Este domingo 03 de enero disputarase nas pistas de Balaidos a primeira xornada do CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA SERIES MUNICIPAIS.

Este é o listado de INSCRITOS e o REGULAMENTO da proba.
"Enerxia de Futuro"
Este domingo 03 de enero disputarase nas pistas de Balaidos a primeira xornada do CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA SERIES MUNICIPAIS.

Este é o listado de INSCRITOS e o REGULAMENTO da proba.
Temos o pracer de comunicarvos o nomeamento das persoas que se detallan máis abaixo como candidato/as os premios da GALA DO DEPORTE DE CANGAS – 2015, que vai ter lugar o vindeiro venres, día 15 de xaneiro de 2016, a partires das 20.00 h no Auditorio Municipal do Concello de Cangas.
Mar Chillon.- MELLOR PROMESA FEMENINA

Campiona Galega de Marcha en Ruta (Marín 15.02.2015)
Subcampiona Absoluta de Marcha en Ruta (Marín 15.02.2015)
Compoñente Selección Galega de Marcha (Jumilla 01.03.2015)
Campiona de España coa Selección Galega de Marcha (Jumilla 01.03.2015)
Subcampiona de España de Marcha en Ruta (Jumilla 01.03.2015)
Campiona Galega Marcha en Pista A.L. (Pontevedra 30.05.2015)
Bronce Cto. España Marcha Pista A.L. (Valladolid, 04.07.2015)
Record Galego 10.000Mts Marcha Pista A.L. (Valladolid, 04.07.2015)
Compoñente Selección Galega Absoluta (Gijón, 25.07.2015)
Francisco Rodal.– MELLOR ADESTRADOR

Equipo Feminino Infantil.- MELLOR PROMESA FEMENINO

Record Galego Relevo 4 X 1 Volta P.C. (A Coruña 17.01.2015)
Campionas Galegas III Liga Federada (A Coruña 17.01.2015)
Campionas Galegas Pista A.L. (Riveira, 23.05.2015)
Campionas de España Pista A.L. (Valladolid, 20-21.06.2015)
Record Galego Relevo 5X80 A.L. (Valladolid, 21.06.2015)
Raquel Villa.- MELLOR DEPORTISTA FEMENINA

Campiona Absoluta Peso en P.C. (A Coruña 31.01.2015)
Subcampiona de España de Peso (Valencia 08.03.2015)
Campiona Galega Peso A.L. (A Coruña 07.06.2015)
Campiona Galega Disco A.L. (A Coruña 07.06.2015)
Bronce Galego ABSOLUTO en Pista A.L. (P. de Aguiar 18.07.2015)
CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS.- MELLOR CLUB

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolle este domingo 27 de decembro do 2015 unha completa xornada atletica para as categorías Benxamin, Alevín e Infantil. Podedes consultar o REGULAMENTO da proba e tamen o HORARIO. Sorte e moderación co turrón.

Entramos de cheo no nadal. Con tal motivo, imos ter unha actividade a hora de adestrar adaptada as festividades que nos depara o calendario. Para as categorías menores informar que os días 24 e 31 de decembro non adestraremos. Para as categorias maiores, a partir de cadetes, vaise solicitar o adestramento de mañan nas pistas estes dous días (24 e 31). De cara o ano novo tampouco se adestrará o 5 de xaneiro. Aproveitamos tamén para desexarvos unhas moi FELICES FESTAS.

Esta mañan disputouse en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. As pistas de Balaidos foron testemuña dunha alta participación que implicaba as categorias MINIBENXAMIN ata CADETE. Moi satisfactoria foi a participación dos @marel@s no torneo. Estes foron os RESULTADOS acadados na xornada.

Este vindeiro sábado 19 de decembro vaise celebrar en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. As pistas de atletismo de Balaidos acolleran esta competición de pista ao aire libre para categorías dende MINIBENXAMIN ata CADETE. De cara a vindeiras probas de Pista Cuberta será unha boa oportunidade para acadar marcas. Para o desprazamento NON se vai habilitar autobus, polo cal precisamos da implicación dos pais e nais.

No tocante a competición @s nen@s poderan apuntarse a unha carreira e un concurso como máximo. No REGULAMENTO podedes consultar outros detalles da proba, como por exemplo a APORTACION SOLIDARIA que se pide efectuen os participantes. Ata o sábado entón.

Vigo, 13 de decembro de 2015

Cuntis, 06 de decembro de 2015
O domingo 06 de decembro Cuntis converteuse na Capital Nacional da marcha atletica. As pistas de atletismo de As Canteiras acollían o V CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA PROMOCION e paralelo a este gran evento tamén se celebrou o G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA. No Campionato de España estivemos representados pola cadete Valeria Fernandez, quen recorreu os 3000 metros nun tempo de 16:38.7- acadando o posto 20 desta categoría.

No G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA contamos coa presenza do alevín Denis Fernández, quen rematou en 1ª posición o percorrido dos 1000 metros para a súa categoría. A todo isto hai que engadirlle un tempo de 5:14.7-, polo que obra na web da FGA suporía un novo RECORD GALEGO.

Cangas 06 de decembro de 2015
Segue a bo ritmo o Pedestrismo do Concello de Cangas. Xa vai este ano pola 42ª edición. Moito cambiaron os tempos e serían outras as preocupacións organizativas. A día de hoxe o argot fainos falar de «chips», dorsais de incidencias, cortes de tráfico…Esperemos que os valores principais persistan no argot atletico a modo de «esforzo»»compañerismo»»disciplina»…
Tras esta profunda reflexión do paso do tempo, ceñiremonos o acontecido no XLII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO. As 10:00 horas estaba previsto o comezo da categoría benxamín, con 15 minutos de retraso deuse a saída. Despois de isto xa foron o resto das probas con máis celeridade. Moita animación e moi bo tempo acompañaron as probas das categorías menores. Coma ven sendo habitual as carreiras máis concurridas foron minibenxamin e benxamín. As seguintes alevín e infantil, tamén concentraron un bo número de participantes, sobre todo a primeira. Aínda que había ampla participación de nen@s pertencentes a Clubes de atletismo, salientar a de outros nen@s que o fixeron por Colexios ou de maneira individual. Moitos nen@s serían fill@s dos participantes na carreira absoluta de 10 km con saída de Aldán. Primeiro amosaron os pequenos o seu potencial no circuito urban e posteriormente animaron os seus proxenitores.
A saída de Aldán foi as 12:00 horas. Os participantes dispuseron dun novo trazado. O percorrido deixaba a carretera de Aldán na baixada a praia de Areamilla. Despois do descenso continou polo sendeiro de terra que bordea a praia do medio ata o novo paseo de Masso. Gracias os voluntari@s foi sinalado con puntos kilometricos, de feito tamén exerceron de improvisados psicologos.
Neste novo trazado resultaron gañadores Alvaro Prieto e Beatriz Fernández, noraboa a ambos e tamén os demáis participantes, que de seguro cumpliron ou intentaron o seu próposito. Pola parte dos veterans Sebastián Pazo rematou 5º na súa categoría.
Esta foi a CLASIFICACION dos @m@rel@s:
| POSICION | TEMPO-2000 mts | CADETE MULLERES | |||
| 3º | 00:08:25 | María Rodríguez Teijeiro | |||
| 8º | 00:09:47 | Isaura Framil de Amorin | |||
| 9º | 00:09:52 | Noelia González Garcia |
| POSICION | TEMPO-3000 mts | CADETE HOMES | |||
| 3º | 00:12:14 | Alex Iglesias Domínguez | |||
| 4º | 00:12:17 | Aaron Domínguez Hermelo |
| POSICION | TEMPO-1500 mts | INFANTIL MULLERES | |||
| 7º | 00:06:01 | Sara Mallo Alfonso | |||
| 8º | 00:06:07 | Sabela López Menduiña | |||
| 10º | 00:06:11 | Ines Pardavila Prieto | |||
| 12º | 00:06:21 | Anais Santamarina García | |||
| 13º | 00:06:25 | Maria Rial Alfaya | |||
| 16º | 00:06:42 | Ainoa Santos Piñeiro | |||
| 17º | 00:06:46 | Colomba Carballal López | |||
| 22º | 00:06:53 | Alba Pardavila Antepazo |
| POSICION | TEMPO-1500 mts | INFANTIL HOMES | |||
| 1º | 00:05:13 | Lope Quinteiro Pena | |||
| 6º | 00:05:47 | Daniel Iglesias Suarez | |||
| 7º | 00:05:49 | Eduardo Parcero Palma | |||
| 8º | 00:05:55 | Jacobo Diaz Perez | |||
| 13º | 00:06:37 | Gabriel Dacosta Vizoso | |||
| 15º | 00:06:42 | Ivan Iglesias Álvarez | |||
| 16º | 00:06:43 | Martiño Núñez Molanes |
| POSICION | TEMPO-1000 mts | ALEVIN MULLERES | |||
| 5º | 00:03:41 | Carmen Fraga Sobreira | |||
| 8º | 00:03:45 | Ágata Rodríguez Jalda | |||
| 10º | 00:03:48 | Andrea Sotelo Gutierrez | |||
| 12º | 00:03:50 | Nuria Argibay Caiño | |||
| 14º | 00:03:59 | Blanca Piñeiro Nogueira | |||
| 15º | 00:04:07 | Paula Nerga Martínez | |||
| 22º | 00:04:37 | Uxia Arias Framil | |||
| 23º | 00:04:39 | Daniela Budiño Martinez |
| POSICION | TEMPO-1000 mts. | ALEVIN HOMES | |||
| 1º | 00:03:25 | Joel Curro Pereira | |||
| 3º | 00:03:27 | Carlos López Menduiña | |||
| 7º | 00:03:35 | Yago Juncal Alfaya | |||
| 10º | 00:03:40 | Carlos Corredoira Herbello | |||
| 13º | 00:03:47 | Diego Martínez Vilas | |||
| 14º | 00:03:50 | Antón Núñez Molanes | |||
| 16º | 00:03:54 | Manuel Lemos Gómez | |||
| 25º | 00:04:10 | Ruben Lemos Gómez | |||
| 27º | 00:04:16 |
| POSTO | TEMPO-500 mts | BENXAMIN MULLERES | |||
| 1º | 00:01:55 | Lara Iglesias Suarez | |||
| 6º | 00:02:02 | Lucia Gil Fernández | |||
| 7º | 00:02:04 | Gema Dacosta Magdaleno | |||
| 8º | 00:02:05 | Leire Fonseca González | |||
| 11º | 00:02:07 | Noa Nerga Martínez | |||
| 12º | 00:02:08 | Sara Nerga Martínez | |||
| 13º | 00:02:09 | Iris Malvido Pardavila | |||
| 18º | 00:02:17 | Nerea Malvido Pardavila | |||
| 31º | 00:02:43 | Nerea Rial Piñeiro |
| POSICION | TEMPO-250 mts | BENXAMIN HOMES | |||
| 1º | 00:01:47 | Sergio Valladares Barreiro | |||
| 3º | 00:01:50 | Raul Rial Lemos | |||
| 12º | 00:02:03 | Ángel Graña Bellanato | |||
| 21º | 00:02:11 | Eloy Domínguez de Río |
| POSICION | TEMPO-250 mts |
|
||||
| 2º | 00:01:06 | Leire Brun Fernandez | ||||
| 3º | 00:01:06 | Alba del Valle Santamarina | ||||
| 6º | 00:01:13 | Sabela Domínguez Hermelo | ||||
| 10º | 00:01:20 | Noa Quinteiro Pena |
| POSICION | TEMPO-250 mts | MINIBENXAMIN HOMES | ||||
| 22º | 00:01:40 | Marcos Rial Lemos |
Debe estar conectado para enviar un comentario.