CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA

Ourense, 10 de marzo de 2018

     A pista de Expourense deu conta do peche da tempada indoor en Galicia. A prometedora categoría dos SUB 16 tivo a oportunidade de coñecer as virtudes destas instalacións. En xornada de tarde disputaronse as probas do CAMPIONATO GALEGO SUB-16 PISTA CUBERTA, no que participaron 11 amarel@s. Ainoa Santos estreouse no lanzamento de peso, con 10.16 foi 4ª a poucos centimetros do bronce. Maria Rial non progresou a semifinal de 60 m.l. con 8.87, pero si concursou na final de triple salto, onde rematou 6ª con 9.77. Ana Cerqueiro e Noelia Villaverde, si que obtiveron o pase a semifinal de 60 m.l. con tempos de 8.61 e 8.66 respectivamente. Non puideron pasar a final, Noelia Villaverde foi 6ª e Ana Cerqueiro 8ª en sendas semifinais.



     Adan Dacosta tamén pasou a primeira rolda dos 60 m.l. e caeu na semifinal despois de acadar o 6º posto. Sabela López foi 4ª no concurso de salto de pértega, chegando ata 2.17. Ainda que empatou coa terceira, un salto nulo sobre 2.17 privouna de subir ao podio. Iván Iglesias disputou a final dos 600 m.l. rematando en 13º posto cun tempo de 1:42.81. O concurso de lanzamento de peso masculino acaparou a nosa atención coa participación de tres amarelos. Lope Quinteiro proclamouse CAMPION GALEGO con 13.44, Aaron Otero foi 4º con 12.10 e Manuel Otero foi 12º con 9.19. Voltaría a vencer na proba dos 1000 m.l. Lope Quinteiro parando o crono en 2:40.24. Este excelente tempo o situa coma o segundo no Ranking Nacional nesta distancia. Despois deste subidón quedaba a proba dos 60 m.v., onde Colomba Carballal rematou 6ª na semifinal, polo cal non puido progresar a final.



RESULTADOS


Deja una respuesta