Ourense, 21 de decembro de 2025
Parece que a tempada «indoor» vai facendose camiño. Como nos gustan as competicions por equipos e todo o que representan,. Quedou reflexado no TROFEO ABANCA DE PISTA CURTA, celebrado na Pista cuberta de Expourense.
Ali puidemos degustar os sabores e sinsabores, todo na xusta medida, emoción, drama. suspense, ledicia e un largo ecetera de sentimentos que foron aflorando. En xornada de tarde discorreu a competición na categoria SUB 14, estreaba a mesma Emma Collazo no concurso de salto de altura, empezaba sumando puntos e unha MMP co 3º posto. Aroa Foglia seguiu a estela cun 3º posto e unha MMP no lanzamento de peso. O consurso de triple salto achegou a primeira victoria individual e outra MMP por parte de Sofia Capelo.
Nos 60 m.v. Lena Currás amosouse intratable e acadou outra victoria acompañada de MMP. Chegabamos ao ecuador da competición liderando a mesma pero coñecedores de que a proba que tiñamos deserta, o salto de pértega, sumabase a baixa de Noa Pedrido nos 500 m.l. por enfermidade. Estes pequenos contratempos borraron ao equipo dos postos de podio. Elodie Graña sumou un 2º posto e MMP nos 60 m.l., tocaba seguir adiante e non desfalecer. Nora Parcero acadaba o 5º posto nos 1000 m.l. María Marcos rematou 3ª no concurso de salto de lonxitude. Vera Boubeta concluia 7ª nos 2000 m.l. e pechaba as probas individuáis.



























Debe estar conectado para enviar un comentario.