PRESENTACIÓN DA TEMPADA 2012/2013

A Xunta Directiva do Club Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitar a todos/as socios/as e simpatizantes do Club á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2012/2013.
Este feito terá lugar o vindeiro sábado 24 de novembro, ás 17:00 horas, na Sala de Plenos do Concello de Cangas.
Os atletas deben chegar puntualmente e equipados coa vestimenta do Club. Empezaremos cunha foto de todos os atletas, adestradores, Xunta Directiva e invitados. Esta foto, si o tempo o permite, terá lugar nos exteriores do Concello. Seguidamente pasaremos a dentro e farase a presentación dos equipos por categorías, coa súa correspondinte foto.
Unha vez rematada a sesión fotográfica terá lugar unha charla – coloquio na que participarán deportistas de tan alto nivel como a compañeira de adestramentos Solange Andreia Pereira e directivos da Federación, entre outros. Poderedes participar na mesma facéndolles preguntas ós invitados ou comentando algunhas inquietudes que teñades para a vindeira tempada.
O acto oficial finalizará coa entrega da prestixiosa revista do noso Club, que xa alcanza o número 17.
Como dicíamos o acto oficial remataría aquí, pero este ano quixemos rirnos da crise e darémoslle a benvida a nova tempada cunha merenda na que poden participar todos os atletas e acompañantes. Esta participación será dobre, pois participarase traendo algo de comer e logo compartindo as exquisiteces con todos os demais.
Sería conveniente que informarades do que ides traer, por aquilo de que non veñades todos con centolas ou nécoras, xa sabedes que tamén admitimos tortillas, empanadas, refrescos…
Grazas a todos/as pola vosa colaboración e ata o sábado 24 de novembro, ás 5 da tarde.

Deja una respuesta