O Estadio lucense Gregorio Pérez Rivera acollía o sábado 01 de xuño o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE. O comezo do mes de xuño foi inusualmente caluroso achegando unha xornada atletica con moita calor. O autobus amarelo partía cara a Lugo as 06:30 horas, unha longa xornada nos agardaba. Preto dunha trintena de amarel@s acadaron marca mínima para disputar algunha proba de maneira individual ou por relevos.
Na categoria SUB 10 masculina participaron Miguel Fernández, 12º en lonxitude e 9º relevos 4 x 50 , Pedro González, 8º en marcha, Amaro Bastón8º en peso, David Pardavila, 13º en peso, Iker Rial 14º en 50 m.l., 10º en pelota e 9º relevos 4×50, Breo Fernández 9º relevos 4x 50 e Gabriel Fazanes 9º en relevos 4×50.
Na sección feminina Nahia Pintos rematou 11ª en marcha e 6ª en relevos 4x 50, Erica Novas foi 12ª en 50 m.l. , 12ª en 500 m.l. e 6ª en relevos 4 x 50, Aitana Broullon 14ª en 500 m.l., Noah Pinto 6ª en relevos 4 x50 e Zoe Fernández 6ª en 4 x 50.
Na categoría SUB 12 Hugo Domínguez foi Subcampión Galego de 2000 m.l. e Hugo Collazo medalla de bronce. As mulleres que acadaron premiacion foron Sabela Castelo que venceu nos 2000 m.l. e Goretti Carballal que rematou terceira no salto de altura. O equipo de relevos 4 x 60, composto por Leire Fonseca, Goretti Carballal, Helena Bello e Uxia Gil proclamouse Subcampión Galego.
Ademáis Enol Fernández foi 13º en pelota, Diego Garcia6º en marcha e 10º en relevos 4 x 60, Hugo Domínguez 10º en relevos 4 x 60, Hugo Collazo 10º en relevos 4 x 60, Brais Pintos 7º en 1000 m.l. e Unai Ferral 10º en relevos 4 x 60.
Compretaron a participación Leire Brun 15ª en 2000 m.l., Leire Fonseca 11ª en 60 m.l. e 8ª en 500 m.l., Goretti Carballal 6ª en peso, Alba Del Valle 5ª en pelota e 14ª en altura, Candela Castro 7ª en pelota, Uxia Gil14ª en 1000 m.l., Noa Quinteiro 11ª en peso e Helena Bello 11ª en lonxitude.
Sen ánimo de criticar, ao día seguinte, Campionato Provincial SUB 12…to be continued
Duas importantes competicions nos teran ocupados durante a fin de semana. O sábado 01 de xuño temos en Lugo o CAMPIONATO GALEGO SUB10 E SUB12. Clasificaranse as 16 mellores marcas da actual tempada d@s atletas inscrit@s. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, soamente unha poderá superar os 250 m. Un autobús sairá da estación de Cangas as 06:30 horas.
No domingo 2 de xuño disputarase o CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 12 E COMBINADAS SUB 14 no CGTD de Pontevedra. Nesta fase provincial do XOGADE tamén poden competir en duas probas, no caso de terse clasificado, máis nos relevos. O autobús partirá da estación de Cangas as 08:30 horas.
O sábado 25 de maio as pistas de Balaidos acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 E SUB 18 EN PISTA AO AIRE LIBRE. Tras o pertinente filtro das marcas mínimas, unha quincena de amarel@s tiñan oportunidade de medirse nas diferentes disciplinas atléticas. Na categoria SUB 16 contamos coa presenza de Ana Cerqueiro, que rematou 14ª no 300 m.v. e 15ª en 100 m.l. Anais Santamarina acadou o posto 12º na proba dos 3000 m.l. Carmen Castrofoi 5ª no concurso de disco e rematou 6ª no lanzamento de xavelina. Abril Entenza foi 5ª na final dos 100 m.v. Erea Bastón proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA en lanzamento de peso e no disco.
Outras duas medallas de prata acadou Aaron Otero nos concursos de martelo e peso. Adan Dacosta rematou 6º nos 100 m.l. e 11º nos 300 m.l. Ivan Iglesias acadou o 7º posto na proba de 600 m.l. e Miguel Núñez foi 6º nos 300 m.l.
Nas probas para a categoria SUB 18 puidemos ver como Ariadna Gilvencia na proba de triple salto e remataba 4ª na final de 100 m.v. Maria Rial foi 5ª no concurso de triple salto. Ines Villamor foi 16ª nos 100 m.l.
Lope Quinteiro foi CAMPION GALEGO en 800 m.l. e SUBCAMPION no peso. Alex Iglesiasrematou 8º nos 800 m.l. e Anxo Camaño acadou o 14º posto nos 200 m.l.
O sábado 25 de maio nas pistas do CGTD de Pontevedra chega a última xornada do XOGADE. Neste caso para as categorías SUB 10 e SUB 12. A vindeira proba no programa será o Campionato Provincial. Achegamos o NOVO HORARIO e máis información do Campionato.
Na mesma data, as pistas de Balaidos acolleran o CAMPIONATO DE GALICA SUB 16 /SUB 18 DE PISTA AO AIRE LIBRE. As probas ocuparan xornada de maña e tarde con importante participación amarela.
Por causas alleas a nosa vontade, vemonos obrigados a APRAZAR a proba prevista para este domingo 26 de maio. En canto dispoñamos da nova data daremosvos información dela. Só nos queda pedir desculpas polas molestias causadas.
O venres 17 de maio celebrouse en O Barco de Valdeorras o CAMPIONATO GALEGO SUB 10/12/14 POR EQUIPOS EN PISTA AO AIRE LIBRE. As duas primeiras categorías ocuparon a xornada de maña e a tarde estivo adicada para @s SUB 14. Non había escapatoria, os que foron de maña tiveron que madrugar e os da tarde non voltaron ata as 24:00 horas. Chegado o momento de conformar os equipos, a falla de efectivos, repercutiu en varias formacions que non cubriron todas as probas. Finalmente puideron suplir esa carencia con vontade e sacrificio, en poucas palabras TRABALLO DE EQUIPO.
Na categoría SUB 10 acadaron o 7º posto en homes e 5º no caso da formación feminina.
SUB 10 HOMES(7º posto.- 36 puntos)
IKER RIAL, 4º 50 m.l. e 5º relevos 4 x 60
BREO FERNANDEZ, 8º salto de lonxitude e 5º relevos 4 x 60
MIGUEL FERNANDEZ, 6º 500 m.l. e 5º relevos 4 x 60
PEDRO GONZALEZ, 5º marcha
MARCOS RIAL, 7º 1000 m.l. e 5º relevos 4 x 60
AMARO BASTON, 4º peso
GABRIEL FAZANES, S.M. salto de altura
DAVID PARDAVILA, 5º pelota
SUB 10 MULLERES (5º posto.- 28 puntos)
ERICA NOVAS, 2ª 50 m.l. e 2ª 1000 m.l.
ZOE FERNANDEZ, 3ª salto de lonxitude
AITANA BROULLON, 4ª 500 m.l.
NAHIA PINTOS, 4ª marcha
LEIRE FUENTES, 6ª peso e 7ª pelota
Na categoría SUB 12 os homes remataron preto do podio, cun 5º posto, a só dous puntos do bronce. No tocante as mulleres acadaron o 3º posto, nunha das categorías máis numerosas con 13 participantes.
SUB 12 HOMES(5º posto.- 65 puntos)
HUGO DOMINGUEZ, 1º 1000 m.l. e 3º 60 m.l.
BRAIS PINTOS, 4º peso e 3º 500 m.l.
RAFAEL VINICIUS, 12º salto de altura e 5º relevos 4 x 60
DIEGO GARCIA, 5º marcha e 5º relevos 4 x 60
UNAI FERRAL, 12º salto de lonxitude e 5º relevos 4 x 60
ENOL FERNANDEZ,8º pelota e 5º relevos 4 x 60
SUB 12 MULLERES(3º posto.- 86 puntos)
GORETTI CARBALLAL, 2ª marcha
LEIRE FONSECA, 6ª 500 m.l. e 4ª relevos 4 x 60
SABELA CASTELO, 1ª 1000 m.l. e 4ª relevos 4 x 60
UXIA GIL, 4ª relevos 4 x 60
NOA QUINTEIRO, 5ª peso
HELENA BELLO, 5ª salto de lonxitude e 7ª 60 m.l.
ANA CORDEIRO, 4ª relevos 4 x 60
ALBA DEL VALLE, 9ª salto de altura
CANDELA CASTRO, 2ª pelota
Na xornada de tarde, os homes SUB 14 loitaron polo podio ata o final, rematando no 6º posto. As mulleres acadaron o triunfo cunha puntuación de 198 puntos, o cal nos fai unha idea da cantidade e calidade do grupo.
O vindeiro domingo 19 de maio as pistas do CGTD de Pontevedra acolleran unha nova xornada do XOGADE en pista ao aire libre. As categorias implicadas son SUB 10 e SUB 12. Nas probas con sede en Pontevedra non temos dereito ao autobus.
Este vindeiro venres 17 de maio de 2019temos unha cita co CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS SUB 10/12/14. O Barco de Valdeorras será o esceario do Campionato, dividivo en xornada de maña para @s SUB 10 /12 e de tarde para @s SUB 14. Sairá un autobús da estación de Cangas as 06:45 para a xornada de maña con volta ao remate e oturo as 12:45 para a tarde. Será preciso levar algo de comida e no caso de facer a viaxe por conta propia, estar con antelación a proba a disputar (1 hora).
O vindeiro domingo 12 de maio as pistas do CGTD en Pontevedra acolleran unha nova xornada do XOGADE en Pista ao Aire libre. As probas serán en horario de maña para a categoría SUB 14. Lembrarvos que nas probas con sede en Pontevedra non temos dereito a autobús.
Esta fin de semana, a actividade atlética comezará o sabado 4 de maio nas pistas de Balaidos. Alí vaise disputar unha xornada do XOGADE para as categorías SUB 10/12. As 08:30horas partirá un autobús da Estación de Cangas con volta ao remate da competición.
O domingo 5 de maio hai unha cita co Cross Escolar e Popular do CEIP Castrillon, a partir das 10:00 horas na contorna do colexio. Na tarde dominical temos unha xornada do XOGADE para a categoría SUB 14, nas pistas de Fontecarmoa en Vilagarcia de Arousa. O desprazamento neste saco será por conta propia.
Debe estar conectado para enviar un comentario.