Moaña, 20 de outubro de 2024
A contorna do parque de A Xunqueira en Moaña acolleu a primeira carreira do programa XOGADE de Campo a Través. Foi nunha data bastante adiantada e as categorias que competian faciano na correspondente a vindeira tempada 2025. Asi, nos atopamos con moit@s debutantes na categoría benxamín. A orde de entrada na carreira feminina de estas atletas nadas nos anos 2015/16 foi a seguinte: Anxela Caballero 1ª, Elba Cordeiro 6ª, Antia Rodríguez 8ª e Noelia Caamaño 14ª.
A sección masculina estivo encabezada por Laurent Graña 1º, Samuel Lorenzo 2º, Lucas Figueroa 3º, Adrián Capelo 4º e Pepe Garcia 8º. Cos resultados acadados ambos equipos se clasificaron para o Campionato Provincial os homes cun primeiro lugar e as mulleres no segundo posto.
Na categoria alevin venceu Mar Fazanes a proba feminina, seguida por Claudia Romero 3ª, Sofia Corrales 6ª, Sara Barros 7ª, Emma Salgado 9ª e Lucia Ruiz 15ª. A proba masculina tamén tivo un amplo domiño amarelo da man de Alex Carballo 1º, Adrián Calvar 2º, Hugo Lorenzo 3º, Xose González 6º e Pedro Juncal 7º. Progresaron os dous equipos ao seguinte Campionato tras estas magnificas actuacions.
A carreira con máis participación amarela foi a que disputaron na categoria infantil feminina, alí, venceu Lena Currás, Emma Collazo 3ª, Nora Parcero 4ª, Elodie Graña 5ª, Vera Boubeta 7ª, Noa Pedrido 9ª, Maria Marcos 11ª, Carla Salgado 12ª, Sofia Capelo 13ª, Iria Fernández 16ª e Noa Caamaño 17ª. Os homes estiveron liderados por Daniel Cordeiro 1º, Brais Garcia 3º, Alejandro Fernández 4º e Angel Vázquez. Pase ao Campionato Provincial acadado polos equipos.
Ana Oliveira foi 2ª na carreira cadete seguida por Noah Pinto 5ª, Noa Lorenzo 6ª e Sara Castro 7ª. Marcos Rial gañou a proba masculina acompañado no podio por Miguel Fernández 2º e Gabriel Fazanes 3º. Con esta categoría completouse a clasificación de todos os equipos que participaron. Dabamos así remate a unha clásica maña de Cross con tempo otoñal que lle deu máis mérito ao esforzo realizado pol@s atletas. Agora toca chegar o mellor posible ao Campionato Provincial, Parabens para tod@s.