A Estrada, 29 de marzo de 2019
Archivo de la categoría: General
COMEZA O XOGADE EN PISTA
Este vindeiro sábado 30 de marzo, nas pistas de atletismo de Balaidos, vaise disputar a primeira fase do XOGADE en pista ao aire libre. As categorías implicadas son SUB 10 e SUB 12. Adiantamos que sairá un autobus da estación de Cangas as 08:30 horas. Tamén se achega o HORARIO das probas:
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA
Sabadell, 17 de marzo de 2019
Aaron Otero estreouse nun Campionato de España na categoría SUB 16. Viaxou ata Sabadell para participar na final do lanzamento de peso. Unha vez alí, acadou o pase a mellora no concurso e rematou no posto 6º cun mellor lanzamento de 13,33 mts. Agora toca centrarse na pista ao aire libre, na cal xa ten mínimas para o peso máis o martelo.

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA
Valencia, 9-10 de marzo de 2019
No Palau Velódrom Lluís Puig disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA. O sábado pola tarde Lope Quinteiro correu a terceira serie das semifinais de 800 m.l. Despois de catro voltas quedou 4º cun tempo de 1:59.84. Pasaban a final os primeros por serie máis os dous mellores tempos. Con esta marca non puido progresar a final que se correría o domingo. Tal vez non fora a sua mellor carreira, engadido o nivel dos rivais so nos queda mandarlle animos de cara a vindeira proba.
PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA
Aaron Otero viaxará ata Sabadell para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE PISTA CUBERTA. O domingo 17 vai participar na final do lanzamento de peso, alí se medirá cos mellores lanzadores nacionais. Agardamos disfrute do Campionato e que teña unha agradable viaxe.
RESULTADOS EN DIRECTO
X CROSS ESCOLAR CEIP A RUA
A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Club de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon en coñecemento que o vindeiro día 17 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o X CROSS ESCOLAR CEIP A RUA.
A inscrición poderase facer vía e-mail na seguinte dirección: anpa.arua@gmail.com ou directamente no buzón que o ANPA ten na entrada do colexio ata o día 12 de marzo ás 14:30h. NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS O MESMO DÍA DE CELEBRACIÓN DO CROSS. SE ALGUN NENO/A QUEDOU SEN INSCRIBIR SERÁN ADMITIDOS POR ORDE DE CHEGADA ANTES DA SAÍDA DA SÚA CATEGORIA SEMPRE E CANDO QUEDEN VACANTES POR NON ASISTENCIA DALGUN INSCRITO. Premiarase con trofeo aos 3 primeiros clasificados de cada categoría.
Cada delegado encargarase de facer e repartir os dorsais coa suficiente antelación, usarase o mesmo nºde dorsal para todos os participantes do mesmo centro.No dorsal porase o nº e categoría, nome do neno e colexio.
FOLLA INSCRICION
CAMPIONATO DE GALICIA MASTER DE PISTA CUBERTA
Ourense, 03 de marzo de 2019
Xornada dominical adicada a categoria MASTER. Cunha participación moi numerosa, a pista de Expourense acolleu novamente un Campionato Galego no que contabámos con dous representantes. Belen Lemat rematou 3ª nos 800 m.l., 4ª en 400 m.l. e 6ª nos 1500 m.l. Carlos Bernárdez acadou o 6º posto no concurso de peso.

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18
Lope Quinteiro vai participar no XLI CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 DE PISTA CUBERTA, o sábado pola tarde disputará a semifinal dos 800 m.l. no Palau Velódrom Lluís Puig. No caso de progresar a final sería na xornada do domingo 10. Parte coma lider no ranking galego da distancia e agora toca presentar as credenciais no nacional, de seguro que voltará contento coa sua actuación.
RESULTADOS EN DIRECTO

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 DE PISTA CUBERTA
Madrid, 2 e 3 de marzo de 2019
A pista cuberta de Gallur en Madrid encheuse de enerxia atlética. @s mellores SUB 20 do país concurrían ao peche da tempada de pista cuberta. Daniel Calvar non puido acadar o pase as semifinais, quedou fora cun tempo de 23.21 s. na sua serie de 200 m.l.

Saray Amoedo remataba 8ª na final do triple salto. Realizou un concurso moi regular e sempre mantendo ese nivel que se procura nas citas nacionais.
CAMPIONATO GALEGO SUB 16 PISTA CUBERTA
Ourense, 02 de marzo de 2019











Debe estar conectado para enviar un comentario.