O derradeiro sábado de maio disputouse no CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE. O atletismo veterán afrontaba unha importante cita ao aire libre da que foi participe o atleta Juan Iglesias. Competiu na categoría M50 e sumou duas premiacions a sendas participacions, en 400 m.l. e 800 m.l. Rematou a volta a pista en 1:02.90, acadando a medalla de BRONCE, e foi SUBCAMPION GALEGO de 800 m.l. cun tempo de 2:21.65. Boa maneira de gañar anos no atletismo, parabens.