Ribeira, 12 de xuño de 2021
A localidade de Ribeira acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS SUB10 E SUB 12. Outra xornada maratoniana que foi dividida en catro tramos horarios para distribuir aos participantes entre a maña e a tarde. O primeiro equipo en competir foron as mulleres Sub 10, moitas delas debutantes. Acadaron a medalla de BRONCE e prometen moitas tardes de gloria.
SUB 10 MULLERES ( 3º Posto.- 67.5 puntos.)
- CAMILA ENRIQUEZ, 6ª 50 m.l.
- EMMA COLLAZO, 1ª 500 m.l.
- LENA CURRAS, 1ª 1000 m.l.
- ALICIA GONZALEZ, 5ª Marcha
- IRIA FERNANDEZ, 3ª Salto de Lonxitude
- ESTELA BASTON, 6ª Salto de Altura
- ROSA MARCOS, 6ª Lanzamento de peso
- MALENA CALVAR, 8ª Lanzamento de Pelota
Remataba a xornada de maña coa participación dos homes Sub 10, finalmente un só punto restou a posibilidade de ocupar o terceiro posto. Fabuloso traballo que terá recompensa máis cedo que tarde.
SUB 10 HOMES ( 4º Posto.- 69 puntos.)
- BRAIS GARCIA, 6º 50 m.l.
- SAMUEL CORRALES, 2º 500 m.l.
- ANGEL REFOJOS, 1º 1000 m.l.
- ALAN MALVIDO, 6º Marcha
- XABIER FERRAL, 8º Salto de Altura
- SENEN SOAGE, 10º Salto de Lonxitude
- ALEJANDRO FERNANDEZ, 2º Lanzamento de peso
- TEO FERNANDEZ, 7º Lanzamento de Pelota
Coa chegada da tarde entraba en acción a categoría Sub 12, onde se notou non cubrir algunhas probas. Tanto mulleres coma homes acadaron o posto 11º, eso sí, para a próxima máis e mellor.
SUB 12 MULLERES ( 11º Posto.-62 puntos)
- ERICA NOVAS, 8ª 50 m.l.
- NOAH PINTO, 3ª 500 m.l.
- NAHIA PINTOS, 10ª 1000 m.l.
- AITANA BROULLON, 9ª Salto de Altura
- SARA CASTRO, 6ª Salto de Lonxitude
- LEIRE FUENTES, 9ª Lanzamento de peso
- ZOE FERNANDEZ, 11ªLanzamento de Pelota
SUB 12 HOMES ( 11º Posto.-54.5 puntos)
- IKER RIAL, 4º 50 m.l.
- GABRIEL FAZANES, 3º 500 m.l.
- MARCOS RIAL, 11º 1000 m.l.
- MIGUEL FERNANDEZ, 4º Salto de Lonxitude
- BREO FERNANDEZ, 11º Salto de Altura
- AMARO BASTON, 8ºLanzamento de peso