Esta competición levarase a cabo o 20 de outubro de 2024 no Parque da Xunqueira en Moaña na contorna das Pistas de Atletismo. A proba está destinada ás seguintes categorías: benxamín (2017-2016), alevín (2015-2014), infantil (2013-2012) e cadete (2011-2010) nenos e nenas. As carreiras organizáranse por categorías e por xénero.
Realizarase unha clasificación individual, segundo a orde de entrada en meta, e outra por equipos; para cada unha das categorías. A clasificación por equipos será elaborada só cos atletas (6 máximo) dos equipos que entren na meta co mínimo esixido para clasificar, que é de tres (en cadetes) ou catro (no resto de categorías) atletas por entidade. Sumaranse os postos destes tres/catro, resultando vencedor o equipo que menos puntos sume. En caso de empate resultará vencedor o equipo que teña o mellor posto individual.
De acordo co HORARIO das probas será preciso estar cunha antelación suficiente a carreira a disputar(UNHA HORA MINIMO)