FIN DE TEMPADA

     O xoves 30 de decembro xuntamonos no Estadio Municipal de Cangas para despedir a tempada atlética. Foron chamados @s atletas que acadaron podios nesta tempada, tanto de maneira individual coma para o equipo. Principiando polas categorias menores, nas que houbo especial mención a categoria SUB 10, que viñan de facer podios no Campionato Abanca de Categorias Menores. De maneira individual detallaronse as preto de vinte premiacións en Campionatos Galegos.



  Foise continuando coas categorias superiores, recordando un a un, os podios d@s atletas. Salientar o equipo SUB 16 feminino que participou no Campionato de España, tras proclamarse Campioas Galegas, enorme labor de equipo coa participación de vinte atletas.



      No apartado de incentivos premiouse a tres atletas que participaron en Campionatos de España, acadando unhas marcas propostas polo Club. Foron Juan Piñeiro en lonxitude, Ariadna Gil e Saray Amoedo en triplo. Que dicir d@s adestradores, tamén tiveron o seu agasallo para premiar esa labor desinterasada.



   Simplemente, foi iso, despedir a tempada, un punto e aparte. Agora toca encarar esta nova tempada, chea de retos, na que imos estar dando guerra. Unha aperta e feliz ano atlético.



Deja una respuesta