Pontevedra, 20 de xullo de 2019
O CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE, marcaba no calendario o peche dos adestramentos para alguns dos pupil@s de Ramilo. A xornada do sábado foi inusualmente calurosa para un verán fresco coma o deste ano. As pistas do CGTD de Pontevedra gozaron dun ambiente atletico do que foron participes vari@s amarel@s. De maña, na proba dos 800 m.l. Lope Quinteiro rematou en 1.57.10 acadando o 5º posto e mellorando o seu rexistro . Alex Iglesias cruzou a meta en 2:03.93, moi preto da sua marca e acadando o posto 15º. A participación matinal completouna Juan Piñeiro, quen acadou o 8º posto na final do salto de lonxitude cunha marca de 6,51 m.

