CAMPIONATO GALEGO CLUBS SUB 12 AIRE LIBRE

Vigo, 14 de xuño de 2025

     Esta fin de semana as pistas de Balaidos tiñan toda a nosa atención. Comezando polo sábado cun CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS AO AIRE LIBRE no que puidemos presentar un equipo feminino da categoría SUB 12, ainda así quedaban probas por cubrir. Chegado o sábado faltaron varias compoñentes do equipo polo que nos esquecemos da competividade coma grupo.



      Foron finalmente cinco amarelas as que realizaron as probas que tiñan previsto máis a remuda de 4X60 m. defendendo con decoro a honra do equipo. Emma Salgado foi 15ª nos 60 m.l. e 10ª na remuda 4 X 60 m. Claudia Romero rematou 5ª no concurso de lonxitude (MMP) e 10ª na remuda 4 X 60 m. Mar Fazanes foi 3ª no peso e 10ª na remuda 4 X 60 m. Sara Barros rematou 3ª no lanzamento de pelota e 10ª na remuda 4 X 60 m. Sofia Corrales completou a participación do equipo cun 12º posto na marcha.


CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AIRE LIBRE

Pontevedra, 31 de maio de 2025

 

     Despedimos o mes de maio cunha importante cita no CAMPIONATO GALEGO SUB 18 AO AIRE LIBRE. As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron as mellores marcas da categoria xuvenil, colándose entre elas cinco amarel@s. Marcos X. Miguez debutaba nun campionato autonómico e acadou un fabuloso 8º posto na final do concurso de altura ademáis dunha MMP.



     As representantes femeninas acharon no 400 m.l. e remudas 4×100 o seu punto de encontro. Todas elas protagonizaron unha remuda de 4X100 que lle suspuso un 8º posto no global do campionato, rematando nun crono de 53.05.


      Leire Fonseca participou en duas probas 200 m.l. e 400 m.l. proclamandose CAMPIOA GALEGA de 400 e SUBCAMPIOA de 200. Sara Marcos rematou no 8º posto dos 400 m.l. Antia Baqueiro foi 15ª nos 400 m.l. e Blanca Giráldez rematou 20ª nos 400 m.l. A camisola amarela completou innumerables voltas a pista.



CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL XOGADE

Pontevedra, 10 de maio de 2025

      O Estadio de Atletismo do CGTD de Pontevedra acolleu no segundo sábado de maio o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE da categoría SUB 14. Esta fase deu remate as xornadas previas que serviron para as clasificacions. Destacar na sección masculina a participación de tres amarelos, Alejandro Fernández venceu no lanzamento de peso acompañado dunha MMP e rematou 6º nos 80 m.l. Daniel Cordeiro tamén gañou no concurso de lonxitude, con MMP e rematou 4º nos 1000 m.l. Brais Garcia acadou no concurso de altura o posto 10º. 



     Punto e aparte se merecen as remudas mixtas na distancia de 4X80 m. o equipo A composto por Alejandro, Elodie, Emma Daniel proclamaronse CAMPIONS. No caso do equipo B foron Noa, María, Brais e Carla quenes remataron nun meritorio 5º posto. A representación feminina foi moito máis nutrida con preto dunha quincena de atletas que remataron da seguinte forma:



  • ELODIE GRAÑA – 1ª lonxitude e 80 m.l.
  • EMMA COLLAZO – 5ª 80 m.l.
  • MARIA MARCOS – 7ª 80 m.l. e 9º lonxitude
  • CARLA SALGADO – 1ª xavelina e 8ª 80 m.l.
  • NOA PEDRIDO – 7ª peso e 15ª 80 m.l.
  • SOFIA CAPELO – 6ª lonxitude e 16ª 80 m.l.
  • UXIA PORTELA – 18ª lonxitude e 20ª 80 m.l.
  • IRIA CHAPELA – 2ª xavelina e 27ª 80 m.l.
  • CAMILA ENRIQUEZ – 10 ªaltura e 41ª 80 m.l.
  • NOA CAAMAÑO – 34ª lonxitude e 44ª 80 m.l. 
  • LENA CURRAS – 2ª 1000 m.l. e 3ª lonxitude
  • AINHOA COSTAS – 22ª 1000 m.l.
  • AROA FOGLIA – 6ª peso
  • VERA BOUBETA – 3ª marcha e 7ª disco


 

PREVIA XORNADA XOGADE EN VIGO

 O vindeiro sábado 05 de abril as pistas de atletismo de Balaidos en Vigo acollen unha xornada do programa XOGADE adicada as categorías SUB 10- SUB 12 e SUB 14. Sairá un bus da Estación de Cangas as 08:45 h. onde habera cabida para @s atletas. Achegamos as LISTAS DE SAIDA, onde podedes consultar os HORARIOS e as probas a disputar por cada atleta.


RESULTADOS EN DIRECTO


SUB 10

  • ELBA CORDEIRO– 400 m.l. e pelota
  • ANXELA CABALLERO– 400 m.l. e tesoira
  • HELENA MARTINEZ – pelota
  • NOELIA CAAMAÑO – 400 m.l. e pelota
  • GALA GARCIA  –     400 m.l. e pelota
  • SAMUEL LORENZO–    400 m.l. e pelota
  • PAULO GESTIDO 400 m.l. e pelota
  • PEPE GARCIA– 400 m.l. e tesoira
  • LAURENT GRAÑA – 400 m.l. e tesoira
  • ANDER SAMPEDRO  – 400 m.l. e pelota
  • COSME VIDAL– 400 m.l. e pelota
  • ENZO MAXIMO  400 m.l. e tesoira

SUB 12

  • EMMA SALGADO– 500 m.l. e pelota
  • SOFIA CORRALES– 1000 m. marcha
  • MAR FAZANES– 500 m.l. e pelota       
  • SARA  BARROS– 500 m.l. e pelota
  • CLAUDIA ROMERO– 500 m.l. e altura
  • VERA REFOJOS– 500 m.l. e pelota
  • ZELTIA LORENA  – 500 m.l. e pelota
  • ADRIAN CALVAR–  500 m.l. e pelota
  • ALEX CARBALLO– 500 m.l. e pelota
  • XOSE BARREIRO– 500 m.l. e altura
  • PEDRO JUNCAL– 500 m.l. e pelota 
  • BRUNO GONZALEZ– 500 m.l. e pelota 

SUB 14

  • EMMA COLLAZO – 80 m.v. e lonxitude + remudas A
  • IRIA GARCIA – 80 m.v. e lonxitude
  • CARLA SALGADO – 80 m.v. e lonxitude + remudas A
  • MARIA MARCOS – lonxitude e disco + remudas A
  • CAMILA ENRIQUEZ – lonxitude
  • AROA FOGLIA – peso e disco
  • VERA BOUBETA –  marcha
  • SOFIA CAPELO – lonxitude + remudas B
  • NORA PARCERO – peso + remudas B
  • NOA PEDRIDO – peso e disco + remudas B
  • NOA CAAMAÑO –  lonxitude
  • ANA MEIJIDE – lonxitude
  • LENA CURRAS – lonxitude
  • UXIA PORTELA – lonxitude
  • DANIEL CORDEIRO – 80 m.v., lonxitude e disco
  • ALEJANDRO FERNANDEZ -peso e disco+ remudas A
  • BRAIS GARCIA – lonxitude + remudas B

 

ACTOS PRESENTACION TEMPADA 2025

 Temos unha cita no Salón de Plenos do Concello de Cangas. Deixamos atrás a tempada 2024, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 29 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 29 de marzo no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

programa do evento estará composto por:

  • – Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • – Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 29 do Club.

  • – PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

*(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada…algo caseiro. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 PISTA CUBERTA

Salamanca, 8 e 9 de marzo de 2025

 

     Importante representación de amarel@s no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20. O coche de Ramilo viaxou cargado con tres atletas e todo o necesario para encarar un heptathlon. Para Salamanca marcharon o venres e nesa cidade estreabase Diego Martínez nun Nacional de combinadas, tamén estreamos equipación (xa veredes que fotos máis chulas). A compañia eran Gema Dacosta, que concursaba no lanzamento de peso e Mauro Vázquez, quen lideraba a velocidade en Galicia. Coas sete probas das combinadas máis as probas clasificatorias a saude do adestrador viuse resentida, neste caso o fin xustifica os medios. Este foi o paso de Diego polo heptathlon, non foi a súa mellor puntuación, pero si unha competición épica onde tivo que loitar cunha contractura na perna e sacou adiante as sete probas. Non imos decir o que puido ser de non estar mancado, agardamos que poida dicilo na pista en vindeiras probas. Sendo obxectivos houbo melloras en varias marcas persoais, agora toca descansar e recuperar ben.




     Gema Dacosta colouse na final do lanzamento de peso accedendo aos postos de mellora, as marcas foron discretas pero finalmente arañou un magnifico 7º posto.



     Mauro Vazquez melloraba a marca para ir pasando as semifinais do 60 m.l., por duas veces correu en 6.89. Gracias a iso colouse na final, e vaia final, o primeiro rebaixou o record de España e Mauro mellorou o RECORD GALEGO Sub 20. Rematou 6º  cun tempo de 6.82s.



   Poideramos tirar de superstición e dicir que as equipacións novas lle deron sorte, pero somos realistas e sabemos todo o traballo que hai detrás.



  Para rematar pensamos que non lle deu moito tempo de facer turismo por Salamanca…habera que volver.

CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 PISTA CUBERTA

Ourense, 08 de marzo de 2025

     A nosa particular peregrinaxe a pista de Expourense tiña esta fin de semana un punto de inflexión. Comezabamos o sábado co CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12. A xornada de maña estivo reservada para a categoría benxamín. Nas probas masculinas competiron Samuel Lorenzo, 8º en 1000 m.l., con MMP e 36ºnos 50 m.l., Laurent Graña acadou o BRONCE no concurso de lonxitude acompñado dunha MMP e foi 5º nos 1000 m.l. tamén con MMP,, que máis lle podemos pedir, menudos atletas.



    Na sección feminina destacar o BRONCE acadado por Anxela Caballero nos 1000 m.l. con MMP ademáis de ser 11ª na lonxitude (MMP), Elba Cordeiro pechou a participación amarela, rematando 13ª nos 50 m.l. e 20ª na lonxitude.



    Despois dun parón para comer continuaba a xornada coa categoría alevín, na sección masculina participaron Alex Carballo, 9º en lonxitude (MMP) e 20º nos 60 m.l., Xose González 37º nos 60 m.l., Adrián Calvar foi CAMPION GALEGO nos 500 m.l. (MMP) e 6º no concurso de lonxitude (MMP). As mulleres estiveron representadas por Mar Fazanes 11º no peso e 22ª nos 1000 m.l., Sara Barros 17ª nos 60 m.l., Claudia Romero 13ª na lonxitude (MMP) e 37ª nos 500 m.l. (MMP)



     Demos remate a xornada do sábado co pensamento posto no domingo coa disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 14…toca dormir en Ourense.


CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS

Ordes 08/02/2025- O Barco 09/02/2025

 

    Tivemos representación no CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS nas categorias SUB 16 e SUB 20. Non tiveron a mesma sede nin a mesma data. Diego Martínez desprazouse ata Ordes para lanzar o disco acadando unha marca de 35.91 m. e rematando SUBCAMPION GALEGO da categoria SUB 20.



   A sede que acolleu a categoria SUB 16 foi O Barco de Valdeorras, onde  concursou no lanzamento de xavelina Miguel Fernández, acadando o BRONCE e unha mellor marca de 33,91 m.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Castellón, 27 de xullo de 2024

 

     O Estadio Gaeta Huguet acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 ao AIRE LIBRE.  Derradeira competición a nivel nacional na que contabamos coa presenza de Mauro Vázquez. As expectativas coa tempada do vixente Campión Galego dos 100 m.l. eran altas pero foron superadas na pista castellonense. Na primeira quenda eliminatoria  Mauro rematou nun tempo de 10,69 s, que despois mellorou na rolda de semifinais cunha MMP de 10,65. Isto supoñia ademáis o pase a final, obxectivo máis que superado para este velocista. Na final dos 100 m.l. Mauro Vázquez foi 6º cun tempo de 10,74 s. 



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18 AO AIRE LIBRE

Málaga, 06 de xullo de 2024

   Ata terras malagueñas viaxou Gema Dacosta para medirse coas mellores lanzadoras do territorio nacional. O estado de forma da amarela levouna ata unha final de lanzamento de peso onde mantivo as pobilidades de medalla ata o remate, cun mellor lanzamento de 13.98 m acadou finalmente a medalla de chocolate. Moitos parabens polos froitos que deron o esforzo e a constancia, tanto para Gema coma para @s adestradores.