CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE

Vigo, 15 de xuño de 2025

     Voltabamos as Pistas de Balaidos para dar conta do CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE. Desta volta a competición era individual e imos desgranala comezando pola sección masculina. Alejandro Fernández desquitouse do amargor da medalla de chocolate no Nacional quedando CAMPION GALEGO en lanzamento de peso máis en disco, con sendas marcas persoais, ainda tivo folgos para rematar 7º na remuda 4 X 80 m.



     Brais Garcia foi 15º nos 500 m.l. e 7º na remuda 4 X 80 m. Daniel Cordeiro protagonizou outro destacado doblete sendo CAMPION GALEGO de 1000 m.l. e SUBCAMPION GALEGO en lonxitude, ambas probas con MMP, tamén foi o terceiro compoñente da remuda 4 X 80 m. O outro participe da remuda 4 X 80 m. sería Arthur B. Nato.



     As mulleres case triplicaban a participación masculina cun total de 11 atletas. Elodie Graña gañou o BRONCE nos 150 m.l. (MMP) e rematou 7ª nos 60 m.l. Carla Salgado foi 4ª na xavelina e 24ª nos 60 m.l. María Marcos rematou 6ª nos 150 m.l. (MMP) e 9ª na lonxitude. Nora Parcero foi 14ª nos 1000 m.l. e 16ª no 150 m.l.



    Emma Collazo foi SUBCAMPIOA GALEGA en 500 m.l. e 9ª no triplo. Noa Pedrido rematou 9ª en 500 m.l. (MMP) e 7ª en peso. Sofia Capelo foi 4ª no triplo e 13ª na lonxitude. Aroa Foglia foi SUBCAMPIOA GALEGA en lanzamento de martelo e 12ª no peso. Lena Currás foi CAMPIOA GALEGA de lanzamento de xavelina e Iria Fernández ocupou o segundo escalón detrás da sua compañeira con MMP, Vera Boubeta foi 9ª na marcha. Vaia xornada nos deron a categoría INFANTIL, parabens a tod@s pola sua implicación.



Deja una respuesta