Cangas, 30 de novembro de 2025
Archivo del Autor: Oscar
PLAN DE VIAXE PROVINCIAL XOGADE
Esta competición levarase a cabo o sábado día 13 de decembro de 2025 no Campo da Feira de Zamáns (Vigo). Vai sair un autobús da estación de Cangas as 08:45 horas con volta ao remate da competición. Para quen faga o traxecto por medios propios recordarlles que se debería de chegar UNHA HORA antes do comezo da carreira na que participe.
Agradecese que finalmente se faga unha competición no Campionato Provincial por EQUIPOS, acadando o pase CADETE FEMININO (Ana Oliveira, Vera Boubeta, Noa Caamaño, María Marcos, Carla Salgado, Ainhoa Costas) e MASCULINO (Daniel Cordeiro, Alejandro Fernández, Angel Vázquez, Gabriel Fazanes), INFANTIL FEMININO (Elodie Graña, Noa Pedrido, Sofia Capelo, Emma Salgado, Mar Fazanes, Sara Barros), ALEVIN FEMININO (Elva Cordeiro, Anxela Caballero, Vega Paredes, Lena Bermúdez, Claudia Romero) e MASCULINO (Samuel Lorenzo, Xosé González, Paulo Gestido, Laurent Graña, Pedro Juncal, Oliver Gayo) máis BENXAMIN MASCULINO (Marco Roma, Enzo M. Torres, Nils Fernández, Ángel Bernárdez, Javier Novas, Antón Freire) . De maneira individual clasificaronse Brais Garcia e Arthur Brasileiro en infantil e Marta Novas en benxamín
Realizarase unha clasificación por equipos masculino e unha clasificación por equipos feminino en cada unha das categorías. Para a clasificación por equipos teranse en conta os/as tres (en cadetes) ou catro (no resto de categorías) primeiros/as atletas que cheguen á meta de cada entidade, e sumaranse os postos de entrada na meta destes tres/catro, sendo a entidade que menos sume a vencedora da proba.
Ao tratarse dunha competicion por EQUIPOS pregase comunicar calquera baixa ou incidencia o antes posible.
Achegase un enlace da ubicación do circuito.
CROS ZONAL XOGADE
Moaña, 16 de novembro de 2025
Tras uns días baixo a borrasca Claudia o domingo estaba programado o CAMPIONATO ZONAL DE CROS do programa XOGADE. Os atletas participantes correron coa categoría desta vindeira tempada 2026. Importantes cambios no regulamento remataban coa participación por equipos deixando únicamente aberto o pase ao Campionato Provincial aos dez primeiros clasificad@s. Non compartimos ese criterio, sempre nos pareceu importante facer equipo, e máis nestas categorías menores.
Chegados a Moaña atopámonos cun cambio de circuito, sen previo aviso, e un terreo con abundante auga no que non tardou en aflorar a lama. Pois así é o cros, algo de choiva, bastante frio, situación idónea para templar os nervios da competición. O desenrolo das carreiras comezou polos maiores, sendo a categoria feminina a encargada de inaugurar a competición. Bo comezo por pate de Ana Oliveira que venceu na proba Cadete, seguida por Vera Boubeta 4ª, Noa Caamaño 8ª e Ainhoa Costas 9ª. Os homes estiveron encabezados por Daniel Cordeiro, 3º, Alejandro Fernández, 4º, Gabriel Fazanes, 5º e Ángel Vázquez 10º.
A carreira infantil feminina contou con Noa Pedrido, 2ª, Elodie Graña, 4ª, Mar Fazanes, 5ª, Sofia Capelo, 6ª, Sara Barros, 9ª i Emma Salgado, 16ª. Na proba masclina gañou Brais Garcia acompañado de Arthur Brasileiro, que foi 4º.
Na categoría alevin femenina dominou de principio a fin Anxela Caballero seguida por Lena Bermúdez, 3ª, Elba Cordeiro, 8ª e Claudia Romero 19ª. Na carreira masculina Laurent Graña foi 2º seguido de Samuel Lorenzo, 5º, Xose Gónzalez, 9º e Pedro Juncal 10º.
Remataba a xornada coas carreiras da categoría benxamin, onde contamos coa presenza de Marta Novas, que rematou 4ª. A proba masculina puso o punto e final coa participación de Nils Fernández, 3º, Javier Novas, 5º, Enzo Torres, 8º, Ángel Bernárdez, 16º e Antón Freire 17º. Xa temos data para o Campionato Provincial, o sábado 13 de decembro, ata logo enton.
PREVIA DO ZONAL DE CROS XOGADE
Esta competición levarase a cabo o domingo 16 de novembro de 2025 en A Xunqueira- Moaña na contorna das Pistas de Atletismo. A proba está destinada ás seguintes categorías: benxamín (2018-2017), alevín (2016-2015), infantil (2014-2013) e cadete (2012-2011) nenos e nenas. As carreiras organizáranse por categorías e por xénero. Se a participación o permite poderán agruparse carreiras de ambos xéneros en cada categoría. O transporte a competición será por medios propios, se alguen tivera incidencias que o comunique para darlle solución.
De acordo co HORARIO das probas será preciso estar as 10:00 h. para revisar os circuitos e facer os quecementos previos a competición
ESCOLA DE ATLETISMO DE VERAN
Outro verán máis tivemos as mañas de xullo e agosto ocupadas coa ESCOLA DE ATLETISMO DE VERAN. Alí se xuntaron nen@s de diferentes idades que disfrutaron e xogaron co nexo do atletismo. Os Monitores Ari e Diego puideron transmitir a sua paixón polo deporte rei sen esquecer darlle un sentido lúdico. Con grupos tan bos non dubidamos da continuidade destas actividades. Vemonos nas pistas.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE
Villafranca de los Barros, 26 e 27 de xullo de 2025
En terras extremeñas destacou a presenza de tres amarelos para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Acompañados do seu adestrador Ramilo tiñan por diante unha intensa fin de semana onde poder amosar a sua valía a nivel nacional. Pois deixaron o listón moi alto voltando coma tres finalistas no Campionato. Diego Martínez rematou 6º no decathlon, Mauro Vázquez chegou a final dos 100 m.l. e acadou o 7º posto. Gema Dacosta colouse na final de lanzamento de peso e rematou 8ª. Pouco máis que engadir sen esquecer os merecidos parabens para atletas e adestradores.
VOLTAN OS ADESTRAMENTOS
O vindeiro luns 15 de setembro retomamos a tempada, tras un breve descanso estival, con adestramentos nos horarios habituais. Se queres vir a probar con nos temos todo o mes de setembro para ti…proba sen compromiso. Tes paixón por correr saltar ou lanzar?
No Atletismo Vila de Cangas adestramos en grupos de idade, melloramos día a dia e gozamos do atletismo en todas as disciplinas. Non importa o teu nivel, o importante son as túas ganas de crecer e disfrutar do deporte. Contacta con nos e verás que todo é moi sinxelo e proveitoso para ti. Estes horarios son dos grupos de menores, a partir da categoría SUB 18 existe outro grupo de adestramentos que comparten no Estadio Municipal de Atletismo. Calquera pregunta no correo ou tlfs que detallamos ou nas redes sociais. Vemonos nas pistas.
email. at.viladecangas@gmail.com tlf. 639558276 / 628147702

VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA
Cerceda 14 de xullo de 2025
Aproveitando a parentese que nos brinda a tempada nos fomos, un luns de mediados de xullo, ata o Aquapark de Cerceda. Parece que esta convocatoria tivo bastante seguemento e poucas baixas, non houbo que recurrir as multas. Tras un día de xogos e convivencia sacamos esta foto de grupo que compartimos con vos, unha forte aperta amarela.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE
Castelló, 5 e 6 de xullo de 2025
Ata a costa levantina tocoulle desplazarse a Leire Fonseca acompañada do seu adestrador Ramilo. Tivo que renunciar a participar na proba dos 400 m.l. para poder centrarse na competición de 200 m.l., do contrario serían moitas voltas ao anel da pista sen marxe ou tempo de recuperación. Finalmente parece que foi unha estratexia acertada, na primeira rolda progresou a semifinal cunha MMP de 25,46. A semifinal esixia mellorar esa marca e mellorouse cun tempo de 25,19 acadou o posto 11º, na final entraban as oito máis veloces. Magnifico lustre lle está a dar Leire Fonseca ao seu curriculum atlético. Parabens tanto a ela coma ao seu adestrador.
CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AIRE LIBRE
Santiago de Compostela, 05 de xullo de 2025
Outra importante visita a capital galega para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AO AIRE LIBRE. Carlos Corredoira foi 5º nos 200 m.l. e 7º nos 400 m.l.
Carlos López acadou un magnifico 4º posto nos 400 m.l. e unha MMP. Diego Martínez proclamouse CAMPION GALEGO no concurso de altura e SUBCAMPION nos de lanzamento de peso e disco. Lucia Gil destacou no tripo cun 4º posto e rematou 7ª no salto de lonxitude. Gema Dacosta foi SUBCAMPIOA GALEGA de lanzamento de peso e disco.




















Debe estar conectado para enviar un comentario.