XORNADA INFANTIL – CADETE

Este sábado 27 foi a fase zonal en pista para a categoría Infantil e houbo algunhas probas para os cadetes como marcha, xavelina, martelo, disco e triplo/e salto.
Este zonal fíxose en Pontevedra. A pesar de que cando chegamos estaba todo mollado, o sol foise animando e deixounos unha mañá moi agradable e soleada.

Esta xornada caracterizouse pola cantidade moi numerosa de atletas que foron as probas de lanzamentos en contra dos 1000 metros obstáculos, o que só foi un neno. Tal vez a razón fora que nelas participaban os cadetes pero inda así chamou a atención que ninguén máis se animase a participar ou en marcha na que so ían dous homes
Escomezou a xornada con marcha e martelo e algúns atletas non tiñan case tempo de ir dun lanzamento a outro.

Houbo una atleta que se quedou en branco e cando lle tocou de saltar o triplo non se acordaba de cómo se facía e iso que quentara e non era a súa primeira vez ¡¡¡Cousas que pasan!!!
Pero si a alguén hai que felicitar polos resultados desta xornada, esa é Alexia, que conseguiu mellorar a súa marca persoal en altura ata 1’45 m.
Resultados:resultados_i__xornada_deporte_escolar_infantil_e_cadete

Resultados dos nosos:
Infantil mulleres;
Esmeralda Corredoira Herbello: 4ª en marcha, 12ª en altura
Lucía Piedras Gómez: 5ª en marcha, 5ª en triplo, 10ª en 150 m.l.
Johana Villar Parada: 1ª en martelo, 6ª en disco, 4ª en peso
Alexia Vidal Martínez:1ª en altura, 1ª en lonxitude e 3ª en 80 m.v.
Paula Martínez Fernández: 4ª en 80 m.v., 8ª en altura, 8ª en lonxitude
Noelia Graña Casas: 1ª en 1000 m.l., 5ª en 80 m.v., 6ª en lonxitude
Patricia Torres Ferradás: 5ª en disco, 5ª en peso, 5ª en xavelina
Noa Rouco Baqueiro: 2ª en 500 m.l., 2ª en 80 m.l, 14ª en lonxitude
Eva Otero Pastoriza: 5ª en 500 m.l., 9ª enn 150 m.l., 3ª en triplo
Estela Costas Gandón: 2ª en 1.000 m.l., 3ª en 150 m.l., 7ª en triplo
Carla Bernárdez miranda:1ª e4n xavelina, 2ª en peso, 3ª en lonxitude
Ana Antepazo Regueira: 7ª en 150 m.l., 5ª en lonxitude, 6ª en 3.000 m.l.
Cadete homes:
Pablo Castro Chapela: 2º en martelo, 2º en disco
Infantil homes:
Raúl Dacosta Santomé:1º en 150 m.l., 1º en triplo, 3º en lonxitude
Anxo Rodal Arca: 3º en peso, 4º enn 80 m.l., 15º en lonxitude
Eloy Guimeráns Sobreira: 2º en 1000 m.l., 8º en 150 m.l., 17º en lonxitude
Óscar Broullón Sotelo: 2º en peso
Óscar Iglesias Menduiña: 3º en 1000 m.l., 3º en 150 m.l., 3º en xavelina, 4º en triplo
Cadete mulleres:
Talía García Prieto: 2ª en disco, 3ª en xavelina
Noelia Cousiño Camaño: 5ª en disco, 4ª en xavelina
Antía román Sotelo: 1ªen xavelina6ª en disco

Deja una respuesta