Archivo de la etiqueta: Campionato de España
CAMPIONATO ESPAÑA SUB-16 PISTA CUBERTA
Sabadell, 17 e 18 de marzo de 2018
Tiñamos confianza na participación de Lope Quinteiro no CAMPIONATO ESPAÑA SUB-16 PISTA CUBERTA. Partía coa segunda marca do ranking nacional nos 1000 m.l. e na final do concurso de peso loitaría cos mellores cadetes de España. O sábado disputou a semifinal dos 1000 m.l. e clasificouse coma primeiro da sua serie, ollo ao paso polos catrocentos en 59 s., unha aposta arriscada que lle deu o paso a final en 2:40. Tras este primeiro e importante trámite quedaban as finais para o domingo. Na final dos 1000 m.l. Lope Quinteiro rematou en 2:39.09, a súa mellor marca, medalla de prata e SUBCAMPION DE ESPAÑA. Iso si que é unha virtude, facer a mellor marca na final do Campionato de España.
Evidentemente este logro eclipsou a particiapción na final de peso, onde rematou no posto 11º, cun lanzamento de 12.89. Agardamos disfrute destes intres de ledicia e intuimos que nos deixará máis tardes de gloria. NORABOA, coma dirían os teus contemporaneos «eres el p**o amo».
LOPE VIAXA A SABADELL
A pista cuberta Josep Molins de Sabadell acollerá esta fin de semana o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-16 DE PISTA CUBERTA. Supón o peche das competicións baixo cuberta a nivel nacional. En excelente estado de forma física e mental vai acudir Lope Quinteiro. Coa filosofía de nada que perder e moito que gañar, disputará as probas de 1000 m.l. e lanzamento de peso. Un atleta polivalente que corre os 1000 en 2:40 e lanza a bola ata os 13,50 mts. Estaremos seguindo de preto a sua evolución no Campionato, máis desexarlle boa viaxe e un chisco de sorte.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA
Ourense 3 e 4 de marzo de 2018
A pista cuberta de Expourense esta amosando unha actividade frenetica. A primeira fin de semana do mes de marzo acolleu o XLV CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA. Os clubes do noroeste da peninsula agradecemos esta cercania e tamén é de xustiza polos moitos viaxes que temos no lombo. Na procura de loitar cos mellores foron tres amarelos. O sábado competiu Daniel Armada nos 60 m.l., na primeira rolda acadou o 5º posto con 7.22. Pasaban os tres primeiros, máis non foi mal tempo só unha serie bastante rápida. Daniel Calvar participou nos 200 m.l., cun tempo de 23.44, quedou a un segundo do corte para progresar a seguinte rolda.
O domingo na final do concurso de triple salto estivo Saray Amoedo, quen rematou 9ª cun salto de 11,02. Quedou a un suspiro de entrar na mellora pero outra vez será. Moi digno colofón a tempada de pista cuberta, que nos deixa unha expectativa moi alta para o aire libre.
RESULTADOS
PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA
Esta vindeira fin de semana, 3 e 4 de marzo, vai ter lugar na pista cuberta de Expourense o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA. A pista ourensana acollerá a preto de 500 atletas, entre eles/as a TRES amarel@s. Daniel Armada competirá nos 60 m.l., Daniel Calvar nos 200 m.l. e Saray Amoedo no Triple Salto. Gracias as novas tecnoloxias poderemos seguilos desde o sofa:
EMISION EN DIRECTO
Tamén achegamos as modificacións realizadas no HORARIO e as LISTAS DE SAIDA para o seguimento dos resultados, só nos queda desexarlle suerte e que disfruten da experiencia.
NOVO HORARIO
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO ESPAÑA LANZAMENTOS LONGOS E MARCHA POR FEDERACIONS
Disputouse en Castellón, esta pasada fin de semana, o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS. Na categoría SUB 20 participaba Manel Iglesias. Non tiña claro que puidera entrar ata a última semana pero non lle quitaron as gañas. Amosou no Campionato que estar entre os mellores de España non foi casualidade. Excelente concurso de lanzamento de xavelina, onde de maneira moi regular superou os 50 mts. A marca final foi de 53.10, acadando un meritorio 4º posto. Agora mesmo esta situado no cuarto posto do ranking nacional con esta marca, que ademáis supon mínima para o Campionato de España SUB 20 ao Aire libre. Desexamolle unha longa e fructifera estadía na élite, NORABOA.
A localidade de Burjassot acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA. Coma compoñente da SELECCION GALEGA na categoría SUB 16 participou Ana Piñeiro. Disputou a proba de 5kms. e rematou 9ª na xeral. Para o equipo ese posto computou coma 7º e aportou uns valiosos puntos que alzaron a Galicia ata a medalla de BRONCE por equipos. Repite posto o combinado galego, o cal sumado a medalla de ouro da categoría SUB-20, afianza o valor da marcha galega a nivel nacional.
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA
Salamanca, 10 de febreiro de 2018
Debe estar conectado para enviar un comentario.