Pontevedra, 22 de maio de 2021
Archivo de la categoría: General
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 POR EQUIPOS
O vindeiro sábado 22 de maio, en xornada de tarde, o equipo Sub 16 feminino disputará o CAMPIONATO GALEGO SUB 16. Loitaran con equipos reforzados cos filiais, cousa que pora en valor, un pouco máis, o resultado final. Achegamos o HORARIO definitivo e información destacable do Campionato. Ademáis das atletas inscritas temos duas reservas, para suplir incidencias, que son CLAUDIA CARCER e MARTA CAMAÑO. Se fora preciso engadir máis compoñentes ao equipo poderiase facer o mesmo día, polo cal vos pedimos que apuntedes as instruccions do Adestrador ao respecto.
INFORMACION DO CAMPIONATO

RESULTADOS EN DIRECTO
EQUIPO SUB 16 FEMININO
- CARMEN FRAGA, 100 m.l. e Lonxitude
- AGATA RODRIGUEZ, 300 m.l. e 100 m.v.
- UXIA SANCHEZ, 600 m.l.
- LUCIA GIL, 1000 m.l. e Triple Salto
- SARA NERGA, 1500 Obst.
- NEREA MALVIDO, 3000 m.
- NOA PIÑEIRO, 300 m.v.
- IRIS MALVIDO, Pértega e 3000 m. Marcha
- MARIETA LOURIDO, Salto de Altura
- GEMA DACOSTA, Lanzamento de Peso e Disco
- NOA NERGA, Lanzamento de Martelo
- CRISTINA TABOADA, Xavelina
CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB 12 E SUB 14
Ourense 20 de marzo de 2021
Coa chegada da primavera a tempada da Pista Cuberta chega oa seu fin. Expourense acolleu o Campionato Galego das Categorías Menores. Coma ven sendo norma, diputabanse baixo teito as probas de velocidade e os concursos. Para as probas de máis percorrido reservouse outra data ao aire libre. Cabe destacar a alta participación nas carreiras de velocidade, 50 e 60 m.l. A categoria Sub 10 estivo liderada en mulleres por Emma Collazo, quen rematou 4ª cun tempo de 8.51. En homes Angel Refojos foi 7º, con 8.57, Brais Garcia con 9.19 rematou no posto 31º, Alejandro Fernández correu os 50 en 9.58 e Xabier Ferral en 9.82. O concurso de lonxitude resultou o máis premiado desta categoria, Lena Curras, cun magnifico salto de 3,52 m. proclamouse Campioa Galega de Lonxitude. Samuel Corrales acadou o Subcampionato, cun mellor salto de 3,43 m. Alan Malvido pechaba a participación dos benxamins cun 8º posto na final do lanzamento de peso.
As probas de velocidade da categoría Sub 12 son de 60 m.l. na Pista Cuberta. Iker Rial correu en 9.64 e acadou o posto 27º, das mulleres a máis rápida foi Erica Novas 9.70, Aitana Broullon 10.08 e Nahia Pintos 10.13. Miguel Fernandez completou a participación dos alevins cun 8º posto no concurso de lonxitude.

A velocidade na categoria infantil estivo liderada por Hugo Dominguez, quen con 8.88 acadou o posto 27º, Hugo Collazo rematou en 9.14, Unai Ferral en 9.43 e Diego Garcia 9.93. Nas mulleres Estela Raña cruzou a meta en 9.62. Da man de Helena Bello chegou a victoria no concurso de pértega cunha supermarca de 2,62 m. que lle outorgaba o RECORD GALEGO. Noa Quinteiro tamén atopou recompensa co Subcampionato Galego de lanzamento de peso, ao achegar a bola ata os 8,13 m.Goretti Carballal participou en duas probas, rematou 4ª no salto de altura (1,34 m.) e 9ª nos 60 m.v. (11.29 s).

PREVIA DO CAMPIONATO SUB 10-SUB12 E SUB 14 PISTA CUBERTA
Este vindeiro sábado 20 de marzo terá lugar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO SUB 10-SUB12 E SUB 14 PISTA CUBERTA. Na situación actual, só acollerá probas de velocidade e concursos, as probas de medio fondo e fondo se disputaran o 28 de marzo no CGTD de Pontevedra. No enlace que achegamos do Campionato (páxina FGA) iran actualizando a información do mesmo (Listas de Saida, cámara de chamadas…), si ben e importante acudir con tempo antes do inicio da proba (1 hora) e ter en conta que o paso polo túnel da Cañiza está pechado no sentido a Ourense. Para entrar na Pista só se autorizará aos atletas (coa declaración responsable) e aos adestradores/ delegados (Calvar e Mari), no caso de ter que comunicar algo, habría que facerllo chegar a eles. Por último, pregase comunicar canto antes calquera baixa na participación.
INFORMACION DO CAMPIONATO
SUB 10
- ANGEL REFOJOS, 50 m.l.
- BRAIS GARCIA , 50 m.l.
- SAMUEL CORRALES, Lonxitude
- ALEJANDRO FERNANDEZ, 50 m.l.
- ALAN MALVIDO, Peso
- LENA CURRAS, Lonxitude
- EMMA COLLAZO, 50 m.l.
- XABIER FERRAL, 50 m.l.
SUB 12
- NAHIA PINTOS, 60 m.l.
- AITANA BROULLON, 60 m.l.
- IKER RIAL, 60 m.l.
- MIGUEL FERNANDEZ, Lonxitude
- ERICA NOVAS, 60 m.l.
SUB 14
- NOA QUINTEIRO, Peso
- HUGO COLLAZO, 60 m.l.
- DIEGO GARCIA, 60 m.l.
- ESTELA RAÑA, 60 m.l.
- GORETTI CARBALLAL, 60 m.v. e altura
- HELENA BELLO, Pértega
- HUGO DOMINGUEZ, 60 m.l.
- UNAI FERRAL, 60 m.l.

CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA
Ourense, 13 de marzo de 2021
O sábado de maña daba comezo o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA en Expourense. Tería continuidade co CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS a disputar entre o sábado e o domingo, máis o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO que ocupaba a xornada do domingo. A representación máis numerosa era para este sábado e comezaba ben temprano, co concurso de triple salto, onde Lucia Gil remataba en 5ª posición na final, con 9,32 m. e mellora na marca persoal. Ao mesmo tempo Iris Malvido participaba na final de pértega, rematando sen marca ao non poder franquear o liston en 2,06. Nas series de 60 m.l. participaron Agata Rodríguez, con 8,72, Claudia Carcer con 9,00 e Carmen Fraga con 8,99. A que máis preto estivo de progresar a final era Marieta Lourido, con 8,64, que finalmente sería 9ª a só unha centesima dos postos da final. Juan Gallego tamén quedou nas semifinais do 60 m.l., con 8,39.
A xornada matinal remataba coa participación dos irmans Lemos na final da pértega. Ambos melloraron a sua marca, para Manuel Lemos, con 2,54 supuso a medalla de BRONCE. Ruben Lemos, con 2,44, rematou 4º.

As carreiras de 60 m.v. valados acolleron a tres atletas Agata Rodríguez, que pasou a final sendo primeira na sua serie, o mesmo que Gema Dacosta. Noa Piñeiro, foi 3ª na semifinal e non acadou o pase a final. Na disputa dos metais, Agata Rodríguez foi a mellor rematando en 9,87 e acortando a sua marca de maneira considerable. Gema Dacosta foi 5ª na final, con 10,33. A final do concurso de peso proporcionou o CAMPIONATO GALEGO a Gema Dacosta, con 11,77, mellor marca persoal e 3ª mellor marca Nacional do ano SUB 16. Este será o curriculum de Gema Dacosta no vindeiro Campionato de España SUB 16 que se vai disputar en Oviedo. A sua compañeira Claudia Carcer acadou a medalla de BRONCE con 8,87. Entre todas estas probas daba comezo Diego Martínez o Hexathlon da categoría SUB 16 masculina, o cal remataría na xornada do domingo coincidindo co CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO.
TORNEO DE REIS
Pontevedra, 5 de xaneiro 2021
Primeira competición para esta tempada 2021, bueno a primeira foi o control de Pista Cuberta en Ourense, onde tamén estivemos. Retomando a novidade, de seguro que foi a primeira competición para amarel@s que cambiaron de categoría co novo ano, dou fe. Tamén, de seguro, que fixo unha maña moi refrixerada na Capital da Provincia. No deportivo imos detallar aos participantes do noso Club por categorías. Neste caso, os homes SUB 10 participaron nos 50 m.l. con Samuel Corrales 1º, Angel Refojos 3º e Xabier Ferral 9º. As mulleres participaron na mesma proba e remataron con Emma Collazo 1ª, Lena Curras 4ª e Noa Camaño 15ª
Na categoría SUB 12 estreabase Aitana Broullon, quen a falta de tempos da primeira serie, foi 6ª nos 60 m.l. Nas probas de medio fondo, 1000 m.l. para a categoria SUB 14 proseguiu o bo facer d@s amarel@s, en mulleres Sabela Castelo foi 1ª i en homes Hugo Collazo 1º, Hugo Domínguez 3º e Brais Pintos 7º.
Rematabamos a participación amarela coa categoria SUB 16, os homes correron os 300 m.l. con Diego Martínez 5º e Carlos López 6º. a sección feminina estivo representada por Agata Rodríguez 2ª en 60 m.v. e no lanzamento de peso Gema Dacosta e Claudia Carcer foron 1ª e 2ª respectivamente. Bo comezo de ano, con roscón incluido para os gañador@s.
FIN DE TEMPADA
Cangas, 30 decembro 2020
O penultimo día do ano, aproveitamos o adestramento para entregar un agasallo para @s atletas destacad@s na presente tempada. Como a situación na que estamos require de responsabilidade, individual e conxunta, achegamos aos nosos atletas unhas mascarillas personalizadas co escudo e colores do Club. Despois adestramos un pouco para contrarestar o efecto «polvoron». Vemonos na vindeira tempada, que agardamos sexa máis normal.
CAMPIONATO CLUBS PROBAS COMBINADAS DE INVERNO
Pontevedra, 26 e 27 de decembro de 2020
Celebrouse nas pistas do CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO CLUBS PROBAS COMBINADAS DE INVERNO para categorías desde SUB 16 ata MASTER. Sen poder formar equipo, presentouse Diego Martínez, participando do Hexathlon da categoría SUB 16. Solventou as probas de maneira NOTABLE, acadando o 2º posto no global das probas.
No tocante as probas, rematou os 60 m.l. en 8,23 s., saltou 4,79 m. en lonxitude, lanzou 9,90 m. en peso, correu os 60 m.v. en 10,51 s., superou o liston de altura a 1,45 m. e recorreu os 1000 m.l. en 3:39.24. A suma final de puntos foi 2.451. Noraboa Diego, longa vida aos combineros.
MILLA SOLIDARIA ANEDIA
Pontevedra, 14 de novembro de 2020
As Pistas do CGTD en Pontevedra acolleron a VII MILLA SOLIDARIA ANEDIA. Para as categorías menores programaronse probas de 500 e 1000 m. De cara a limitación na participación foi realizado un sorteo que perfilou definitivamente as probas. Na categoria SUB 10 de mulleres, Emma Collazo foi 1ª, Nahia Pintos 3ª, Aitana Broullon 7ª e Leire Fuentes 12ª. Na categoria masculina Gabriel Fazanes foi 3º e Samuel Corrales 7º. Con estes tempos acadados nos 500 m.l. escalan postos no ranking galego da proba.
Na categoria SUB 12, repetiron distancia, as mulleres lideradas por Sabela Castelo 1ª, Noah Pinto 10ª e Zoe Fernández 12ª. Hugo Collazo venceu a carreira masculina, con Miguel Fernández 6º e Iker Rial 10º. Neste caso, aos vencedores, tamén lle supon liderar o ranking galego na distancia. Pechouse a participación coa carreira de 1000 m.l. na categoria SUB 14, onde Lucia Gil foi 9ª en feminas e os homes estiveron representados por Hugo Domínguez 1º e Brais Pintos 10º
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 14
Madrid, 24 e 25 de outubro de 2020













Debe estar conectado para enviar un comentario.