CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO XUVENIL- XUNIOR

A Coruña, 9 de febrero de 2013

A estas alturas do ano, A Coruña converteuse no lugar da xeografía española máis visitado polos atletas do Vila de Cangas. En esta ocasión tratábase de participar no campionato galego de pista cuberta para as categorías xuvenil e xunior.
A xornada foi moi aproveitada por Pablo Castro Chapela, quen bateu o record galego na súa categoría no lanzamento de peso. Aida Amoedo tamén aproveitou o día para facer marca para o conseguir unha praza no campionato de España, ademais de traer as medallas de ouro por duplicado.
En canto os demais atletas, estes foron os resultados:
Tomás Ocaña Pazos: campión galego nos 3000 m.l.
Pablo Castro Chapela: campión galego en peso
Aida Amoedo Portabales: Campiona galega en 200 m.l. e 400 m.l.
Ana Antepazo Regueira: 4ª na final dos 200 m.l.
Estela Costas Gandón: 4ª nos 200 m.l. da súa serie
María Novo Pardavila: 6ª nos 800 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: 5ª en 1500 m.l.
Ana Bermúdez Méndez: 3ª en 3000 m.l.
Iria Piedras Gómez: 3ª en 3000 m.l.
Sara Villar Millán: 2ª na final de 50 m. v.
Alexia Vidal Martínez: 3ª en altura
Noelia Cousiño Camaño: 2ª en pértega
Raquel Villa Carracelas: campiona galega de peso
Johana Villar Parada: 8ª en peso

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A Directiva do Club Atletismo Vila de Cangas convoca a todos/as os/as socios/as a unha asemblea xeral extraordinaria que terá lugar no´Salón de Plenos do Concello de Cangas o día 31 de xaneiro de 2013, ás 17:45 en primeira convocatoria e as 20:15 en segunda e última convocatoria.
O único tema do día a tratar será a modificación dos estatutos do Club, o cal ten o contido que segue:
ESTATUTOS
CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS

CAPITULO I:

NORMAS XERAIS:
Artigo 1º.- O CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS é unha Asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con
domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario.

Artigo 2º.- O CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS practicará como principal modalidade deportiva a de ATLETISMO, e solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Lei do Deporte de Galicia. Seguir leyendo

I COPA GALICIA DE CLUBS

Coruña, 12 de xaneiro de 2013
O sábado 12 de xaneiro desprazámonos ata A Coruña para disputar a I Copa de Galicia de Club. Este é o primeiro ano que se fai un campionato galego por equipos en pista cuberta.
A competición era dura, pois algúns dos nosos adversarios eran clubs que compiten na liga de honor e na primeira división. Pese a todo os resultados para o noso equipo non foron malos: quedamos cuartos na modalidade feminina. Na modalidade masculina non presentamos equipo. As mozas do Ria Ferrol foron as que se proclamaron campionas, seguidas das do Celta e das do Lucus.
As probas transcorreron puntualmente, salvo na proba dos 800 m.l., que debido a que circularon dous horarios quen non se correspondían. Estaban a punto de dar a saída desta proba cando nos damos conta que a nosa atleta, Marina, non estaba na liña de saída. A sorte estivo da nosa parte cando lle fallou o disparo o xuíz e nos deu tempo para protestar por adiantar o horario (conforme o documento que nós tiñamos, que tamén era o que estaba exposto ó público). Avisada Marina, que estaba quentando fóra, incorporouse a proba sen, como ela mesma dixo, lle dera tempo a pórse nerviosa.
Os relevos non se tiveron en conta para as mulleres. Esta proba consiste en que a primeira das relevistas da catro voltas á pista, a segunda tres, a terceira dúas e a última unha. Pois ben, os xuíces debían estar un pouco despistados, porque a primeira atleta lle fixeron dar cinco voltas, dando este feito lugar a numeras protestas por parte do público. Os xuíces decidiron non ter en conta os relevos.

Sara Villar Millán: 5ª en 50 m.l.
Ana Antepazo Regueira: 4ª en 200 m.l.
Aida Amoedo Portabales: 4ª en 400 m.l.
Marina Caballero Iglesias: 3ª en 800 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: 6ª en 1.500 m.l.
Belén Lemat Cabral: 6ª en 3000 m.l.
Mónica Cabirta Gutiérrez: 4ª en 50 m.v.
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura
Martina Páramos Rial: 4ª en pértega
María Jesús Novo Pardavila: 6ª en lonxitude
Noelia Graña Casas: 6ª en triplo
Raquel Villa Carracelas: 2ª en peso

REUNIÓN DE ATLETAS E PAIS/NAIS O 18 DE DECEMBRO, ÁS 19.30 HORAS

Unha produtora viguesa chamada Alén Filmes púxose en contacto connosco e outros colectivos de Cangas para facer unha gravación dun programa piloto para a TVG.
Dito programa denominarase ‘GALICIA LIPDUB’ e será un espacio de
entretemento para toda a familia emitido en horario de máxima audiencia na
TVG. O ‘lipdub’ consiste en mover os beizos en playback mentres se executa
unha coreografía ó ritmo dunha canción de moda. Neste caso a escollida
será o Gangnam Style. O programa
pioneiro na Comunidade Galega.
A gravación está prevista para o fin de semana do 29 e 30 de decembro, pero antes xa pasarían a gravar algún ensaio.
Todo isto comentóuselle a diferentes atletas que foron ós adestramentos esta semana e parecen estar bastante animados en participar.
Por este motivo convócase unha reunión con todos os atletas e pais de atletas para o martes 18 de decembro, ás 19.30 horas, nas pistas de atletismo.
Pídesevos que asistades todos, aínda que non esteades a favor de participar, pois e bo coñecer todas as opinións.
Por certo, no programa tamén poden participar pais e avós dos atletas.
A continuación indicamos uns enlaces duns vídeos da canción sobre a que se vai traballar e dun exemplo de cómo quedaría montado unha vez rematado.

http://www.antena3.com/videos-online/programas/megaplayback/momentos/megaplayback-san-adrian_2010090200008.html


MEMORIAL BELARMINO ALONSO

O pasado 25 de Novembro amenceu cun fermoso día, despois de case unha semana de choiva. Hai que dicir que debido a toda esa choiva caída, o trazado estaba moi esbaradizo, había moita lama e o frío procedente do río non axudaban nada ós atletas.
Tocou madrugar para aqueles dos nosos valentes que decidiron ir competir no duro trazado do Memorial Belarmino Alonso.
Os máis madrugadores foron os xuvenís, júnior e demais categorías maiores. Temos que destacar a gran actuación de Tomás, xa que sempre demostra sobre calquera trazado que é un moi bo fondista, xa que quedou primeiro na súa categoría.
En mulleres hai que dicir que Iria Piedras foi chegar e besar o santo, xa que no momento en que estaba a baixar do coche, a súa chegada o circuíto, xa as súas compañeiras de categoría estaban listas para a saída. En menos de nada desfíxose do chándal e sen quentar situouse na liña de saída. Aínda que a carreira se lle fixo moi longa, debido o non ter quentado conseguiu un moi merecido 5º posto.
Xa na categoría cadete masculino destacamos tamén o 5º posto de Eloy, pois aínda que saíu moi ben e estibo en cabeza gran parte da carreira un forte tirón muscular e un escordamento no nocello dereito relevárono ata o posto antes mencionado. Martín Souto foi o outro cadete que participou na proba, aínda que o seu posto non foi tan destacado como o do seu compañeiro, acabou 12º e pelexou durante toda a carreira. En mulleres Lucía Piedras esforzouse todo o que puido nun circuíto xa moi castigado polas outras carreiras o que a fixo caer nun par de ocasións, e finalmente clasificouse de 10ª.
En infantil feminino a saída retrasouse algo máis do previsto por queixas doutro equipo que non estaba de acordo en que puxeran as súas atletas na segunda fileira de saída( pois eran preto de 50 corredoras) xa que segundo palabras da súa entrenadora, era unha desventaxa para as rapazas. Finalmente e para que as atletas non se “conxelaran”, mentres entrenadora e xuíces discutían, decidiron que saíran todas na mesma fila, polo que non foi de estrañar que se formara un tapón considerable. A nosa representante Alba Vidal loitou toda a carreira polo segundo posto ata que nun momento do trazado a lama decidiu quedar con un dos seus tenis de clavos, polo que finalmente chegou a meta 5ª con unha sola zapatilla e o pé conxelado.
Xa na última carreira, alevín feminino, Sandra Souto tamén pelexou coas súas contrincantes, coa lama do percorrido e con unha forte dor no lumbago. Aínda que tamén tentou conseguir o segundo posto finalmente acabou 5ª. Temos que recoñecer que foi o día dos 5ºs postos, pero dende logo non foi porque non loitaran como auténticos campións todos eles.
Datos curiosos que sucederon durante o transcurso da proba:
A Lucía Piedras case non a deixan correr, pois segundo a organización do evento, estaba prohibido levar publicidade nas camisetas que se utilizaban para correr. Ao igual que Lucía tiveron o mesmo problema outros dous clubes, pero neste caso a protesta da organización xa raiaba o ridículo, pois a única publicidade que tiñan eran os logotipos dos seus correspondentes equipos. Finalmente “solucionaron” o problema tapando todas as publicidades e logotipos con esparadrapo. Iso si que foi algo digno de ver.
E por último cando tocou ir recoller os trofeos Iria non se atopaba no circuíto, xa que aproveitara para se ir duchar, así que foi a súa nai recoller o seu premio. O encargado de entregalo quedouse mirando para ela moi fixamente e con curiosidade preguntou: “¿Ti non es Iría Piedras?, e que se che ve moi maior para a túa categoría”. Despois de aclarado o asunto e entre risas Silvia recolleu o trofeo que lle correspondía por dereito a Iria.
(CARMEN SOLIÑO)

XXXIX TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS – III MEMORIAL PEPE CORDEIRO

RESULTADOS PEDESTRISMO MENORES 2-12-12

Enlace para consultar as carreiras de 6 e 10 km:   http://www.championchipnorte.com/index.php?op=result_ext_list&re=140&ini=0

 

Cangas, 2 de decembro de 2012

Quen dixo recortes?. Neste ano no que todo o mundo fala de recortes, o circuíto do Pedestrismo alárgase.

O sol saíu nesta mañá fría de pincipios de decembro para inaugurar o novo circuíto desta carreira. Ás dez da mañá empezaron as categorías menores cun percorrido semellante o dos últimos anos. A ausencia de chuvia animou a que a participación foxe numerosa. Mentres os pequenos se preparaban para saír, a megafonía anunciaba a   saída dos autobuses que levarían ós atletas que así o solicitaran ata o muelle de Aldán.

Sen apenas retraso, ás 11.45h deuse a saída das categorías xuvenil e superiores. Os primeiros tiñan por diante un percorrido de 6 km; é dicir, tiñan que chegar ata Cangas e remataban nada máis chegar. As demais categorías tiñan que dar dúas voltas  en Cangas do percorrido do ano pasado, completando así unha distancia de 10 km.

A maioría dos participantes manifestaron a súa satisfacción polo novo percorrido, tal vez algo dura a subida ata chegar a Darbo, pero polo demais moi ben, e que o preferían mellor que estar dando voltas en Cangas.

RESULTADOS:

Cadetes homes:

1º Lorenzo González Diaz

2º Carlos Torres Vidal

3º Francisco José Rodríguez Freiria

8º Martín Pérez Bacelar Seguir leyendo

A TOMA DO CONCELLO

Eran sobre as cinco da tarde do 24 de novembro. Grupos reducidos de tres, catro, cinco e seis persoas dirixíanse cara ó concello. Todo normal. Unha característica común para todos estes grupos que tiñan como destino o Concello: en todos eles ía ao menos unha persoa vestida de cor amarelo. Só algo sospeitoso: en cada grupo aí, polo menos, unha persoa con unha bolsa ou paquete non identificado.
Entran. Toman posesión dunha praza no salón de plenos do Ilmo Concello de Cangas. (Se cadra, algún remata sendo un dirixente político).
17:30. A que parece ser a “cabecilla” do grupo, tamén coñecida por “Mari a Presi”, di que todos deben dirixirse a zona do “botellón”. De maneira ordenada saen todos, pequenos e grandes.
17:35. Alguén ordena situarse uns agachados, outros a medio agachar, outros de pe e outros de puntillas; uns detrás doutros. De repente, unha marea de “paparazzis “ e “mamarazzis” disparan as súas armas. Ninguén cae. Todos permanecen no seu posto e postura ata que alguén di:”xa está”.
17:45. Disólvese a concentración. Volven para o Concello , pero as prazas que antes ocupaban, agora están tomadas por outras persoas as que lles chaman pais, nais, ou mesmo avós. Os amarelos deben permanecer en pe ata que unha voz os chama polo seu nome.
Obedientes van saíndo, din que para presentalos. Outra vez disparo de flashes. Seguinte grupo. Outra vez o mesmo. Seguinte grupo. E outra vez o mesmo, ata que rematan.
Alguén comenta que estas persoas e persoiñas amarelas van crear historia nunha entidade chamada Vila de Cangas. Mesmo se comenta que aquí está o futuro, non so do atletismo de Cangas, senón de España e que seguro que entre eles haberá alguén que se acorde do Vila de Cangas en algunha Olimpíada non moi lonxana.
Rematada a sesión de fotos, falan os chamados “autoridades” que resumindo, mostran bos desexos e parabéns para o Vila de Cangas, que están asombrados da gran cantidades de xente que están nas súas filas e que debe de ser un dos Clubs de base máis numerosos a nivel estatal.
Vaia! Este Vila de Cangas debe ser algo GRANDE!.
A cabecilla (xa sabedes: a presi), di que se vai facer unha charla – coloquio cuns invitados. A saber: Isidoro Hornillos (presidente da Federación dese deporte ó que chaman atletismo), Daniel Benavides (responsable do Deporte Escolar), Jesús Martínez (presidente da Delegación de vigo), Fran Abal (adestrador deste grupo tan sospeitoso), Solange Andreia Pereira ( a que todos recibiron como si foxe ese modelo a imitar, pero en carne e óso). Falaron. Contestaron ás preguntas dos amarelos. Solange contou como foron os seus inicios e como era o seu adestramento hoxe. Os outros falaron da Federación, dos seguros, das competicións…
Non vin a hora que era. A “presi” di: agora imos ir arriba porque todos os atletas e membros da Directiva trouxeron algo de papatoria para merendar. (Iso explica o das bolsas ou paquetes non identificados).
Mimadriña! Alí había de todo: doce, salgado, soso, refrescos, zumes, auga. Eu púxenme as botas camuflada no medio deses seres que semellan ser futuras estrelas diso que chaman o atletismo!.
Recoller, limpar e para á casa, que o día seguinte hai competición.

XXXIX TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

Domingo 2 de Decembro 2012, Alameda Vella de Cangas a partir das 10:00
REGULAMENTO
1. O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación
Cangas Deporte, organizan o XXXIX Trofeo de Pedestrismo, que terá lugar o día 2 de
Decembro de 2012, con saida na parroquia de Aldán e chegada na Alameda Vella de
Cangas.
2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte
Minibenxamín 2006-07 ··Benxamín 2004-05 ··Alevín 2002-03 ·· Infantil 2000-2001 ··Cadete
1998-99 ·· Xuvenil 1996-97 ·· Xunior 1994-95 ·· Promesa 1991-92-93 ·· Senior 90 ata
veteranos ·· Veteranos 35 anos en adiante.
CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
10:00 h:Benxamín…….…………………………….……………..……………..…………500 m.
10:15 h:Alevín………………………………………………………..……………………1000 m.
10:30 h:Infantil……………………………………………….………….…………………1500 m.
10:45 h:Minibenxamíns………………………………………………………….………….250 m.
11:00 h:Cadete Mulleres………………………………………………………..…….….2000 m.
11:15 h:Cadete Homes…………………………………………………….…………..…3000 m.
CIRCUITO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS
11:45 h: Xuvenil homes e mulleres : Saída Aldán e meta na Praza de Abastos…. 6000 m.
11:45 h: Carreira Absoluta: Xunior, promesa, senior e veteranos homes e mulleres, saída
de Aldán mais 2 voltas o circuito do ano pasado e meta na Praza de Abastos. . 10.000m.
13:00 h: Entrega trofeos
3. As inscricións deberán efectuarse antes das 24h do MARTES 27 de Novembro. O custo da
inscripción será de 3€ para os participantes das carreiras absolutas de 6000m e 10000m
que ademáis levarán chip de control de tempos. As personas que non teñan chip amarelo
championchip terán que pagar a mayores 1€ en concepto de aluguer de chip. No resto de
categorías, a inscrición é gratuita.
4. Para facilitar o traslado dos participantes a parroquia de Aldán, porase a disposición deles
un servicio de autobuses que sairán da Estación de Autobuses de Cangas ás 10,30 e as
10,45 horas e terá un importe de 1 euro a ingresar coa inscrición.
As inscricións formalizaranse na páxina Web www.championchipnorte.com
As categorías absolutas deberán pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO
SEGURO POR INTERNET e as menores deben seleccionar a opción de desconto para
que non lles sexa cobrada a inscrición. As persoas que seleccionen a casilla de desconto
sin que lle corresponda por categoría serán borradas da inscrición.
Para Menores sen DNI (só este caso), deberán formalizar a inscrición enviando un mail a
fundacion@cangasdeporte.com nos plazos xerais indicando, nome, apelidos, data
completa de nacemento, clube se ten, localidade, provincia, teléfono de contacto.
Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.
5. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización quedando ven visible a
súa publicidade
6. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o
circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais
7. Será gañador do XXXIX Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas o primeiro/a
clasificado/a da proba absoluta dos 10 000 m.
8. Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías, e medallas ata o
décimo clasificado nas categorías escolares
9. Na categoría de Veteráns, haberá unha soa categoría, a excepción de que compitan máis
de 10 atletas en cada unha delas; nese caso na entrega de trofeos desdoblaranse en dúas
categorías. Veteráns Femenino ou masculino: de 35 ata 45 anos e de 46 anos en adiante
10. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento
11. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e
os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo
da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade
12. A inscripción neste XXXIX Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do perceptuado no presente Regulamento.

PRESENTACIÓN DA TEMPADA 2012/2013

A Xunta Directiva do Club Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitar a todos/as socios/as e simpatizantes do Club á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2012/2013.
Este feito terá lugar o vindeiro sábado 24 de novembro, ás 17:00 horas, na Sala de Plenos do Concello de Cangas.
Os atletas deben chegar puntualmente e equipados coa vestimenta do Club. Empezaremos cunha foto de todos os atletas, adestradores, Xunta Directiva e invitados. Esta foto, si o tempo o permite, terá lugar nos exteriores do Concello. Seguidamente pasaremos a dentro e farase a presentación dos equipos por categorías, coa súa correspondinte foto.
Unha vez rematada a sesión fotográfica terá lugar unha charla – coloquio na que participarán deportistas de tan alto nivel como a compañeira de adestramentos Solange Andreia Pereira e directivos da Federación, entre outros. Poderedes participar na mesma facéndolles preguntas ós invitados ou comentando algunhas inquietudes que teñades para a vindeira tempada.
O acto oficial finalizará coa entrega da prestixiosa revista do noso Club, que xa alcanza o número 17.
Como dicíamos o acto oficial remataría aquí, pero este ano quixemos rirnos da crise e darémoslle a benvida a nova tempada cunha merenda na que poden participar todos os atletas e acompañantes. Esta participación será dobre, pois participarase traendo algo de comer e logo compartindo as exquisiteces con todos os demais.
Sería conveniente que informarades do que ides traer, por aquilo de que non veñades todos con centolas ou nécoras, xa sabedes que tamén admitimos tortillas, empanadas, refrescos…
Grazas a todos/as pola vosa colaboración e ata o sábado 24 de novembro, ás 5 da tarde.