A Delegación de Vigo da FGA acheganos o RANKING ALEVIN das diferentes fases prevías do XOGADE. As 16 mellores marcas por proba poderan disputar o Campionato Provincial que se vai celebrar en Vigo o sábado 14 de maio. Xa esta publicado o LISTADO ADMITIDOS (actualizado).
Archivo del Autor: Oscar
CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR INFANTIL
Pontevedra, 07 de maio de 2016
Este pasado sábado as pistas do CGTD de Pontevedra albergaron o Campionato Provincial do programa XOGADE. Catro fases prevías foron a antesala da final de Pontevedra. Na categoría infantil participaron 11 homes e 8 mulleres. De seguro que remataron ben relaxados, despois dunha xornada de maña na que moitos completaron 3 probas máis o relevo.

O computo global de podios acadados no Campionato sumou 27 medallas. Na sección feminina foron 5 de ouro, 3 de prata e 3 de bronce. Mentras que os homes conseguiron 6 ouros, 6 pratas e 4 de bronce. Tal coma esta a economía entrariamos de cheo no IBEX-35.

Os artifices foron:
INFANTIL MULLERES.-
- Ainoa Santos 2ª disco , 1ª peso, 2ª martelo e 1ª relevos.
- Ana Piñeiro 1ª marcha e 3ª xavelina
- Anais Santamaría 8ª 500 m.l. e 12ª altura
- Sara Mallo 2ª 1000 m.l. , 5ª lonxitude e 5ª triple salto.
- Colomba Carballal 5ª 80 m.v. , 4ª altura, 4ª 150 m.l. e 1ª relevos.
- Alba Pardavila 7ª 80 m.v. , 6ª triple salto e 7ª lonxitude
- Sabela López 3ª pértega e 8ª lonxitude e 1ª relevos.
- María Rial 1ª 80 m.l., 1ª 150 m.l., 3ª triplo e 1ª relevos.

INFANTIL HOMES.-
- Eduardo Parcero 1º marcha, 9º 150 m.l., 7º xavelina e 4º relevos
- Pedro Verdeal 3º 220 m.v., 5º 80 m.v., 8º lonxitude e 3º relevos
- Aarón Otero 2º 500 m.l. , 2º martelo, 3º peso e 4º relevos
- Iván Iglesias 5º 500 m.l. , 11º 150 m.l. e 4º relevos
- Lope Quinteiro 1º 1000 m.l. , 1º peso e 3º relevos
- Gabriel Dacosta 1º lonxitude, 2º triple, 5º altura e 3º relevos
- Adrián Pastoriza 2º 80 m.v., 2º altura, 2º lonxitude e 4º relevos
- Jacobo Díaz 1º altura , 1º pértega, 6º xavelina e 3º relevos
- Anxo Camaño 4º xavelina, 5º 150 m.l. e 4º relevos
- Daniel Iglesias 3º triplo, 7º altura e 5º 1000 m.l.
- Martiño Núñez 8º peso e 10º xavelina

RESULTADOS
XXII XORNADA ATLETISMO BASE- TROFEO CANGAS DENTAL.
Cangas, 06 de maio de 2016
Despois dunha maña de choiva o venres a tarde fixo un pequeno parentesis para encher as pistas de atletismo de Cangas de moita, moita vitalidade. A verdade dos nen@s que se incribiron non fallaron moitos, tiñan gañas de amosar a sua competitividade. As categorías de minibenxamíns foron as máis numerosas. Colexios de toda a comarca do Morrazo participaban nas XXII XORNADA ATLETISMO BASE- TROFEO CANGAS DENTAL.
O programa de probas desenrolouse de maneira fluida, pasou a tarde nun suspiro. Sobre as 20:30 horas procedeuse a entrega de trofeos e medallas. Como as palabras non chegan deixamos unhas imaxes do evento, foi todo un pracer.
GALERIA DE FOTOS
RESULTADOS
CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES CADETE E JUNIOR.
Este vindeiro sábado 7 de maio as pistas de A Malata en Ferrol acolleran o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES CADETE E JUNIOR. Contaremos coa representación dos equipos femininos de ambas categorías.


INSCRIT@S CADETE
INSCRIT@S JUNIOR
Partirá un autobus da estación de Cangas as 06:45 horas. Xa sabedes toca madrugar e despois unha longa xornada. Todo sexa polo equipo!!!


RANKING INFANTIL XOGADE
O próximo sábado 7 de maio celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Infantil de atletismo en pista. Disputadas as correspondentes xornadas calificatorias, daránse cita esta vez os 16 mellores de cada proba. Asemade, celebrarase o Cto. Provincial Infantil de Relevos, no cal cada entidade poderá disputar o título con un único equipo, poidendo ademáis participar fora de concurso con máis equipos.
RANKING HOMES
RANKING MULLERES
IMPORTANTE: Publicarase o listado de inscritos o xoves pola noite, sendo de vital importancia que aqueles atletas que teñan ou queiran renunciar a algunha proba o fagan á maior brevidade para que poida participar o seguinte atleta no seu lugar. Ditos avisos deberán efectuarse a fgatletismopontevedra@gmail.com e irase actualizando o listado de participantes na web durante o longo do venres, facendo constar a hora da última actualización.
LISTADO DE INSCRITOS

XORNADA ESCOLAR BENXAMIN-ALEVIN EN PONTEVEDRA
As pistas do CGTD de Pontevedra serán testemuña da derradeira xornada escolar en pista para as categorías benxamín e alevín. A Delegación da FGA de Pontevedra informa que disputaranse os saltos horizontais suspendidos pola choiva en Pontevedra o pasado sabado 16 de abril. O horario será o seguinte:
10:00 h lonxitude femenino
11:30 h lonxitude masculina
13:00 h triplo conxunta
Os atletas que lle afecta esta última nova son:
Jairo Parcero (lonxitude)- Adrian Pastoriza (lonxitude) – Pedro Verdeal (lonxitude) – Gabriel Dacosta (lonxitude- triple salto) – Daniel Iglesias (lonxitude -triple salto)- Ivan Iglesias (lonxitude)
Maria Rial (triple salto) – Alba Pardavila (lonxitude- triple salto)- Lucia Armesto (lonxitude)- Sara Mallo (lonxitude)- Ines Pardavila (lonxitude) – Sabela Lopez (lonxitude)
No tocante a xornada escolar prevista estes son os datos de interese:
LISTADO DE INSCRITOS
RESULTADOS
DATAS DE INTERESE NO MES DE MAIO
Xa estamos a piques de rematar o mes de abril. As competicions de Pista ao Aire Libre xa nos deparan importantes Campionatos. Tamén se produciron cambios que afectaron tanto as sedes coma as datas de celebración dalgunhas probas. Por exemplo o Cto. Galego Cadete e Junior por equipos pasa a celebrarse nas Pistas de Atletismo da Malata en Ferrol. Outro cambio importante foi na data do Cto. Galego Benxamín, Alevín e Infantil por equipos, o cal será o domingo 22 de maio.
As pistas de atletismo de Cangas tamén van contar con probas no vindeiro mes. O venres 06 en xornada de tarde a XXII Xornada de Atletismo Base-Trofeo Cangas Dental, coas categorías menores coma protagonistas. E o martes 17, día das letras galegas, o XII Trofeo Vila de Cangas en Pista. Para rematar contamos cos tres Campionatos Provinciais Escolares do programa XOGADE.

CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES AIRE LIBRE
Lugo, 23 de abril de 2016
A sección feminina absoluta do Vila de Cangas tiña unha cita en Lugo co CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES. As 11:00 horas do sábado 23 de abril daba comezo no Estadio Gregorio Pérez Ribera a máxima competición por Clubes ao aire libre. Xa de entrada, a primeira proba de pértega disputouse no modulo cuberto. Martina Paramos rematou 6ª cun salto de 2,40. O mesmo tempo tiña lugar na pista os 5000 mts. marcha, onde Valeria Fernández acadou o 2º posto cun tempo de 29:24.48. Non empezaba mal a cousa, as atletas cumplían pero tivemos deficit a hora de cubrir probas, quedaron tres sen cubrir, lanzamento de martelo, 1500 m.l. e 3000 obst.

Iria Rodriguez rematou o 400 m.v. en 1:16.14 acadando o 7º posto. Noelia Graña correu os 100 m.l. acadando a 8ª posición con 13.48. No concurso de salto de altura partipou Naiara Villar, sustituindo a Alba Pazos, quen non acudiu por enfermidade. Desexamolle unha pronta recuperación. Rematou 8ª, superando o listón de 1.20. Saray Amoedo cun salto de 10.90 rematou 2ª no triple salto. A sua irman Aida Amoedo acadou a 6ª posición nos 400 m.l., cun tempo de 1:06.79.
O relevo 4×100 m. poñia o fin a xornada de mañan. Irene Menéndez, Iria Rodíguez, María Rodríguez e Paula Martínez formaron o equipo que realizou o relevo, rematando en 5º posto cun crono de 53.34.

O lanzamento de disco inauguraba a xornada de tarde. Noa Rouco foi a atleta «comodin» do Campionato cubrindo esta proba máis o relevo de 4X400. De seguro que no disco fixo MMP, e tamén puntou para o equipo co 8º posto. Paula Martínez foi 5ª nos 100 m.v. con 16.52. Nos 200 m.l. Paula Sotelo rematou 8ª con 29.39.
Raquel Villa lanzou a bola ata os 11.15 m. acadando a 3ª posición no peso. No lanzamento de xavelina Paula Santos rematou 5ª con 25.32. Ana Fandiño foi 7ª nos 800 m.l. cun crono de 2:52.57. Os 3000 m.l. foron disputados por Sandra Souto, quen rematou 8ª con 13.25.82. Agora toca segir loitando por seguir competindo, non hai formulas máxicas.

O derradeiro concurso da tarde foi a lonxitude, onde Ariadna Gil acadaba o 7º posto saltando 4.52. Para rematar o Campionato a proba do relevo 4×400, Aida Amoedo, Saray Amoedo, Noelia Graña e Noa Rouco foron septimas cun tempo de 4:38.86. Agora toca seguir traballando, hai marxe de mellora e hai xuventude.

III XORNADA EN PISTA XOGADE BENXAMIN-ALEVIN.
O domingo 24 de abril, as pistas de Balaidos albergarán a III Xornada escolar en pista ao aire libre para benxamín e alevíns. Esta data fora cambiada e fai coincidir esta proba co Cross escolar do CEIP Castrillon, o cal vai mermar a participación de amarel@s.
LISTADO DE INSCRITOS
RESULTADOS
IV XORNADA XOGADE EN PISTA INFANTIL.
Esta fin de semana as pistas de Balaidos en Vigo acolleran dúas xornadas escolares de atletismo en pista ao aire libre. A primeira, o sábado 23, corresponde a categoría infantil. Será a derradeira fase para esta categoría e tamén para clasificarse para o Campionato Provincial do vindeiro 07 de maio.
A xornada do sábado conta co seguinte:






Debe estar conectado para enviar un comentario.