A TOMA DO CONCELLO

Eran sobre as cinco da tarde do 24 de novembro. Grupos reducidos de tres, catro, cinco e seis persoas dirixíanse cara ó concello. Todo normal. Unha característica común para todos estes grupos que tiñan como destino o Concello: en todos eles ía ao menos unha persoa vestida de cor amarelo. Só algo sospeitoso: en cada grupo aí, polo menos, unha persoa con unha bolsa ou paquete non identificado.
Entran. Toman posesión dunha praza no salón de plenos do Ilmo Concello de Cangas. (Se cadra, algún remata sendo un dirixente político).
17:30. A que parece ser a “cabecilla” do grupo, tamén coñecida por “Mari a Presi”, di que todos deben dirixirse a zona do “botellón”. De maneira ordenada saen todos, pequenos e grandes.
17:35. Alguén ordena situarse uns agachados, outros a medio agachar, outros de pe e outros de puntillas; uns detrás doutros. De repente, unha marea de “paparazzis “ e “mamarazzis” disparan as súas armas. Ninguén cae. Todos permanecen no seu posto e postura ata que alguén di:”xa está”.
17:45. Disólvese a concentración. Volven para o Concello , pero as prazas que antes ocupaban, agora están tomadas por outras persoas as que lles chaman pais, nais, ou mesmo avós. Os amarelos deben permanecer en pe ata que unha voz os chama polo seu nome.
Obedientes van saíndo, din que para presentalos. Outra vez disparo de flashes. Seguinte grupo. Outra vez o mesmo. Seguinte grupo. E outra vez o mesmo, ata que rematan.
Alguén comenta que estas persoas e persoiñas amarelas van crear historia nunha entidade chamada Vila de Cangas. Mesmo se comenta que aquí está o futuro, non so do atletismo de Cangas, senón de España e que seguro que entre eles haberá alguén que se acorde do Vila de Cangas en algunha Olimpíada non moi lonxana.
Rematada a sesión de fotos, falan os chamados “autoridades” que resumindo, mostran bos desexos e parabéns para o Vila de Cangas, que están asombrados da gran cantidades de xente que están nas súas filas e que debe de ser un dos Clubs de base máis numerosos a nivel estatal.
Vaia! Este Vila de Cangas debe ser algo GRANDE!.
A cabecilla (xa sabedes: a presi), di que se vai facer unha charla – coloquio cuns invitados. A saber: Isidoro Hornillos (presidente da Federación dese deporte ó que chaman atletismo), Daniel Benavides (responsable do Deporte Escolar), Jesús Martínez (presidente da Delegación de vigo), Fran Abal (adestrador deste grupo tan sospeitoso), Solange Andreia Pereira ( a que todos recibiron como si foxe ese modelo a imitar, pero en carne e óso). Falaron. Contestaron ás preguntas dos amarelos. Solange contou como foron os seus inicios e como era o seu adestramento hoxe. Os outros falaron da Federación, dos seguros, das competicións…
Non vin a hora que era. A “presi” di: agora imos ir arriba porque todos os atletas e membros da Directiva trouxeron algo de papatoria para merendar. (Iso explica o das bolsas ou paquetes non identificados).
Mimadriña! Alí había de todo: doce, salgado, soso, refrescos, zumes, auga. Eu púxenme as botas camuflada no medio deses seres que semellan ser futuras estrelas diso que chaman o atletismo!.
Recoller, limpar e para á casa, que o día seguinte hai competición.

Deja una respuesta