Archivo del Autor: Oscar
CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE
Monzón, 04 de xullo de 2021
A localidade oscense de Monzón acolleu durante a primeira fin de semana de xullo o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Temperaturas de máis de trinta grados e ambiente seco foi o contexto da competición. As instalacións que daban cabida as probas tiñan un tartan renovado e xa albergaron o Campionato europeo de probas combinadas do ano 2017. Tamén se agradecía as zonas de sombra para o quecemento e resguardarse do sol. En xeral, unhas instalacións acordes a entidade da competición e @s atletas participantes. Ariadna Gil competía as 18:15 horas do domingo 04 de xullo, tivo que aguantar temperaturas de 34 grados, pero realizou o mellor concurso de triple da sua carreira. Acadou un salto de 11,84 m. que lle supuso rematar no sétimo posto da final. Parabens polos logros presentes e sorte nos futuros.

CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE
Lugo, 2 e 3 de xullo de 2021
O Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo foi ocupado durante dous días para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 16-18 AO AIRE LIBRE, ademáis do CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS, para as mesmas categorías. Na xornada do venres participou a sección masculina ao completo e unha boa parte do equipo feminino, moito máis numeroso. Juan Gallego e Luca Piñeiro loitaron na seminfinal dos 100 m.l. sendo 4º e 6º nas suas repectivas semifinais, sen conseguir progresar a final. Manuel Lemos foi 4º na pértega, empatado co 3º cun salto de 2,81 m. o seu irmán Ruben Lemos non acadou marca no concurso. Na xornada do sábado Carlos López e Juan Gallego acadaron os postos 15º e 21º na proba de 600 m.l.
Marta Rua comezou a participación feminina na tarde do venres cun 6º posto no lanzamento de martelo. Agata Rodríguez sumou a primeira medalla nesta xornada, foi BRONCE en 100 m.v., ao día seguinte rematou 4ª nos 300 m.v. Marta Camaño, Marieta Lourido e Carmen Fraga disputaron as semifinais de 100 m.l. rematando 4ª, 7ª e 6ª nas suas repectivas series. Ademáis Carmen Fraga foi 4ª na final do salto de lonxitude, disputado na xornada do sábado. Noa Piñeiro tamén tivo que participar nos dous días acadando o 4º posto na semifinal dos 100 m.v. e sendo 14ª nos 300 m.v. Iris Malvido rematou 5ª en pértega e 9ª na marcha. Ariadna Becerra foi 8ª na pértega. Sara Nerga pechou a participación do venres cun 7º posto nos 1500 obstáculos.
Na xornada do sábado salientar unha notable participación, que se traduciu en 4 medallas e varias marcas persoais. Gema Dacosta copou as victorias nos concursos de peso e disco. No peso estivo acompañada de Claudia Carcer, que rematou Subcampioa Galega, engandindo un 7º posto no concurso de lonxitude. Uxia Sánchez estivo a piques de progresar a final de 300 m.l., quedalle como premio un magnifico tempo. Maialen Fernández, sen poder correr por unha lesión, adaptouse ao lanzamento de xavelina acadando o Subcampionato Galego. Lucia Gil foi 8ª no triple salto e 14ª nos 600 m.l. Cristina Taboada repetiu posto nos concursos de disco e xavelina, o agridulce 4º lugar, eso sí acompañado dunhas boas marcas. Nerea Malvido rematou 6ª na proba dos 3000 m.l.
Diego Martínez participou no octatlon Sub 16, acadando os 3748 puntos que lle deron o Subcampionato Galego. Parabens a tod@s polo esforzo.
PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20
Ata a localidade oscense de Monzon vai viaxar Ariadna Gil para participar no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Disputará o domingo 4 de xullo a final do concurso de triple salto. Só nos queda desexarlle boa viaxe e mellor competición.
RESULTADOS EN DIRECTO
PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AIRE LIBRE
Os días 2 e 3 de xullo vai ter lugar en Lugo o CAMPIONATO GALEGO SUB 16 e SUB 18 AO AIRE LIBRE, tanto de maneira individual coma en probas combinadas. A competición vai comprender a xornada de tarde do venres e a totalidade do sábado.
RESULTADOS EN DIRECTO
- JUAN GALLEGO, 100 m.l. e 600 m.l.
- LUCA PIÑEIRO, 100 m.l.
- CARLOS LOPEZ, 600 m.l.
- MANUEL LEMOS, pértega
- RUBEN LEMOS, pértega



- MARIETA LOURIDO, 100 m.l.
- MARTA CAMAÑO, 100 m.l.
- CARMEN FRAGA, 100 m.l. e lonxitude
- UXIA SANCHEZ, 300 m.l.
- LUCIA GIL, 600 m.l. e triple salto
- CRISTINA TABOADA, xavelina e disco
- SARA NERGA, 1500 m.l.
- NEREA MALVIDO, 3000 m.l.
- AGATA RODRIGUEZ, 100 m.v. e 300 m.v.
- NOA PIÑEIRO, 100 m.v. e 300 m.v.
- IRIS MALVIDO, pértega e marcha
- ARIADNA BECERRA, pértega
- CLAUDIA CARCER, lonxitude e peso
- GEMA DACOSTA, peso e disco
- MAIALEN FERNANDEZ, xavelina
CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE
Vigo, 26 de xuño de 2021
As pistas de Balaidos en Vigo foron testemuña do CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE. Alí estaban citad@s @s atletas que acadaron a marca esixida na proba correspondente. De forma individual loitarian polo seu obxetivo. A sección feminina acadou duas medallas de ouro, Helena Bello, venceu no salto de pértega e Sabela Castelo nos 1000 m.l. Antia Baqueiro foi 4ª na marcha, Soraya González 14ª no lanzamento de disco e Ana Cordeiro 8ª en 500 m.l. En duas probas participaron tres atletas, Leire Fernández, 5ª en lanzamento de xavelina e 9ª en 1000 metros obstáculos. Leire Fonseca foi 7ª en 150 m.l. e 10ª en 80 m.l. Noa Quinteiro acadou o 5º posto no concurso de peso e 7ª no de martelo.
A participación masculina tivo na carreira de 2000 m.l. o intre máis laureado. Nesta carreira Hugo Domínguez proclamouse Campión Galego e Hugo Collazo Subcampión. O primeiro foi tamén 15º nos 150 m.l. e o seu compañeiro completou a participación cun 9º posto no lanzamento de xavelina. Diego Garcia rematou 5º na marcha. Brais Pintos participou nos 1000 m.l. e acadou o 10º posto. Unai Ferral concursou no triple salto e no lanzamento de xavelina, rematando 13º e 10º respectivamente. Salientar que nesas Pistas, o pasado día 23 de xuño, a atleta Sub 10 Lena Curras superou o RECORD GALEGO de lanzamento de pelota con 23.95 m.

PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE
O sábado 26 de xuño tocalle os infantís competir no CAMPIONATO GALEGO SUB 14 AO AIRE LIBRE. Será na localidade de Vigo, Pistas de Balaidos, en xornada de maña. Achegamos o listado de atletas que acadaron a participación e as probas a disputar. Ademáis detallase o HORARIO definitivo e as listas de saída.

- HUGO DOMINGUEZ, 150 m.l. e 2000 m.l.
- BRAIS PINTOS, 1000 m.l.
- DIEGO GARCIA, marcha
- HUGO COLLAZO, 2000 m.l. e xavelina
- UNAI FERRAL, triple salto e xavelina
RESULTADOS EN DIRECTO
- LEIRE FONSECA, 80 m.l. e 150 m.l.
- ANA CORDEIRO, 500 m.l.
- SABELA CASTELO, 1000 m.l.
- HELENA BELLO, pértega
- NOA QUINTEIRO, peso e martelo
- SORAYA GONZALEZ, disco
- ANTIA BAQUEIRO, marcha
- LEIRE FERNANDEZ, xavelina e 1000 m. obts.
CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE
Noia, 20 de xuño de 2021
A localidade de Noia acolleu o CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE, de feito tamén acolleu unha borrasca para despedir a primaveira. Nesas condicions, case invernais desenrolouse a Competición. Pola maña a categoría Sub 12 tocoulle loitar contra os elementos, esta loita non acadou premiación. Pola tarde os benxamins, cun atrevemento propio da sua idade, acadaron dez metais repartidos en cinco ouros, duas pratas e tres bronces.Significar os dobretes de Lena Curras, Campioa Galega de 1000 m.l. e salto de lonxitude. Emma Collazo gañou os 500 m.l. e foi bronce en 50 m.l., o seu compañeiro Angel Refojos gañou en 1000 m.l. e bronce en 50 m.l. Samuel Corrales tamén converteu as suas participacions en medallas, ouro no lanzamento de pelota e prata en lanzamento de lonxitude. Alan Malvido foi subcampion galego en marcha e Alejandro Fernández acadou o bronce no lanzamento de peso. Despois deste 50 de maio parece que chega o veran, continuamos adestrando porque contiuan as competicions.
SUB 12
- MIGUEL FERNANDEZ,17º 60 m.l. e 7º Salto de Lonxitude
- IKER RIAL,20º 60 m.l. e 24º 500 m.l.
- MARCOS RIAL, 11º 500 m.l.
- GABRIEL FAZANES, 14º 500 m.l.
- ERICA NOVAS,28ª 60 m.l. e 18ª 1000 m.l.
- NOAH PINTO, 18ª 500 m.l.
- ZOE FERNANDEZ, 14ª Lanzamento de Pelota

SUB 10
- ANGEL REFOJOS, 3º 50 m.l. e 1º 1000 m.l.
- XABIER FERRAL, 17º 500 m.l. e 10º Salto de Altura
- BRAIS GARCIA, 18º 500 m.l.
- SAMUEL CORRALES, 2º Salto de Lonxitude e 1º Lanzamento de Pelota
- ALEJANDRO FERNANDEZ, 3º Lanzamento de Peso
- ALAN MALVIDO, 2º Marcha e 9º Lanzamento de Peso
- EMMA COLLAZO, 3ª 50 m.l. e 1ª 500 m.l.
- LENA CURRAS, 1ª 1000 m.l. e 1ª Salto de Lonxitude
- CARLA SALGADO, 6ª 50 m.l.
- ESTELA BASTON, 9ª Salto de Altura e 20ª 500 m.l.
- IRIA FERNANDEZ,14ª Salto de Lonxitude
- ROSA MARCOS,10ª Lanzamento de peso
- MALENA CALVAR,10ª Lanzamento de Pelota
- ALICIA GONZALEZ,4ª Marcha

CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AO AIRE LIBRE
Pontevedra, 19 de xuño de 2021
As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AO AIRE LIBRE. Tiñamos dous atletas neste Campionato e unha atleta Sub 14 fora de concurso para saltar na pértega. Viña Helena Bello de igualar o RECORD GALEGO o día anterior en Pereiro de Aguiar, con 2, 70 m. Neste caso superou o listón ata os 2,63 m. pero ainda queda moita tempada. Os atletas Sub 20 converteron as suas participacions en victorias, Lope Quinteiro venceu nos 800 m.l., cun tempo de 1:59.06 e Ariadna Gil gañou o triple salto, con mellor marca persoal, 11,73 m. e tamén mínima para o Campionato de España.
PREVIA CAMPIONATOS GALEGOS INDIVIDUAIS
O sábado 19 disputase no CGTD o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 AO AIRE LIBRE.coa participación de Ariadna Gil no triple salto e Lope Quinteiro en 800 m.l. A fin de semana completase o domingo 20 na localidade de Noia co CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE. Achegamos o HORARIO definitivo das probas, repartindose a categoria SUB 12 en xornada de maña e os SUB 10 ocuparan a tarde.
SUB 12
- MIGUEL FERNANDEZ, 60 m.l. e Salto de Lonxitude
- IKER RIAL, 60 m.l. e 500 m.l.
- MARCOS RIAL, 500 m.l.
- GABRIEL FAZANES, 500 m.l.
- ERICA NOVAS, 60 m.l. e 1000 m.l.
- NOAH PINTO, 500 m.l.
- ZOE FERNANDEZ, Lanzamento de Pelota
SUB 10
- ANGEL REFOJOS, 50 m.l. e 1000 m.l.
- XABIER FERRAL, 500 m.l. e Salto de Altura
- BRAIS GARCIA, 500 m.l.
- SAMUEL CORRALES, Salto de Lonxitude e Lanzamento de Pelota
- TEO FERNANDEZ, Lanzamento de Pelota
- ALEJANDRO FERNANDEZ, Lanzamento de Peso
- ALAN MALVIDO, Marcha e Lanzamento de Peso
- EMMA COLLAZO, 50 m.l. e 500 m.l.
- LENA CURRAS, 1000 m.l. e Salto de Lonxitude
- CARLA SALGADO, 50 m.l.
- ESTELA BASTON, Salto de Altura e 500 m.l.
- IRIA FERNANDEZ, Salto de Lonxitude
- ROSA MARCOS, Lanzamento de peso
- MALENA CALVAR, Lanzamento de Pelota
- ALICIA GONZALEZ, Marcha













Debe estar conectado para enviar un comentario.