CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA

O día dous de marzo celebrouse na Coruña o galego cadete de pista cuberta. Foi un bo campionato dos nosos atletas e regresamos con sete medallas (dous ouros,unha prata e catro bronces) e un récord galego da man de Noa Rouco.
A primeira hora da mañá disputáronse as probas de altura onde competía Noelia Graña e rematou cuarta saltando 1’37m e as probas do cincuenta metros lisos onde participaron dúas das nosas atletas: Noelia Graña e Martina Páramos pero ningunha delas logrou pasar a semifinal. A primeira hora da mañá tamén competiu Patricia Torres rematando terceira o lanzar 10m. Ás 12:30 tocoulle o quenda ós nosos lanzadores: Óscar Broullón quedou primeiro cun lanzamento de 13’26 que é mínima para o Campionato de España que se celebrará o vindeiro fin de semana en Valencia. Anxo Rodas quedou terceiro cun lanzamento de 11’68m, Samuel Alonso lanzou 10 e rematou en quinta posición e Martín Pérez cun lanzamento de 8’90 rematou sétimo. A última proba dos nosos atletas que se disputou pola mañá foi o trescentos metros lisos de Noa Rouco no que se clasificou primeira para a final que se disputaría pola tarde parando o crono en 43’64.
Xa na xornada de tarde as primeiras probas en disputarse foron o salto con pértega onde participou Martina Páramos saltando 2’31 mellorando o récord do club, Martina quedou terceira. A primeira hora da tarde tamén competiu Noelia Graña no triplo salto no que rematou terceira saltando 9’95. A seguinte proba foi a semifinal de Paula Martínez na que gañou a súa serie cun tempo de 8’63 e clasificándose para a final cun segundo mellor tempo. A seguinte proba foi a final de Noa Rouco na que rematou primeira cun tempo de 42’57 e batendo o récord galego que anteriormente estaba en 43’23. A seguinte proba foi a final de Paula Martínez na que rematou segunda cun tempo de 8’64. A última proba disputada no día foi o 3.000 metros lisos nos que participou Lucia Piedras facendo un tempo de 13:34’15.

Deja una respuesta