2ª XORNADA INFANTIL- CADETE

Nesta agradable mañá de primavera, na que o sol decidiu lucir con ganas para agasallarnos co primeiro moreno-torrado da tempada, fomos ata Balaidos – Vigo para que os nosos atletas, e os demais, tiveran a segunda oportunidade de mellorar a súa marca ou clasificarse para o provincial.

A mañá comezou con una das probas de resistencia, 3 km de marcha. Os que participaron nela tiveron moita sorte, xa que os rapaces que fixeron os 3000 m.l. tiveron a dificultade engadida do sol do mediodía que os deixou sen forzas, secos e con dificultades para respirar. Pero a pesar de todo temos que felicitar a Noelia Graña pola boa carreira que fixo, a pesar de ir con cadetes que rematou 2ª absoluta, 1º da categoría infantil.
Por parte dos organizadores escoitamos que non se deberían facer estas probas tan duras nesas horas nas que o sol castiga máis. Pola nosa parte esperamos que se faga realidade polo ben dos atletas

Outras valéronse de ir de “cu” para mellorar a súa marca e quedar primeira no lanzamento de disco. Talía nun dos seus lanzamentos desestabilizouse e tivo a boa sorte de caer para atrás sen facer nulo e non lesionarse.
Resultados:v100410

Os nosos atletas quedaron así:
Infantil mulleres.
Esmeralda Corredoira Herbello: 5ª en marcha, 14ª en altura
Lucía Piedras Gómez: 6ª en marcha, 10ª en 80 m.l., 11ª en triplo
Paula Martínez Fernández: 1ª en 80 m.v., 5ª en lonxitude, 15ª en altura Seguir leyendo

XVI XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 9 de abril de 2010

O Club Atletismo Vila de Cangas tivo o privilexio de organizar no día de hoxe a xa XVI edición das Xornadas de Atletismo base, coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.
A participación foi aberta a todos os rapaces das categoría minibenxamín, benxamín e elevín, tanto nenos coma nenas, dos colexios dos arredores, aínda que tamén se permitía a participación doutros rapaces de fora.
Todas as probas estiveron baixo o control técnico do ilustrísimo Comité de xuíces da Delegación de pais e nais de atletas do club, así como baixo o control dos “veteranísimos “ atletas das categorías superiores. Foi tal o éxito que o xuíz árbitro non tivo que atender ningunha reclamación.
Hai que recoñecer que o tempo, nesta ocasión, aliouse con nós. Foi moi agradable, soleado e caluroso, cun pouquiño de vento que as veces ata se agradecía.

Estiveron representados case todos os colexios do Morrazo, e algún outro de fora: San Roque, A Rúa, Castrillón,Nazaret, E. Pondal, Compañía de María, Virxe Milagrosa, San Narciso, Hío, Torre- Cela, Montemogos, A Pedra, Sagrada Familia…
O campión da categoría alevín masculino foi Jorge Piñeiro Garrido, do colexio do Hío. O segundo foi Adrián Outeiral Vilas, do Compañía de María e o terceiro foi Pedro Osorio, do colexio S. Xoan.
Na mesma categoría, pero en mulleres, a vencedora foi Saray Amoedo Portabales, do colexio San Narciso. Seguiuna Noa García Prieto do Sagrada Familia e Mª Jesús Corredoira Herbello, do Virxe Milagrosa.
Ismael Otero Martínez, do colexio Montemogos, gañou na categoría benxamín masculina, siguido de Carlos Pérez Bacelar (A Pedra) e Antar Pérez (A Rúa).
O San Narciso volveu a gañar entre as benxamíns mulleres coa su representante Sandra Souto Otero. Ariadna Gil Fernández e Valeria Fernández Blanco foron segunda e terceira, respectivamente. Ambas son do colexio Nazaret.
A categoría con máis participantes foi a minibenxamín masculino. Aquí gañou Miguel Tato ( Cia de María), seguido de Lope Quinteiro Pena ( S. Roque) e Anxo Tenreiro González ( A Rúa).
Por ultimo só nos quedan as mulleres máis pequenas. A campiona foi Ainoa Santos Piñeiro (San Roque); a subcampiona foi Laura Magdaleno Cabral ( A Rúa) e a terceira Ágata Rodríguez Jalda (Castrillón).
Todos os rapaces saíron das pistas de atletismo cunha medalla colgada e unha boa merenda comida.
RESULTADOS:
minibenxamin-mulleres
minibenxamin-homes
alevin-homes
alevin-mulleres1
benxamin-homes1
benxamin-mulleres1

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS

O Club Atletismo Vila de Cangas estará no campionato galego absoluto de clubs, tanto na categoría feminina como na masculina.
O campionato será o 17 de abril en Lugo, nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera.
Tanto na categoría feminina como na masculina, os atletas do noso club deberán enfrentarse aos seguintes clubs: Gimnástica de Pontevedra, ADAS Proinor, San Fernando Lucus, Academia Postal, Ría Ferrol, Celta e Narón.

II XORNADA ATLETISMO PISTA INFANTIL – CADETE

Este sábado 10 de abril, nas pistas de atletismo de Balaidos, en Vigo, terá lugar a segunda xornada de atletismo en pista ao aire libre escolar infantil – cadete.
Tal e como pasaba coa anterior xornada que se celebrou en Pontevedra, esta é clasificatoria para o campionato provincial da categoría infantil. Como xa sabedes serán as 16 mellores marcas collidas de ambolas dúas xornadas.
Para os cadetes, en cambio, a súa clasificación para o provincial non será do mesmo xeito. Terán que acadar unhas mínimas das que xa falaremos no seu momento.
Polo de agora, quedádevos conque o sábado os infantiles e máis os cadetes competiredes en Vigo. Sairá un autobús de Cangas ás 9 da mañán e viaxarán con nós os do Morrazo.
Aquí tendes o horario das probas:20100410horario

TROFEO RECONQUISTA DE VIGO

Vigo, 28 de marzo de 2010.
A Asociación Viguesa de Atletismo organizou este domingo o XI Trofeo de Reconquista de Vigo. Aínda que houbo probas para todas as categorías moitos dos nosos atletas preferiron ir a bendicir o ramo, ou a durmir, pois esta noite tivemos unha hora menos de sono.
A xornada transcorreu sen incidencias e como anécdota, únicamente, dicir que cando ían dar a saida aos 2000 m. obstáculos, déronse conta de que non encheran a ría e tivo que aprazarse a saída.

resultados-reconquista-201003281

XORNADA INFANTIL – CADETE

Este sábado 27 foi a fase zonal en pista para a categoría Infantil e houbo algunhas probas para os cadetes como marcha, xavelina, martelo, disco e triplo/e salto.
Este zonal fíxose en Pontevedra. A pesar de que cando chegamos estaba todo mollado, o sol foise animando e deixounos unha mañá moi agradable e soleada.

Esta xornada caracterizouse pola cantidade moi numerosa de atletas que foron as probas de lanzamentos en contra dos 1000 metros obstáculos, o que só foi un neno. Tal vez a razón fora que nelas participaban os cadetes pero inda así chamou a atención que ninguén máis se animase a participar ou en marcha na que so ían dous homes
Escomezou a xornada con marcha e martelo e algúns atletas non tiñan case tempo de ir dun lanzamento a outro.

Houbo una atleta que se quedou en branco e cando lle tocou de saltar o triplo non se acordaba de cómo se facía e iso que quentara e non era a súa primeira vez ¡¡¡Cousas que pasan!!!
Pero si a alguén hai que felicitar polos resultados desta xornada, esa é Alexia, que conseguiu mellorar a súa marca persoal en altura ata 1’45 m.
Resultados:resultados_i__xornada_deporte_escolar_infantil_e_cadete

Resultados dos nosos:
Infantil mulleres;
Esmeralda Corredoira Herbello: 4ª en marcha, 12ª en altura
Lucía Piedras Gómez: 5ª en marcha, 5ª en triplo, 10ª en 150 m.l.
Johana Villar Parada: 1ª en martelo, 6ª en disco, 4ª en peso Seguir leyendo

ZONAL INFANTIL-CADETE E TROFEO DA RECONQUISTA

Este sábado, en Pontevedra, terá lugar a primeira fase para os infantiles, clasificatoria para o campionato provincial. Entre esta fase e a que terá lugar en Vigo o 10 de abril, sarirán as 16 mellores marcas que irán ao campionato provincial. Tamén nesta xornada se farán algunhas probas para os cadetes. Para esta última categoría, os resultados non clasifican para o provincial.
Aquí tendes o horario coas probas que hai en cada categoría:horario-i_xornada_infantil_cadete_270310
Por outra banda, o domingo delebrarase en Vigo o Trofeo da Reconquinta, organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo. Consultade horario e probas aquí:horario-reconquista

CONCENTRACIÓN DE MARCHA

Mar Chillón Camaño, Iria Piedras Gómez, Ángel Menduiña Gutiérrez e Rebeca Obenza Otero. Estes son os atletas do Vila de Cangas que están invitados á concentración de Semana Santa do sector de marcha. Dita concentración trancorrerá entre o sábado 27 de marzo e o martes 30. Será no albergue Fundación Ramón González Ferreiro, en Allariz.

Na circular que sigue pódese ver todo o que necesitan presentar os atletas no momento da súa incorporación, así como baixar a autorización da participación. circular_29-20101

SELECCIÓN GALEGA CADETE DE CAMPO A TRAVÉS


Dous atletas do Vila de Cangas formarán parte da selección galega cadete de campo a través. Trátase de Jesús Parcero Ríos e Tomás Ocaña Pazos. Ambos viaxarán este fin de semana a Albacete.
Xunto con estes dous atletas tamén viaxarán os outros compoñentes da selección, que son: Miguel Otero ( Cuntis), Ayoub Nagihi ( ADAS), Adrián Bouza (Ría Ferrol), Ero Doce ( Ría Ferrol), Javier Castro (Universidade de Santiago) e Xavier Legaspi (Elite Noia).