CAMPIONATO GALEGO SUB 16 POR EQUIPOS AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 22 de maio de 2021

     As pistas do CGTD de Pontevedra converteronse no epícentro do atletismo galego. Concentrou no sábado 22 os Campionatos Galegos para as categorías Sub 20 e Sub 16 por equipos. Pola maña foi Ariadna Gil a botarlle unha man ao At. Celta no equipo Sub 20 e pola tarde tocaba loitar con eles para achegarnos ao noso obxectivo. Agradecerlle públicamente a man que nos botou Ariadna Gil pola tarde para levar a cabo esta complexa competición por equipos. Partía o equipo feminino Sub 16 co cuarto mellor estadillo, en canto a marcas presentadas. Loitabase con Clubes que presentaban equipos compensados con filiais, e por suposto, a hora de elexir moi ben compensados. Cal era o obxectivo enton, pois sinxelo SER AS MELLORES.



       Esa era a teoria, na practica tiñamos un Campionato moi reñido por diante, con grandes rivais, que coma nos, tiñan moito traballo e esforzo tras de si. Cristina Taboada inaugurou a participación amarela  na proba de lanzamento de xavelina, rematou 3ª cun lanzamento de 21.66 m. Ariadna Becerra participou finalmente no concurso de altura, saltou 1,25 e sumou 2 puntos para o equipo cun 7º posto. Noa Piñeiro facia o mesmo posto na carreira de 300 m valados. Carmen Fraga remataba 5ª na velocidade, 100 m.l. Uxia Sánchez repetia o mesmo posto na proba de 600 m.l.  Gema Dacosta venceu no peso,  Carmen Fraga 4ª na lonxitude e Lucia Gil 4ª nos 1000 m.l. Estabamos no Ecuador da competición e o equipo rondaba o podio alternado o cuarto e terceiro posto, para nada queriamos a medalla de chocolate. As seguintes probas afianzaron a posición do equipo no podio, da man de Nerea Malvido que entrou 2ª nos 3000 m., Agata Rodríguez 1ª nos 300 m.l., Iris Malvido 5ª en pértega, Gema Dacosta 1ª en disco e Sara Nerga 6ª en 1500 m. obstáculos.



     Tiñamos máis preto os postos de cabeza, pero tamén catro probas por diante.  Agata Rodríguez foi 5ª nos 100 m.v., acusou o pouco tempo de recuperación coa outra proba pero sumou uns puntos importantes para non descolgar o equipo. Iris Malvido 3ª en 3000 m. marcha e Lucia Gil 4ª no triplo colocaron ao equipo na terceira plaza a un so punto do At. Celta e a Atletica Lucense. Mentras todo isto ocorria, Noa Nerga comezaba no concurso de lanzamento de martelo, e vaia comezo, no primeiro lanzamento asegurou a victoria, por riba dos 33 metros. As matemáticas fixeron o demáís, Vila de Cangas Campion Galego Sub 16. Parabens a todo o equipo e  adestradores, foi un titulo loitado ata o final.



Deja una respuesta