FELICES FESTAS

     Entramos de cheo no nadal. Con tal motivo, imos ter unha actividade a hora de adestrar adaptada as festividades que nos depara o calendario. Para as categorías menores informar que os días 24 e 31 de decembro non adestraremos. Para as categorias maiores, a partir de cadetes, vaise solicitar o adestramento de mañan nas pistas estes dous días (24 e 31). De cara o ano novo tampouco se adestrará o 5 de xaneiro. Aproveitamos tamén para desexarvos unhas moi FELICES FESTAS


14507253275a1279ebbb8060490aee


 

RESULTADOS TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO

     Esta mañan disputouse en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. As pistas de Balaidos foron testemuña dunha alta participación que implicaba as categorias MINIBENXAMIN ata CADETE.  Moi satisfactoria foi a participación dos @marel@s no torneo. Estes foron os RESULTADOS acadados na xornada. 


10354827_849904571774202_683175784682321146_n


TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO

    Este vindeiro sábado 19 de decembro vaise celebrar en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMOAs pistas de atletismo de Balaidos acolleran esta competición de pista ao aire libre para categorías dende MINIBENXAMIN ata CADETE. De cara a vindeiras probas de Pista Cuberta será unha boa oportunidade para acadar marcas. Para o desprazamento NON se vai habilitar autobus, polo cal precisamos da implicación dos pais e nais.


Horario


No tocante a competición @s nen@s poderan apuntarse a unha carreira e un concurso como máximo. No REGULAMENTO podedes consultar outros detalles da proba, como por exemplo a APORTACION SOLIDARIA que se pide efectuen os participantes. Ata o sábado entón.


 hv191215-page-001


V CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA PROMOCION E G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA.

Cuntis, 06 de decembro de 2015

     O domingo 06 de decembro Cuntis converteuse na Capital Nacional da marcha atletica. As pistas de atletismo de As Canteiras acollían o V CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA PROMOCION  e paralelo a este gran evento tamén se celebrou o G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA.  No Campionato de España estivemos representados pola cadete Valeria Fernandez, quen recorreu os 3000 metros nun tempo de 16:38.7- acadando o posto 20 desta categoría.


 12307551_1135472639820796_2998976111634261247_o


No G.P. VILA DE CUNTIS MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA contamos coa presenza do alevín Denis Fernández, quen rematou en 1ª posición o percorrido dos 1000 metros para a súa categoría. A todo isto hai que engadirlle un tempo de 5:14.7-, polo que obra na web da FGA suporía un novo RECORD GALEGO


12309915_1135470996487627_603689079396570772_o


XLII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO

Cangas 06 de decembro de 2015

    Segue a bo ritmo o Pedestrismo do Concello de Cangas. Xa vai este ano pola 42ª edición. Moito cambiaron os tempos e serían outras as preocupacións organizativas. A día de hoxe o argot fainos falar de «chips», dorsais de incidencias, cortes de tráfico…Esperemos que os valores principais persistan no argot atletico a modo de «esforzo»»compañerismo»»disciplina»…

Tras esta profunda reflexión do paso do tempo, ceñiremonos o acontecido no XLII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO. As 10:00 horas estaba previsto o comezo da categoría benxamín, con 15 minutos de retraso deuse a saída. Despois de isto xa foron o resto das probas con máis celeridade. Moita animación e moi bo tempo acompañaron as probas das categorías menores. Coma ven sendo habitual as carreiras máis concurridas foron minibenxamin e benxamín.  As seguintes alevín e infantil, tamén concentraron un bo número de participantes, sobre todo a primeira. Aínda que había ampla participación de nen@s pertencentes a Clubes de atletismo, salientar a de outros nen@s que o fixeron por Colexios ou de maneira individual.   Moitos nen@s serían fill@s dos participantes na carreira absoluta de 10 km con saída de Aldán. Primeiro amosaron os pequenos o seu potencial no circuito urban e posteriormente animaron os seus proxenitores.


Saida


A saída de Aldán foi as 12:00 horas. Os participantes dispuseron dun novo trazado. O percorrido deixaba a carretera de Aldán na baixada a praia de Areamilla. Despois do descenso continou polo sendeiro de terra que bordea a praia do medio ata o novo paseo de Masso. Gracias os voluntari@s foi sinalado  con puntos kilometricos, de feito tamén exerceron de improvisados psicologos. 


podio.pg


Neste novo trazado resultaron gañadores Alvaro Prieto e Beatriz Fernández, noraboa a ambos e tamén os demáis participantes, que de seguro cumpliron ou intentaron o seu próposito. Pola parte dos veterans Sebastián Pazo rematou 5º na súa categoría.


 Esta foi a CLASIFICACION dos @m@rel@s:

POSICION   TEMPO-2000 mts     CADETE MULLERES
  00:08:25     María Rodríguez Teijeiro
  00:09:47     Isaura Framil de Amorin
  00:09:52     Noelia González Garcia
POSICION   TEMPO-3000 mts     CADETE HOMES
  00:12:14     Alex Iglesias Domínguez
  00:12:17     Aaron Domínguez Hermelo
POSICION   TEMPO-1500 mts     INFANTIL MULLERES
  00:06:01     Sara Mallo Alfonso
  00:06:07     Sabela López Menduiña
10º   00:06:11     Ines Pardavila Prieto
12º   00:06:21     Anais Santamarina  García       
13º   00:06:25     Maria Rial Alfaya
16º   00:06:42     Ainoa Santos Piñeiro
17º   00:06:46     Colomba  Carballal López
22º   00:06:53     Alba Pardavila Antepazo
POSICION   TEMPO-1500 mts     INFANTIL HOMES
  00:05:13     Lope Quinteiro Pena
  00:05:47     Daniel Iglesias Suarez
  00:05:49     Eduardo Parcero Palma
  00:05:55     Jacobo Diaz Perez
13º   00:06:37     Gabriel Dacosta Vizoso
15º   00:06:42     Ivan Iglesias Álvarez
16º   00:06:43     Martiño Núñez Molanes
  •  POSICION    TEMPO-1000 mts     ALEVIN MULLERES
    00:03:41 Carmen Fraga Sobreira
    00:03:45 Ágata Rodríguez Jalda
    10º 00:03:48 Andrea Sotelo Gutierrez
    12º 00:03:50 Nuria Argibay Caiño
    14º 00:03:59 Blanca Piñeiro Nogueira
    15º 00:04:07 Paula Nerga Martínez
    22º 00:04:37 Uxia Arias Framil
    23º 00:04:39 Daniela Budiño Martinez
  • POSICION   TEMPO-1000 mts.     ALEVIN HOMES
    00:03:25 Joel Curro Pereira
    00:03:27 Carlos López Menduiña
    00:03:35 Yago Juncal Alfaya
    10º 00:03:40 Carlos Corredoira Herbello
    13º 00:03:47 Diego Martínez Vilas
    14º 00:03:50 Antón Núñez Molanes
    16º 00:03:54 Manuel Lemos Gómez
    25º 00:04:10 Ruben Lemos Gómez
    27º 00:04:16
  • POSTO   TEMPO-500 mts     BENXAMIN MULLERES
    00:01:55 Lara Iglesias Suarez
    00:02:02 Lucia Gil Fernández
    00:02:04 Gema Dacosta Magdaleno
    00:02:05 Leire Fonseca González
    11º 00:02:07 Noa Nerga Martínez
    12º 00:02:08 Sara  Nerga   Martínez
    13º 00:02:09 Iris Malvido Pardavila
    18º 00:02:17 Nerea Malvido Pardavila
    31º 00:02:43 Nerea Rial Piñeiro
  • POSICION TEMPO-250 mts BENXAMIN HOMES
      00:01:47     Sergio Valladares Barreiro
      00:01:50     Raul Rial Lemos
    12º   00:02:03     Ángel Graña Bellanato
    21º   00:02:11     Eloy Domínguez de Río
  • POSICION   TEMPO-250 mts    
    MINIBENXAMIN MULLERES
      00:01:06     Leire Brun Fernandez
      00:01:06     Alba del Valle Santamarina
      00:01:13     Sabela Domínguez Hermelo
    10º   00:01:20     Noa Quinteiro Pena
  • POSICION   TEMPO-250 mts     MINIBENXAMIN HOMES
    22º   00:01:40     Marcos Rial Lemos    

RESULTADOS VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET

Cangas 29 de novembro de 2015.

     Por estas datas correse o risco en Galicia de organizar unha carreira e rematar afogado baixo a chuvia. Está claro que temos a fama pero hoxe non levamos o proveito. Día soleado, frío tamén, que axudou a que a afluencia o VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET fora moi significativa. Preto de 350 nen@s encheron o barrio de Nazaret de ledicia, deporte e compañerismo. As probas dos Pitufos (3-4-5 anos) foron as máis concurridas, pero as outras categorías Prebenxamin e Benxamin non se quedaron atrás. 

A primeira proba da mañan OS ALEVINS, sobre un percorrido de 850 mts. remataron da seguinte forma RESULTADOS ALEVIN.


nazaret2015 056


Para completar o circuito de 600 mts OS BENXAMINS deron dúas voltas, arrincando os aplausos do público co seu «bo correr».  RESULTADOS BENXAMIN


nazaret2015 077


A categoría PREBENXAMIN foi de longo das máis numerosas. Nun abrir e pechar de ollos completaron a volta do percorrido, vaia vitalidade. Este foron os  RESULTADOS PREBENXAMIN

Chegaba o protagonismo para os PITUFOS, con percorridos de 80, 100 e 120 mts. Sorte que a saída era en costa, se non algun non da tempo a sacarlle a foto. Menuda canteira temos no morrazo.


nazaret2015 126


Para rematar a festa os PAIS e NAIS tamén aportaron o seu grao de area. Correron e deron exemplo os seus fillos de que o importante e participar. Non sei se o creron. RESULTADOS PAIS-NAIS

Ata o ano amig@s!!!

VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET.

     Este domingo, día 29 de novembro, terá lugar unha nova edición () do CROSS ESCOLAR CEIP. NAZARET, evento organizado pola ANPA. NAZARET e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas,  a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar no entorno da Barriada de Nazaret, trascorrerá en horario de 10.00/12.30 h, e nel prevese a participación de máis de 300 atletas, achegados dende diferentes clubs e centros escolares da comarca do morrazo.


pLANO-page0001


Este ano como novidade incluese no programa unha carreira de pais/nais (seran catro voltas do circuito-1100 mts.). Se non hai imprevistos o comezo será as 10’00 horas. A orde das carreiras vai ser:

  1. ALEVINS
  2. BENXAMINS
  3. PREBENXAMINS
  4. 3 ANOS
  5. 4 ANOS
  6. 5 ANOS
  7. PAIS/NAIS

10403215_1484634828508434_3514422580508071231_n


CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO.

Bastiagueiro, 22 de novembro de 2015

     As pistas do INEF de Bastiagueiro acolleron o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO. Este pásado domingo foi a primeira toma de contacto dos marchadores co tartán na recente tempada. Tamén se toparon con chuvia e  frio,  máis tiveron que mostrar as pernas. Xa sabedes que na marcha os xeonllos teñen que estar a vista. 

Na proba benxamín feminina Lara Iglesias proclamouse Campiona.  Gema Dacosta foi Subcampiona e as irmans Iris e Nerea Malvido remataron e 5ª.  Foi a proba con máis amarel@s.  


Foto1


Na categoría alevín tivemos en mulleres a Nerea Nogueira, que rematou 5ª na carreira de 2000 mts.  Na sección másculina Denis Fernández  acadou con solvencia o Campionato Galego aventaxando en minuto e medio o seguinte clasificado. Iria Nieto conseguiu a medalla de bronce e foi a única representante na categoría infantil feminina.

Para remate Valería Fernández estreouse na categoría cadete acadando o subcampionato galego. Nos resultados situana como cuarta pero as dúas marchadoras anteriores foran dobladas.  As veces non chega con loitar dentro da pista. A todo isto queda inaugurada a páxina atletas destacados 2015/16.


Foto2