disco e 3º relevos
  • Carlos López,  3º 220 m.v. 3º 1000 obst., 4º triple e  3º relevos
  • Manuel Lemos, 1º pértega, 2º xavelina, 4º 220 m.v. e 3º relevos
  • Ruben Lemos, 5º disco, 4º xavelina e SM pértega.
  • Eloy Domínguez, 1º peso, 1º xavelina e 1º martelo

 


  • Carmen Fraga,  4ª 150 m.l., 6ª lonxitude, 8ª 80 m.l. e 4ª relevos
  • Claudia Carcer,  6ª 150 m.l. 9ª 80 m.l. e 4ª relevos
  • Lucia Gil,  8ª triple, 12ª lonxitude, 12ª 150 m.l. e 4ª relevos
  • Mar Curra, 10ª 220 m.v. e 11ª 150 m.l.
  • Agata Rodríguez, 6ª 220 m.v. e 7ª 150 m.l.
  • Cristina Taboada, 2ª disco, 3ª xavelina e 11ª 500 m.l.
  • Noa Piñeiro, 12ª 500 m.l.
  • Maialen Fernández, 2ª 2000 m.l.
  • Gema Dacosta, 1ª disco, 1ª peso, 6ª 80 m.v.v e 4ª relevos
  • Sara Nerga, 1ª 1000 obst.
  • Iris Malvido, 3ª marcha, 6ª pértega e 13ª triple
  • Arantxa Pardavila, 15ª triple
  • Noa Nerga, 2ª peso, 2ª martelo e 4ª xavelina
  • Nerea Malvido, 6ª marcha


 

CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 10 E COMBINADAS SUB 12

Pontevedra,  08 de xuño de 2019

     As pistas do CGTD de Pontevedra deron conta do CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 10 do programa XOGADE, que tiña tamén un triatlon para a categoria SUB 12.



     Os resultados acadados pol@s amarel@s foron os seguintes:

SUB 10

  • Iker Rial, 4º pelota 6º 50 m.l. e 4º relevos 
  • Miguel Fernández,  8º 500 m.l., 9º lonxitude e 4º relevos
  • Gabriel Fazanes, 7º lonxitude e 13º 500 m.l.
  • Marcos Rial,  5º 1000 m.l., 12º lonxitude e 4º relevos
  • Breo Fernández, 10º pelota, 14º lonxitude e 4º relevos
  • Amaro Bastón, 6º peso e 9º pelota
  • David Pardavila, 8º peso e 9º pelota


  • Noah Pinto, 3ª lonxitude, 8ª 50 m.l. e 1ª relevos
  • Erica Novas, 2ª 500 m.l., 4ª 50 m.l. e 1ª relevos
  • Aitana Broullon, 5ª 500 m.l., 11ª lonxitude e 1ª relevos
  • Zoe Fernández, 4ª lonxitude e 6ª peso
  • Nahia Pintos, 2ª marcha, 8ª lonxitude e 1ª relevos 
  • Leire Fuentes, 5ª peso

     No tocante ao Triatlon da categoría SUB 12 pola sección masculina participaron Hugo Domínguez, que rematou 2º e Rafael Vinicius que foi 13º. As tres probas foron 60 m.l., salto de lonxitude e lanzamento de peso.



     A representación feminina estivo encabezada por Goretti Carballal  2ª, Helena Bello 3ª, Leire Fonseca 7ª, Uxia Gil 10ª e Leire Brun 18ª



 

CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 12 E COMBINADAS SUB 14

Pontevedra, 02 de xuño de 2019

 

     Rematado o Campionato Galego do sábado non se precisaba un Campionato Provincial do Xogade. Pero de sobra coñecemos que a categoría SUB 12 pode con iso, e con máis. Non sabemos os pais/nais como  o levaran, pero o atletismo e sufrido ata nas bancadas. Neste sábado en Pontevedra culminou, a nivel provincial, a actividade das fases previas do XOGADE. Chuvia de medallas que recompensaban o bo facer d@s amarel@s.


  • UNAI FERRAL, 10º lonxitude, 13º 60 m.l. e 2º relevos.
  • HUGO COLLAZO, 1º 2000 m.l., 14º 60 m.l. e 2º relevos
  • DIEGO GARCIA,  3º marcha
  • RAFAEL VINICIUS,  11º 500 m.l. e 2º relevos
  • HUGO DOMINGUEZ, 2º 1000 m.l., 5º 60 m.l. e 2º relevos.


  • HELENA BELLO, 6ª 60 m.l., 9ª lonxitude e 1ª relevos
  • LEIRE FONSECA, 1ª 500 m.l. 2ª 60 m.l. e 1ª relevos
  • ESTELA RAÑA, 4ª lonxitude, 12ª 60 m.l. e 6ª relevos
  • GORETTI CARBALLAL, 1ª pelota, 2ª altura e 1ª relevos
  • ALBA DEL VALLE,  3ª altura, 3ª  pelota e 6ª relevos
  • SABELA DOMINGUEZ, 9ª altura
  • NOA QUINTEIRO, 4ª peso 
  • UXIA GIL, 3ª 1000 m.l., 8ª peso e 1ª relevos
  • SABELA CASTELO, 1ª marcha e 6ª relevos
  • LEIRE BRUN,  3ª 2000 m.l., 6ª pelota e 6ª relevos
  • CANDELA CASTRO, 5ª pelota


       No tocante ao Tetrathlon  de homes Diego Martínez rematou 3º, Carlos Corredoira 6º e Manuel Lemos 8º.  Estás foron as suas marcas nos 80 m.l., lonxitude, peso e 80 m.v.



Nas mesmas probas no Tetrathlon feminino, Gema Dacosta foi 6ª, Agata Rodríguez 12ª e Iris Malvido 24ª

CAMPIONATOS XOGADE FIN DE SEMANA

     Esta vindeira fin de semana pechase o circulo no tocante aos Campionatos Provinciais do programa XOGADE. O sábado 08 de xuño terá lugar nas pistas do CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 10 E COMBINADAS SUB 12. Sairá un autobús da Estación de Cangas as 08:30 horas.  Achegase LISTADO PROVISIONAL d@s atletas admitidos e demáis información das probas.


INFORMACION CAMPIONATO



     O domingo 09 de xuño, no mesmo esceario, vaise disputar o CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 14. Achegase información d@s atletas admitidos (provisionais) e información das probas. O autobús partirá da Estación de Cangas as 08:30 horas.


INFORMACION CAMPIONATO



CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE

Lugo, 01 de xuño de 2019

 

     O Estadio lucense Gregorio Pérez Rivera acollía o sábado 01 de xuño o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE. O comezo do mes de xuño foi inusualmente caluroso achegando unha xornada atletica con moita calor. O autobus amarelo partía cara a Lugo as 06:30 horas,  unha longa xornada nos agardaba. Preto dunha trintena de amarel@s acadaron marca mínima para disputar algunha proba de maneira individual ou por relevos.

     Na categoria SUB 10 masculina participaron Miguel Fernández, 12º en lonxitude e 9º relevos 4 x 50 , Pedro González, 8º en marcha, Amaro Bastón 8º en peso, David Pardavila, 13º en peso, Iker Rial 14º en 50 m.l., 10º en pelota e 9º relevos 4×50, Breo Fernández 9º relevos 4x 50 e Gabriel Fazanes 9º en relevos 4×50.

     Na sección feminina Nahia Pintos rematou 11ª en marcha e 6ª en relevos 4x 50, Erica Novas foi 12ª en 50 m.l. , 12ª en 500 m.l. e 6ª en relevos 4 x 50, Aitana Broullon 14ª en 500 m.l., Noah Pinto 6ª en relevos 4 x50 e Zoe Fernández 6ª en 4 x 50.



 Na categoría SUB 12 Hugo Domínguez foi Subcampión Galego de 2000 m.l. e Hugo Collazo medalla de bronce. As mulleres que acadaron premiacion foron Sabela Castelo que venceu nos 2000 m.l. e Goretti Carballal que rematou terceira no salto de altura. O equipo de relevos 4 x 60, composto por Leire Fonseca, Goretti Carballal, Helena Bello e Uxia Gil proclamouse Subcampión Galego.


     Ademáis Enol Fernández foi 13º en pelota, Diego Garcia 6º en marcha e 10º en relevos 4 x 60, Hugo Domínguez 10º en relevos 4 x 60, Hugo Collazo 10º en relevos 4 x 60, Brais Pintos 7º en 1000 m.l. e Unai Ferral 10º en relevos 4 x 60. 

     Compretaron a participación Leire Brun 15ª en 2000 m.l., Leire Fonseca 11ª en 60 m.l. e  8ª en 500 m.l., Goretti Carballal 6ª en peso, Alba Del Valle 5ª en pelota e 14ª en altura, Candela Castro 7ª en pelota, Uxia Gil 14ª en 1000 m.l., Noa Quinteiro 11ª en peso e Helena Bello 11ª en lonxitude.



     Sen ánimo de criticar, ao día seguinte, Campionato Provincial SUB 12…to be continued

COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

     Duas importantes competicions nos teran ocupados durante a fin de semana. O sábado 01 de xuño temos en Lugo o CAMPIONATO GALEGO SUB10  E SUB12. Clasificaranse as 16 mellores marcas da actual tempada d@s atletas inscrit@s. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, soamente unha poderá superar os 250 m. Un autobús sairá da estación de Cangas as 06:30 horas.


RESULTADOS EN DIRECTO



     No domingo 2 de xuño disputarase o CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 12 E COMBINADAS SUB 14 no CGTD de Pontevedra. Nesta fase provincial do XOGADE tamén poden competir en duas probas, no caso de terse clasificado, máis nos relevos. O autobús partirá da estación de Cangas as 08:30 horas.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 18 PISTA AO AIRE LIBRE

     O sábado 25 de maio as pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 18 EN PISTA AO AIRE LIBRE. Tras o pertinente filtro das marcas mínimas, unha quincena de amarel@s tiñan oportunidade de medirse nas diferentes disciplinas atléticas. Na categoria SUB 16 contamos coa presenza de Ana Cerqueiro, que rematou 14ª no 300 m.v. e 15ª en 100 m.l. Anais Santamarina acadou o posto 12º na proba dos 3000 m.l. Carmen Castro foi 5ª no concurso de disco e rematou 6ª no lanzamento de xavelina. Abril Entenza foi 5ª na final dos 100 m.v. Erea Bastón proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA en lanzamento de peso e no disco.



     Outras duas medallas de prata acadou Aaron Otero nos concursos de martelo e peso. Adan Dacosta rematou 6º nos 100 m.l. e 11º nos 300 m.l. Ivan Iglesias acadou o 7º posto na proba de 600 m.l. e Miguel Núñez foi 6º nos 300 m.l.



     Nas probas para a categoria SUB 18 puidemos ver como Ariadna Gil vencia na proba de triple salto e remataba 4ª na final de 100 m.v. Maria Rial foi 5ª no concurso de triple salto. Ines Villamor foi 16ª nos 100 m.l.



     Lope Quinteiro foi CAMPION GALEGO en 800 m.l. e SUBCAMPION no peso. Alex Iglesias rematou 8º nos 800 m.l. e Anxo Camaño acadou o 14º posto nos 200 m.l.



ACTIVIDADE ATLETICA DA FIN DE SEMANA

     O sábado 25 de maio nas pistas do CGTD de Pontevedra chega a última xornada do XOGADE. Neste caso para as categorías SUB 10 e SUB 12. A vindeira proba no programa será o Campionato Provincial. Achegamos o NOVO HORARIO e máis información do Campionato.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Na mesma data, as pistas de Balaidos acolleran o CAMPIONATO DE GALICA SUB 16 /SUB 18 DE PISTA AO AIRE LIBRE As probas ocuparan xornada de maña e tarde con importante participación amarela.


RESULTADOS EN DIRECTO