Friol (Lugo) 25 de xaneiro de 2015
Estamos en tempada alta de Cross e os que pudemos viaxar a Friol fomos testigos do Campionato Galego de Cross para todalas categorías. Para os escolares recibe o nome de Memorial Alejandro Lorenzo, e así foi como deu comenzo a xornada. As primeiras en estrear o circuito foron as Benxamin Mulleres, moitas delas debutantes nesta proba. O resultado foi que nunha magnifica labor de equipo acadaron o primeiro posto. E parece que iso foi a tónica dominante durante todolos Campionatos, xa que non conseguimos ningún podio de maneira individual pero si por equipos. Os seguintes en subir o podio, non se fixeron esperar, foron os Benxamin Homes que acadaron o Subcampionato.
Por esta orde de categorías as Alevin Mulleres disputaron a súa carreira obtendo un merecido cuarto lugar. Nos Homes subiron o caixón da terceira plaza. A categoria infantil pechaba o Memorial, quedando as mulleres de quintas e os homes en terceiro lugar.
Na Categoria Cadete tamén había representación en mulleres e homes, acadando os dous equipos a sexta plaza. Xa no Campionato Galego de Cross Corto non tiñamos representación do equipo femenino, correndo de maneira individual Marina Caballero e Mª Jesús Novo. O equipo masculino absoluto quedou na posición 12º.
RESULTADOS:
BENXAMIN MULLERES
- Agata Rodriguez 4ª
- Ines Bernárdez 5ª
- Lucia Gil 7ª
- Lara Iglesias 10ª
- Gemma Dacosta 12ª Seguir leyendo






Debe estar conectado para enviar un comentario.