Archivo de la etiqueta: Campionato de España
CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE
Torrent, 01 de xullo de 2017
A nosa promesa máis prometedora viaxou a Torrent co gallo do CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE. Non quiso faltar e acadaou a mínima «in extremis». O sabado 1 de xullo, Raquel Villa disputou a final do lanzamento de peso, na mesma acadou o pase a mellora e rematou en 7º posto cun mellor lanzamento de 12.18 m.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE
Murcia, 01 e 02-xullo-2017
Parece que lle colleron gusto as terras murcianas Ana e Valería. Fai apenás 15 días formaban parte da selección galega que competía en Lorca, e agora a cita era na cidade de Murcia, que acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE. O sábado día 1 de xullo estreouse Valeria Rodríguez no Campionato, disputaba o Lanzamento de Martelo. Nesta final lanzou o artefacto ata os 39.37 m., non puido entrar na mellora e rematou no posto 17º.

Na xornada de maña do domingo foi cando disputou Ana Piñeiro os 3 kms marcha, e anda se os disputou, ata case a derradeira volta andivo no grupo de cabeza. Ao remate foi quinta cun tempo de 15:06.79. Para outro día máis fresco deixará baixar dos 15 minutos. Poñia o punto e final Valeria Rodríguez coa final de lanzamento de peso, nun concurso bastante discreto que rematou con 10.17 no posto 19º. Nos tiña acostumados a superar os 11 metros, pero cando non sae non hai que facerlle
CAMPIONATOS DE ESPAÑA DA FIN DE SEMANA
Esta vindeira fin de semana, do 1 e 2 de xullo, imos ter tres amarel@s en dous Campionatos de España. En Murcia vaise disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE, no mesmo estarán Ana Piñeiro, participando nos 3kms marcha e Valeria Rodríguez, nos concursos de peso e martelo. Por outra parte, Raquel Villa, vai participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE, na proba de lanzamento de peso. A localidade valenciana de Torrent será a sede do Campionato.
RESULTADOS EN DIRECTO PROMESA
RESULTADOS EN DIRECTO CADETE

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBRE
Getafe, 24 e 25 de xuño de 2017
Todo un luxo poder contar con tres amarelos no CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBRE. Durante a fin de semana do 24 e 25 de xuño disputaron un total de cinco probas na localidade madrileña de Getafe. As probas de velocidade, 100 e 200 m.l. foron as que realizou Dani Calvar. Non puido progresar a semifinal dos 100 m.l. cun rexistro de 11.70 s, tampouco pasou da primeira rolda nos 200 m.l. con 23.29 s.
No concurso de pértega estreouse na competición David Lorenzo, rematou no posto 17º con 3,92 m. Disputou tamén a semifinal dos 400 m.v. acadando o 4º lugar na mesma con 56.41 s. Non obtivo praza na final.
A final do lanzamento de xavelina contou coa presenza de Manel Iglesias. Cun mellor lanzamento de 48,73 m. rematou no posto 15º. En xeral foron marcas discretas, lonxe das que viñan acadando. Noraboa rapaces, xa que esta feito o camiño a por outro obxectivo.


PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL
Durante os días 24 e 25 de xuño o Estadio Juan de la Cierva, en Getafe, vai albergar o CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL AO AIRE LIBRE. Imos contar con tres amarelos, que participaran nun total de cinco probas. Daniel Calvar vai disputar os 100 e 200 m.l., David Lorenzo, os 400 m.v. e a pértega e Manel Iglesias o lanzamento de xavelina. Estaremos moi atentos a evolución de todos eles.
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS AUTONOMICAS
Durante a pasada fin de semana celebrouse en Lorca (Murcia) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS AUTONOMICAS. O sábado 17 de xuño, Ana Piñeiro realizaba a súa mellor marca nos 3000 m. marcha. Rematou o percorrido en 15:04.21, acadando a medalla de prata nesta proba e aportando uns valiosos 16 puntos para o equipo. A outra amarela na selección feminina foi Valeria Rodríguez que acadou o 5º posto no lanzamento de peso con 11.27 mts. A sección feminina rematou en quinto posto sumando 212 puntos.
Lope Quinteiro foi o representante amarelo no combinado masculino, participou no peso e cun mellor lanzamento de 12.02 rematou 10º. O equipo dos homes foi 8º cunha suma de 169.5
SELECCION GALEGA CADETE
O vindeiro 17 e 18 de xuño vaise disputar en Lorca (Murcia) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS AUTONOMICAS da categoría CADETE. Unha vez rematado o Campionato Galego desta categoría, conformouse a SELECCION GALEGA que representará a nosa Comunidade en tan importante evento. Hai tres amarel@s que foron elexidos, Ana Piñeiro para a Marcha. Lope Quinteiro e Valeria Rodríguez para o lanzamento de peso. Agardamos lle senten ben estas novas cores, e por suposto disfruten da experiencia, PARABENS.
CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL-INDIVIDUAL
Valladolid, 3 e 4 de xuño de 2017.













Debe estar conectado para enviar un comentario.