CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

Ourense, 14 de marzo de 2021

    O domingo chegaba o Campionato máis importante, a nivel autonomico, na Pista Cuberta de Expourense.  Ariadna Gil concursaba no triple salto, acadando o SUBCAMPIONATO GALEGO. Foi un concurso bastante irregular, que podería supoñer unha mellora na marca de non ser por un nulo inexistente. Tamén participou nos 60 mv, onde chegou algo tocada fisicamente. Pasou a final da proba pero non puido disputala por mor das molestias.



    No seguinte concurso, o salto de pértega participou Martina Paramosquen rematou en 7ª posición. Tamén estaba clasificada para este concurso a atleta SUB 14 Helena Bello, quen finalmente non competiu por problemas no nocello e a proximidade do Campionato Galego Sub 14.  Pola medodia rematou o Hexathlon SUB 16, onde Diego Martínez acadou a medalla de BRONCE, cunha puntuación de 2683, que lle supon mellorar a sua marca persoal.



     Lope Quinteiro disputou a final A dos 800 m.l. rematando no 4º posto, cun tempo de 1:59.78. Desta forma deixamos Expourense ata a vindeira fin de semana na que esta previsto o CAMPIONATO GALEGO SUB10-SUB 12 e SUB 14 de pista cuberta.



 

CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 13 de marzo de 2021

        O sábado de maña daba comezo o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA en Expourense. Tería continuidade co CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS  a disputar entre o sábado e o domingo, máis o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO que ocupaba a xornada do domingo. A representación máis numerosa era para este sábado e comezaba ben temprano, co concurso de triple salto, onde Lucia Gil remataba en 5ª posición na final, con 9,32 m. e mellora na marca persoal. Ao mesmo tempo Iris Malvido participaba na final de pértega, rematando sen marca ao non poder franquear o liston en 2,06. Nas series de 60 m.l. participaron Agata Rodríguez, con 8,72, Claudia Carcer con 9,00 e Carmen Fraga con 8,99. A que máis preto estivo de progresar a final era Marieta Lourido, con 8,64, que finalmente sería 9ª a só unha centesima dos postos da final. Juan Gallego tamén quedou nas semifinais do 60 m.l., con 8,39.



    A xornada matinal remataba coa participación dos irmans Lemos na final da pértega. Ambos melloraron a sua marca, para Manuel Lemos, con 2,54 supuso a medalla de BRONCE. Ruben Lemos, con 2,44, rematou 4º.



    As carreiras de 60 m.v. valados acolleron a tres atletas Agata Rodríguez, que pasou a final sendo primeira na sua serie, o mesmo que Gema Dacosta. Noa Piñeiro, foi 3ª na semifinal e non acadou o pase a final.   Na disputa dos metais, Agata Rodríguez foi a mellor rematando en 9,87 e acortando a sua marca de maneira considerable. Gema Dacosta foi 5ª na final, con 10,33. A final do concurso de peso proporcionou o CAMPIONATO GALEGO a Gema Dacosta, con 11,77, mellor marca persoal e 3ª mellor marca Nacional do ano SUB 16. Este será o curriculum de Gema Dacosta no vindeiro Campionato de España SUB 16 que se vai disputar en Oviedo. A sua compañeira Claudia Carcer acadou a medalla de BRONCE con 8,87. Entre todas estas probas daba comezo Diego Martínez o Hexathlon da categoría SUB 16 masculina, o cal remataría na xornada do domingo coincidindo co CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO.


CAMPIONATO GALICIA MEDIO FONDO- FONDO SUB 16 /SUB 18

Pontevedra, 06 de marzo de 2021

    As pistas do CGTD de Pontevedra vivían este pasado sábado outra xornada pletórica. Dous Campionatos Galegos e un Control da FGA tiñan ateigado o tartan pontevedres. No Control foron moit@s @s amarel@s que oficializaron as suas marcas, coa vista posta nos vindeiros Campionatos Autonómicos. Neste caso, foron @s SUB 16 que se medían no CAMPIONATO GALEGO DE MEDIO FONDO- FONDO. Na proba de 600 m.l. correron Uxia Sánchez e Lucia Gil, rematando 6ª e 7ª respectivamente no computo global. Na carreira de 1000 m.l. Carlos López acadou o 5º posto e Iris Malvido foi 15ª. A proba máis longa da xornada, 3000 m.l., disputouna Nerea Malvido, acadando o 10º posto. O vindeiro sábado 13 de marzo continuará a andaina da categoria SUB 16, neste caso,  na pista cuberta de Expourense co Campionato Galego.



CAMPIONATO GALEGO SUB 18-SUB 20 E SUB 23 PISTA CUBERTA

Ourense, 28 de febreiro de 2021

    A última fin de semana de febreiro, ademáis de bo tempo, trouxo unha actividade atletica inusual. Hai que ir collendo o ritmo da competición,e a iso nos adicamos. O sábado 27 de febreiro achegamos preto de trinta atletas ao II CONTROL DE INVERNO DA FGA, que se celebrou no CGTD de Pontevedra, sendo paralela a disputa dos Campionatos Galegos de 400-800 e 1500 m. das categorias SUB 20 e SUB 23. Alí proclamouse Campión Galego de 800 m. da categoria SUB 20 Lope Quinteiro. As pistas do CGTD tamen acolleron o Campionato Galego de Lanzamentos SUB 16 e SUB 18, onde Gema Dacosta acadou a victoria no concurso de lanzamento de disco.



    Outra tanda de lanzadoras de xavelina desprazouse a Lugo para participar na COPA DEPUTACION DE LUGO. Para o domingo, tocaba viaxar ata Expourense, agardabanos a Pista Cuberta con participación nas categorías SUB 20 e SUB 23.  No concurso de triple salto participaron Ariadna Gil e Saray AmoedoAs condicións eran propicias, de feito, Ariadna acadou a sua mellor marca con 11.55 e proclamouse Campioa Galega SUB 20. Saray comezou superando os 11 metros, pero despois do segundo salto acusou molestias nun pe. Este lastre fixo mella no seu rendemento no concurso, rematou Subcampioa Galega SUB 23, con 11,03.  Ariadna non puido completar os saltos para participar na final de 60 m.v., onde rematou Subcampioa Galega SUB 20, con 9,72 s, tamén mellor marca. Saray tiña pendente a final da Lonxitude, despois do primeiro salto as molestias agudizaronse e tivo que retirarse, ainda así coa marca acadada (4,45) foi Subcampioa Galega SUB 23.



    Martina Paramos reencontrabase coa competición, na final do salto de pértega SUB 23. Non lle foi mal, rematou Campioa Galega, compartindo premiación coa atleta que empatou na altura de 2,37. Daniel Calvar tamén foi Campión Galego de pértega SUB 23, despois participou nunha final «fallida» dos 200 m.l., a fotofinish non funciou e había que repetir a final. Non tivo folgos para correla. En resumo, grato recordo nos deixan nesta volta as competicions. O mes de marzo ven cargado de Campionatos, dos que agardamos ser participes. Cuidadevos moito.



VOLTAMOS COS ADESTRAMENTOS

     A partir das 00:00 horas do día 17 de febreiro cambian as normas que afectaban aos adestramentos do deporte federado. Retomase tamén a competición autonómica, polo cal, comezaremos de novo os adestramentos no Estadio Municipal de Cangas. Segundo estas novas pautas da Xunta de Galicia @s atletas e adestradores estan xustificados, cunhas certas condicions, para desprazarse ao lugar de adestramento e as competicions. De cara aos HORARIOS dos grupos de Calvar, quedaran da seguinte forma:



CESE DE ADESTRAMENTOS

    Para dar cumplimento as restriccións publicadas o dia de hoxe no DOGA, informamos que temos que CESAR os adestramentos. As medidas aprobadas teñen vixencia ata o 17 de febreiro incluido. Agardamos unha evolución favorable e poder retomar canto antes a «normalidade». Unicamente continuaran cos adestramentos @s atletas que teñan competicions nacionais. A FGA elaborou un protocolo, en concordancia coa Xunta de Galicia, para ter coñecemento d@s atletas afectad@s. 

     As categorias que adestran con Calvar teran información de rutinas elaboradas por idades. So nos queda animarvos a manter a actividade ao aire libre, e por suposto estamos a vosa disposición para calquera consulta. ATA PRONTO…



NOVOS HORARIOS DE ADESTRAMENTO

      Desde as 00:00 horas do xoves 21 de xaneiro hai novas normas que nos afectan directamente. Coas novas restriccions SUSPENDENSE as competicións autonomicas e os peches perimetrais que afectan a Bueu, Moaña, Pontevedra e Vigo impediran cos atletas/ adestradores que residan nestas localidades se movan ata Cangas. No caso dos adestramentos se adaptarán, de tal maneira, que a partir do luns 25 de xaneiro nos rexiremos polo seguinte horario:



    Nestas franxas adestraremos en grupos de catro, repartidos nas instalacións do Estadio Municipal. Os atletas afectados polo peche perimetral, enviaremoslle os adestramentos a través dos grupos de whatsapp. Agardamos que non se prolonguen moito estas medidas.


TORNEO DE REIS

Pontevedra, 5 de xaneiro 2021

      Primeira competición para esta tempada 2021, bueno a primeira foi o control de Pista Cuberta en Ourense, onde tamén estivemos. Retomando a novidade, de seguro que foi a primeira competición para amarel@s que cambiaron de categoría co novo ano, dou fe. Tamén, de seguro, que fixo unha maña moi refrixerada na Capital da Provincia. No deportivo imos detallar aos participantes do noso Club por categorías. Neste caso, os homes SUB 10 participaron nos 50 m.l. con Samuel Corrales 1º, Angel Refojos 3º e Xabier Ferral 9º. As mulleres participaron na mesma proba e remataron con Emma Collazo 1ª, Lena Curras 4ª e Noa Camaño 15ª



   Na categoría SUB 12 estreabase Aitana Broullon, quen a falta de tempos da primeira serie, foi 6ª nos 60 m.l. Nas probas de medio fondo, 1000 m.l. para a categoria SUB 14 proseguiu o bo facer d@s amarel@s, en mulleres Sabela Castelo foi 1ª i en homes Hugo Collazo 1º, Hugo Domínguez 3º e Brais Pintos 7º.



     Rematabamos a participación amarela coa categoria SUB 16, os homes correron os 300 m.l. con Diego Martínez 5º e Carlos López 6º. a sección feminina estivo representada por Agata Rodríguez 2ª en 60 m.v. e no lanzamento de peso Gema Dacosta e Claudia Carcer foron 1ª e 2ª respectivamente. Bo comezo de ano, con roscón incluido para os gañador@s.



FIN DE TEMPADA

Cangas, 30 decembro 2020

     O penultimo día do ano, aproveitamos o adestramento para entregar un agasallo para @s atletas destacad@s na presente tempada. Como a situación na que estamos require de responsabilidade, individual e conxunta, achegamos aos nosos atletas unhas mascarillas personalizadas co escudo e colores do Club. Despois adestramos un pouco para contrarestar o efecto «polvoron». Vemonos na vindeira tempada, que agardamos sexa máis normal.



CAMPIONATO CLUBS PROBAS COMBINADAS DE INVERNO

Pontevedra, 26 e 27 de decembro de 2020

 

      Celebrouse nas pistas do CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO CLUBS PROBAS COMBINADAS DE INVERNO para categorías desde SUB 16 ata MASTER. Sen poder formar equipo, presentouse Diego Martínez, participando do Hexathlon da categoría SUB 16. Solventou as probas de maneira NOTABLE, acadando o 2º posto no global das probas.



     No tocante as probas, rematou os 60 m.l. en 8,23 s., saltou 4,79 m. en lonxitude, lanzou 9,90 m. en peso, correu os 60 m.v. en 10,51 s., superou o liston de altura a 1,45 m. e recorreu os 1000 m.l. en 3:39.24. A suma final de puntos foi 2.451. Noraboa Diego, longa vida aos combineros.