CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA
Ourense, 23 de febreiro de 2020
A pista cuberta de Expourense vestiuse coas suas mellores galas para acoller o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA. Un total de sete amarel@s foron participes neste Campionato. Ana Cerqueira deu comezo coas series de 60 m.l., pasando a semifinal cun tempo de 8,54, na seguinte quenda mellorou o tempo, 8,50, pero non progresou a final. Martin Souto mediuse en duas probas de velocidade, o atleta promesa foi 6º na serie de 60 m.l. e 5º na de 200 m.l., con tempos de 7,80 s. e 25,35 s. non puido pasar as seguintes eliminatorias. Ariadna Gil pusolle color a participación amarela, neste caso foi BRONCE, o acadado na final de triple salto cun rexistro de 11,43. Esta marca suponlle mínima para o Campionato de España SUB 20 a disputar en Sabadell. Este concurso pasoulle factura, na semifinal de 60 m.v. progresou a final pero non puido disputala por problemas físicos. Saray Amoedo foi 6ª na final de triple salto e 8ª no concurso de lonxitude. Pechaba a participación feminina Sabela López, coa final do concurso de pértega. Rematou en 8º posto cun rexistro de 2,32 m.
Lope Quinteiro foi 7º na final de 800 m.l., supoñendo un importante test de cara a sua participación no Campionato de España SUB 18 en Valencia. Quedou preto da mínima Juan Piñeiro, quen foi 6º no concurso de lonxitude. Realizou un salto de 6,52 m. Moitos parabens para @s nos@s embaixadores en Galicia i España, gracias por poñer en valor a diplomacia amarela.
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA
Este vindeiro domingo 23 de febreiro terá lugar na pista de Expourense o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA. Contaremos coa presenza de vari@s amarel@s. No tocante a sección masculina competiran Martin Souto ( 60 ml e 200 ml), Lope Quinteiro (800 ml) e Juan Piñeiro (Lonxitude). A representación feminina sera por parte de Ana Cerqueira (60ml), Ariadna Gil (60 mv e Triplo) Saray Amoedo (Lonxitude e Triplo) e Sabela López (Pértega). Este será o punto álxido da Pista Cuberta na presente tempada a nivel autonómico.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA
Salamanca, 15 de febreiro de 2020
A Pista Cuberta Carlos Gil Pérez acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Neste evento participou a nosa promesa Saray Amoedo, concretamente na final de triple salto. Realizou un concurso moi regular no que rematou en 7º lugar, cun mellor salto de 11,20 m. Parabens para ela e para o seu adestrador por este gran posto.
CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE
Portas, 15 de febreiro de 2020
Pechabase o circulo no programa XOGADE de Campo a Través. Moito nivel no autonomico, estivo a crema das categorías escolares. Os amarelos solventaron notablemente o trámite, algún ou algunha correu de máis para rematar canto antes coa tempada de Cross. Tres equipos corrían e tres equipos subiron ao podio, de xeito individual duas victorias na categoria Sub 12 masculina e feminina. Os púpilos de Calvar deron o callo e cumpliron na competición. So nos queda felicitalos por ese gran traballo de equipo e agora a continuar coa pista cuberta, isto é un non parar.
SUB 12 FEMININO ( subcampioas galegas ) 36 puntos
SABELA CASTELO 1ª – LEIRE BRUN 7ª – ANA CORDEIRO 27ª- LEIRE FERNANDEZ 33ª – ESTELA RAÑA 34ª – ERICA NOVAS 37ª

SUB 14 MASCULINO ( campions galegos) 46 puntos
HUGO DOMINGUEZ 10º –– SAUL CASAS 15º – OSCAR CASAS 16º – BRAIS PINTOS 40º – DIEGO GARCIA 42º.

SUB 14 FEMININOS ( bronce galego) 58 puntos
MAIALEN FERNANDEZ 5ª – LUCIA GIL 29ª –– GORETTI CARBALLAL 30ª – IRIS MALVIDO 35ª– NEREA MALVIDO 44ª – SARA NERGA 54ª

SUB 12 MASCULINO
HUGO COLLAZO 1º

SARAY VIAXA AO NACIONAL SUB 23
A vindeira fin de semana, 15-16 de febreiro disputase en Salamanca o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. A nosa promesa Saray Amoedo vai competir na final do Triple Salto, engrosando as once mellores marcas nacionais. A data da proba será o sábado 15 sobre as 19:50 horas. So nos queda desexarlle unha boa viaxe e moita sorte na competición.
CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18
Vilagarcia, 09 de febreiro de 2020
As Pistas do Complexo Deportivo de Fontecarmoa acolleron o CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE LANZAMENTOS SUB 16 / SUB 18. Durante toda a xornada os participantes evidenciaron as suas habilidades no manexo do lanzamento de disco, xavelina e martelo. Probas técnicas que requiren dun continuo adestramento e aprendizaxe. Neste contexto se moven, desde hai anos, os nosos representantes. Na categoría SUB 16 participou Erea Bastón, quen rematou SUBCAMPIOA GALEGA no lanzamento de disco cun rexistro de 30.20 m.
Estreaba categoria SUB 18 Aaron Otero cun lanzamento de 38.23 m. no martelo, supusolle proclamarse SUBCAMPION GALEGO. So nos queda felicitalos polos logros acadados, sodes GRANDES lanzadores.
PLAN DE VIAXE A PORTAS
O vindeiro sábado 15 de febreiro vai ter lugar no circuito de A Azucareira en Portas (Pontevedra) a fase final do Campo a Través do programa XOGADE. Alí se mediran @s clasificad@s nas fases prevías e pugnaran polo CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE, tanto de maneira individual coma por equipos. Pola nosa parte acudirán tres equipos e individualmente HUGO COLLAZO da categoría SUB 12. O autobús partirá da estación de Cangas as 09:15 h.
- ALEVIN (sub 12) FEMININO.- SABELA CASTELO- LEIRE BRUN- ESTELA RAÑA- ERICA NOVAS- LEIRE FERNANDEZ- ANA CORDEIRO.
- INFANTIL (sub 14) MASCULINO.- HUGO DOMINGUEZ- OSCAR CASAS- BRAIS PINTOS- SAUL CASAS- DIEGO GARCIA- JUAN GALLEGO.
- INFANTIL (sub 14) FEMININO.- MAIALEN FERNANDEZ- LUCIA GIL- IRIS MALVIDO- GORETTI CARBALLAL- SARA NERGA- NEREA MALVIDO.

CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA
A Coruña, 08 de febreiro de 2020










Debe estar conectado para enviar un comentario.