CAMPIONATO ESPAÑA SUB 18 FEDERACIONS AUTONOMICAS AIRE LIBRE

Logronño, 24 de xuño de 2023

   Ata terras rioxanas se desprazou a selección galega SUB 18 para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 FEDERACIONS AUTONOMICAS AO AIRE LIBRE. Na expedición viaxaban dous amarelos Gema Dacosta e Diego Martínez, ademáis do adestrador Juan Luis Ramilo Competiron na xornada correspondente ao sábado de San Xoan e faciano nos concursos de lanzamento de peso e disco.



     A primeira en competir Gema Dacosta mellorou a sua marca lanzando a bola ata os 13,74 m., magnifico concurso que lle aporta confianza de cara ao Campionato de España Sub 18. Diego Martínez tamen mellorou a sua marca en disco, lanzou ata os 39,33 mts. Podese sentenciar que achegaron o mellor deles ao combinado galego, que finalmente acadou un posto 6º na clasificación global.



 

CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AIRE LIBRE

O Barco de Valdeorras, 18 de xuño de 2023

     Parecia unha coincidencia pero o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE colleu a Calvar en O Barco. Meteuse un bo madrugón e despois  dunha maña intensa con dous equipos competindo quedaba por diante unha tarde para os INFANTIS de maneira individual. Comezamos por Roi Rivas que foi 4º nos 80 m.l., 5º en 150 m.l. e 4º nos relevos. Miguel Fernández foi CAMPION GALEGO de Xavelina, 7º en 150 m.l e 4º nos relevos. Saul Santos ademáis de 4º nos relevos foi 14º en 150 m.l. Pechou a participación masculina Marcos Rial que axudou no relevo para cadar o 4º posto e foi 5º nos 2000 m.l.



     Nas mulleres destacar o CAMPIONATO GALEGO acadado por Ana Oliveira en Xavelina, sendo ademáis 12ª en 150 m.l. e 5ª en relevos. Antia Soto foi 5ª en 150 m.l., 8ª en lonxitude e 5ª en relevos. Nahia Pintos acadou o 5º posto en marcha, 15ª en xavelina e 5ª en relevos. Aitana Broullón foi participe do 5º posto nos relevos.



CAMPIONATO GALEGO CLUBS SUB 12 AIRE LIBRE

O Barco de Valdeorras, 18 de xuño de 2023

     O CAMPIONATO GALEGO CLUBS SUB 12 AO AIRE LIBRE foi o detonante para madrugar, tres horas de viaxe en autobús, competir e outras tres horas de autobús de volta. O adestrador Calvar ainda quedou pola tarde para supervisar o Galego Sub 14 individual. Evidentemente non todo son esforzos sin recompensa, neste caso os equipos SUB 12 realizaron un enorme traballo en conxunto polo que se merecen sean nomeados como CAMPIOAS GALEGAS SUB 12 e SUBCAMPIONS GALEGOS SUB 12.



SUB 12 MULLERES

  • LENA CURRAS,  1ª1000 m.l.  e 1ª relevos
  • EMMA COLLAZO,  1ª  500 m.l.  e  1ª relevos
  • VERA BOUBETA,   3ª Marcha 
  • CARLA SALGADO,  1ª Pelota e  1ª relevos
  • ELODIE GRAÑA,   5ª 60 m.l. e 1ª  relevos
  • CAMILA ENRIQUEZ, 4ª altura
  • MARIA MARCOS, 4ª Lonxitude
  • SABELA MIRANDA, 1ª Peso


SUB 12 HOMES

  • ANGEL REFOJOS, 2º 60 m.l.  e 3º  relevos
  • DANIEL CORDEIRO,3º 1000 m.l.e 3º relevos
  • SAMUEL CORRALES, 4º Altura e 3º relevos
  • BRAIS GARCIA, 5º Marcha e 3º relevos
  • XABIER FERRAL,  9º 500 m.l.
  • ANXO CURRAS,   1º Pelota
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,  2º Peso
  • MATEO JALDA, 11º Lonxitude


 

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 AIRE LIBRE

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2023

 

     As pistas da Universidade de Santiago acolleron o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E SUB 23 AO AIRE LIBRE. Unha nutrida representación de amarel@s acudiu a esta importante cita.  A sección masculina contou coa presenza de Sergio Valladares, quen pouco a pouco estase facendo un oco nos 400 m.l..Nesta ocasión correu na final B e cunha marca de 52,16 ocupou o 10º posto. Diego Martínez foi 5º no concurso de altura e foi 6º na pértega. Neste último concurso tamén participou Dani Calvar, quen con 3,40 ocupou o 7º posto. O remate da participación masculina foi un máis que notable relevo 4X100, composto polos tres reseñados anteriormente máis Carlos López que finalizaron o mesmo nun tempo de 46,19 acadando o 4º posto.



      No apartado feminino contabamos coa participación de Saray Amoedo e Ariadna Gil na final do concurso de triplo. Finalmente foron 5ª e 8ª respectivamente coa victoria de Ariadna Gil na categoría SUB 23. Gemma Dacosta acadou o 5º posto na final de lanzamento de peso e repetiu posto na final do lanzamento de disco. Rematau a xornada coa remuda feminina composta por Ariadna Gil, Ana Cordeiro, Uxia SánchezLucia Gil, que foron 5ª no relevo 4X100.


PLAN DE VIAXE CTO. GALEGO SUB 10 E SUB 12

     Este vindeiro 25 de xuño vai ter lugar nas Pistas do Complexo Deportivo Monterrei, sitas no Concello de O Pereiro de Aguiar (Ourense), o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE. Vai sair un autobús da Estación de Cangas as 07:30 horas. Achegamos o HORARIO PROVISIONAL e as probas a disputar pol@s atletas. 



 

SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO,  Lonxitude e relevos
  • MAR FAZANES,  Peso e relevos
  • CLAUDIA ROMERO,50 m.l.,  500 m.l. e relevos
  • SOFIA CORRALES, Marcha e relevos

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR,  1000 m.l. Pelota e  relevos
  • HUGO LORENZO,  relevos 
  • ALEX CARBALLO,  50 m.l. ,  Lonxitude e  relevos 
  • XOSE GONZALEZ, relevos

 

SUB 12 MULLERES

  • LENA CURRAS,  1000 m.l. Pelota e  relevos
  • EMMA COLLAZO,  60 m.l.  500 m.l.  e  relevos
  • ALBA ALVAREZ,   1000 m.l.  
  • CARLA SALGADO,  60 m.l.  Pelota e  relevos
  • ELODIE GRAÑA,  60 m.l. Lonxitude e  relevos
  • MARIA MARCOS, relevos
  • SABELA MIRANDA,  Peso
  • IRIA FERNANDEZ, Pelota
  • SUB 12 HOMES
  • ANGEL REFOJOS, 60 m.l. 1000 m.l. e  relevos
  • DANIEL CORDEIRO, 2000 m.l. e  Lonxitude e º relevos
  • SAMUEL CORRALES, Lonxitude, Pelota e relevos
  • BRAIS GARCIA,  Marcha e relevos
  • ALAN MALVIDO,  Peso
  • ANXO CURRAS,   Pelota
  • ALEJANDRO FERNANDEZ,  Peso

 

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMIN XOGADE

Pontevedra, 10 de xuño de 2023

 

     As xornadas previas do XOGADE deron paso ao CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMIN DE PISTA AO AIRE LIBRE. A sede das probas foron as pistas do CGTD de Pontevedra.  Moi destable o equipo de remudas mixto que acadou o primeiro posto, ainda que cruzaron a meta os tres primeiros no fio dun pano.



 Mar Fazanes proclamouse Campioa Provincial en lanzamento de peso. Alex Carballo, ademáis do relevo, gañou en 50 m.l. e salto de lonxitude. Adrian Calvar venceu nos 400 m.l. e foi 3º no lanzamento de Pelota. Boas sensacións na competición, onde xa se pode ollar un pequeno descanso de cara ao verán.

 

SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO, 10ª 50 m.l. e 4ª Lonxitude
  • MAR FAZANES, 21ª 50 ml. e  1ª Peso
  • CLAUDIA ROMERO,6ª  400 m.l. , 8ª Lonxitude e 1ª relevo 4X50 
  • DANIELLA ALVAREZ, 14ª 50 m.l. e 24ª Lonxitude

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR,1º  400 m.l. 3º Pelota e 1º relevo 4X50
  • HUGO LORENZO, 7º 400 m.l. 7º Pelota e 1º relevo 4X50
  • ALEX CARBALLO, 1º 50 m.l. , 1º Lonxitude e 1º relevo 4X50
  • XOSE GONZALEZ, 15º 400 m.l. e 10º Lonxitude


 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14

León, 3 e 4 xuño de 2023

 

    As pistas universitarias de León acolleron durante a primeira fin de semana de xuño o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14. Ali presentabamos ao noso atleta infantil MIguel Fernández para disputar o Triatlon B que consistia nas probas de salto de lonxitude, 1000 m.l. e lanzamento de xavelina. Xunto co seu adestrador loitaron por mellorar as marcas coas que se presentaba neste importante Campionato, pero parece que a proba impoñia e a calidade dos contrincantes tamén. Finalmente acadou o posto 29º neste triatlon, sumando un total de 1120 puntos gracias aos 4,27 m. da lonxitude, os 3:10.03 dos 1000 m.l. e o lanzamento de 30.10 m. na xavelina. Parabens para Miguel Fernández.



PREVIO PROVINCIAL BENXAMIN XOGADE

   Este vindeiro sábado 10 de xuño as pistas do CGTD de Pontevedra acolleran o CAMPIONATO PROVINCIAL do programa XOGADE da categoría BENXAMIN. O autobús sairá da estación de Cangas as 15:00 horas.  Ata que publiquen as LISTAS DE SAIDA o HORARIO provisional da proba é o seguinte:



SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO, 50 m.l. e Lonxitude
  • SOFIA CORRALES, 400 m.l. e Lonxitude
  • MAR FAZANES, 50 ml. e Peso
  • CLAUDIA ROMERO, 400 m.l. , Lonxitude e relevo 4X50 
  • DANIELA NOGUEIRA, 50 m.l. e Peso
  • DANIELLA ALVAREZ, 50 m.l. e Lonxitude

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR, 400 m.l. Pelota e relevo 4X50
  • HUGO LORENZO, 400 m.l. Pelota e relevo 4X50
  • ALEX CARBALLO, 50 m.l. , Lonxitude e relevo 4X50
  • LUCA CAO, 50 m.l. e Peso
  • XOSE GONZALEZ, 400 m.l. e Lonxitude

 

CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS SUB 18

A Coruña, 27 e 28 de maio de 2023

    Falar de probas combinadas é falar de Diego Martínez, quen se desprazou ata A Coruña para disputar o decatlon da categoria SUB 18, xunto él foi Ramilo, quen fai as veces de adestrador, manager, psicólogo, masaxista e, como non, fotógrafo. O programa das probas combinadas discorría paralelo aos Campionatos SUB 18 e SUB16 que tiñan lugar sábado e domingo respectivamente. Despois das probas de 100 m.l., Lonxitude, Peso, Altura, 400 m.l., 110 m.v., Disco, Pértega, Xavelina, 1500 m.l., rematou sumando un total de 5450 puntos que lle outorgaron o SUBCAMPIONATO GALEGO. Se lle preguntamos a Diego seguro que se amosa moi autocrítico pero se non fora así non sería Diego.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 28 de maio de 2023

 

    O domingo as pistas de Elviña seguían copando o interese coa celebración do CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE. Tiñan @s cadetes gañas de amosar a sua progresión na competición suprema a nivel autonómico.


    Diego García estreaba a participación amarela da mellor maneira proclamandose CAMPION GALEGO de 5000 m. marcha. Hugo Collazo foi BRONCE nos 3000 m.l. Brais Pintos acadou o 10 º posto no concurso de salto de altura e rematou 22º na proba dos 1000 m.l. A sección masculina estivo representada por Diego García, Hugo Collazo, Brais Pintos e Unai Ferral nas remudas de 4X100 m. acadando un magnifico 4º lugar.



    A representación feminina estivo repartida entre os concursos de lanzamento de peso e martelo, onde Noa Quinteiro foi 7ª e 10ª respectivamente. No lanzamento de xavelina pelexou Leire Fernández ata rematar 5ª na final. Da mán de Ana Cordeiro chegou unha medalla de BRONCE nos 300 m.l., onde a sua compañeira Antia Baqueiro foi 13ª, completaría Ana un sensacional pase a final dos 100 m.l. para rematar 8ª na proba.