CAMPIONATO GALEGO SUB 14 PISTA AIRE LIBRE

O Barco, 07 de xuño de 2026

 

       Tocou poñer rumbo cara o leste onde se disputaba o CAMPIONATO GALEGO SUB 14 PISTA AIRE LIBRE. A localidade de O Barco de Valdeorras acolleu a categoria INFANTIL durante unha longa xornada de domingo. Brais Garcia foi a única representación masculina participando cun 9º posto nos 500 m.l. e 15º nos 80 m.l. As mulleres participantes foron cinco e puideron participar en duas probas máis unha remuda de 4 x 80 m. En xeral, moi notable a participación da sección feminina. Elodie Graña acadou o BRONCE nos 150 m.l., foi 5ª nos 80 m.l. e 5ª nas remudas 4 x 80 m. Sara Barros foi 8ª nos 150 m.l., 9ª en 80 m.l. e  5ª nas remudas 4 x 80 m. Noa Pedrido acadou dous BRONCES, o primeiro no lanzamneto de peso e repetiu posto no lanzamento de disco, tamén partipou do 5º posto nas remudas 4 X 80 m. Sofia Capelo proclamouse CAMPIOA GALEGA no concurso de Triplo Salto, sumando un posto 12º na lonxitude e o 5º nas remudas 4 x 80 m. Mar Fazanes andivo preto do podio cun 4º posto no peso e 9ª no lanzamento de disco.



CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE SUB 14

Pontevedra, 30 de maio de 2026

   As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron o sábado o CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE EN PISTA na categoría SUB 14.



    Comezamos  pola representación masculina onde Brais Garcia  foi 8º nos 1000 m.l., 5º no lanzamento de xavelina e ainda tivo folgos para completar as remudas mixtas de 4 x 80 m. Arthur B. Nato foi 5º nos 1000 m.l.e 7º na lonxitude.



     As mulleres que competiron foron Sofia Capelo, 3ª en lonxitude, 8ª 80 m.l. e 11ª remudas 4×80 m. Sara Barros 5ª xavelina 6ª 80 m.l. e 11ª remudas 4×80 m. Elodie Graña rematou 1ª en 80 m.l., 2ª en lonxitude e 11ª remudas 4×80 m. Emma Salgado foi 10ª na lonxitude e 27ª 80 m.l., Mar Fazanes pechou a participación cun 2º posto no lanzamento de peso e 2ª en lanzamento de disco.



 

ACTOS PRESENTACION TEMPADA 2026

 Temos unha cita no Salón de Plenos do Concello de Cangas. Deixamos atrás a tempada 2025, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 30 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 07 de marzo no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

programa do evento estará composto por:

  • – Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • – Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 30 do Club.

  • – PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

*(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada…algo caseiro. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO PISTA CUBERTA

Ourense, 14 de febreiro de 2026

   Foi chegar a Ourense e notamos de preto o que significa un sábado e entroido nesta cidade. Pois que case non había sitio para estacionar correctamente, polo cal puidemos observar durante o paseo ata Expourense que hai moita implicación de cara ao entroido.

     Moi bos resultados acadaron os dous atletas que representaban as cores amarelas do Club. Carlos López foi 4º no global da proba de 400 m.l. cun crono de 50:58. Leire Fonseca progresou a final dos 200 m.l. e rematou 5ª.



 

CAMPIONATO ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA

Sabadell, 7 de febreiro de 2026

 

     Primeiro Campionato de España no que contabamos con representación na presente tempada. Ata terras catalás desprazouse Agata Rodríguez para disputar a proba de 60 m.v. Non era doada a misión que tiña por diante. Na tarde do sábado tocaba correr a rolda de clasificación, onde acadou un 5º posto cun tempo de 9.34 s. este tempo non foi abondo para progresar a seguinte rolda.



FIN TEMPADA 2025

Cangas, 29 decembro de 2025

     Coma ben sendo tradición xuntamonos nas Pistas de Cangas para despedir o ano atlético. Aproveitamos para premiar os logros a nivel individual, equipos e visualizar o que nos queda por vir, básicamente unha nova tempada.  Facemos un resumo da tempada agasallando aos ATLETAS DESTACAD@S, lembrando os podios acadados de maneira individual ou coma parte do equipo. Non esquecemos a labor dos adestradores e tamén se premiou aos atletas que acadaron marcas que viñan recollidas nos incentivos da tempada. Neste caso foron Gema Dacosta con 11,97 m. en lanzamento de peso, Mauro Vázquez, con 10.64 nos 100 m.l., Leire Fonseca con 25,46 nos 200 m.l. e Diego Martínez coa marca no decathlon.  Damos por pechada a tempada e agardamos se cumplan os vosos obxectivos na vindeira, vemonos nas pistas.



PROBAS COMBINADAS EN PISTA CUBERTA

Ourense, 27-28 decembro de 2025

     Coa tempada esgotándose, na última fin de semana tiñamos a dous amarel@s disputando o CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS CLUBS PC-CRITERIUM COMBINADAS INVERNO 2025. Ambos completaron a derradeira, por agora, competición coa camisola amarela xa que na vindeira tempada cambian de Club, moita sorte nesta nova aventura. Falamos de Diego Martínez que rematou 4º no heptathlon da categoría absoluta, sumando un total de 4571 puntos. Lena Currás acadou a segunda posición no pentathlon SUB 16 cunha suma final de 2961 puntos.



TROFEO ABANCA DE PISTA CURTA

Ourense, 21 de decembro de 2025

 

     Parece que a tempada «indoor» vai facendose camiño. Como nos gustan as competicions por equipos e todo o que representan,. Quedou reflexado no TROFEO ABANCA DE PISTA CURTA, celebrado na Pista cuberta de Expourense.



     Ali puidemos degustar os sabores e sinsabores, todo na xusta medida, emoción, drama. suspense, ledicia e un largo ecetera de sentimentos que foron aflorando.  En xornada de tarde discorreu a competición na categoria SUB 14, estreaba a mesma Emma Collazo no concurso de salto de altura, empezaba sumando puntos e unha MMP co 3º posto. Aroa Foglia seguiu a estela cun 3º posto e unha MMP no lanzamento de peso. O consurso de triple salto achegou a primeira victoria individual e outra MMP por parte de Sofia Capelo.



     Nos 60 m.v. Lena Currás amosouse intratable e acadou outra victoria acompañada de MMP. Chegabamos ao ecuador da competición liderando a mesma pero coñecedores de que a proba que tiñamos deserta, o salto de pértega, sumabase a baixa de Noa Pedrido nos 500 m.l. por enfermidade. Estes pequenos contratempos borraron ao equipo dos postos de podio. Elodie Graña sumou un 2º posto e MMP nos 60 m.l., tocaba seguir adiante e non desfalecer. Nora Parcero acadaba o 5º posto nos 1000 m.l. María Marcos rematou 3ª no concurso de salto de lonxitude.  Vera Boubeta concluia 7ª nos 2000 m.l. e pechaba as probas individuáis.



     Quedaban as remudas de 4 X 200 m. e con esta proba ianse definir os postos do podio. Por esta orde Elodie, Lena, María i Emma correron as remudas. O resultado foi o mellor posible, gañaron, pero fixerono de   maneira épica. Na mesma liña de meta decidiuse a victoria e gracias a suma dos puntos acadaron o 3º posto final por equipos. Melloraron tamén a marca Galega polo que son as novas plusmarquistas na distancia. Uns merecidos PARABENS para o equipo e adestradores.



ACTOS FIN DE TEMPADA 2025

 Xa estamos preto de finalizar o ano e con él tamén remata a tempada 2025. Para dar unha digna despedida tanto ao ano como a tempada vos invitamos a xuntarnos o vindeiro luns 29, as 12:00 horas no Estadio Municipal de Cangas. Alí vaise premiar aos ATLETAS DESTACADOS TEMPADA 2025tamén se fara mención da labor d@s adestradores e adestradoras.



 

CAMPIONATO PROVINCIAL CROS XOGADE

Zamans, 13 de decembro de 2025

     Chegou a cita co CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS XOGADE. Todo facia presaxiar unha bonita maña de cros, non chovia, o desprazamento era curto, carreiras por equipos e individuais. O menú era o indicado pero ao final quedamos un pouco fartos. Non nos imos queixar de que correron moit@s nen@s, ogalla foran sempre participacions multitudinarias, pero si podemos dicir que tal vez non fora un circuito adecuado.



     En canto as clasificacions comezamos pola categoria cadete que estivo representada en mulleres por Vera Boubeta, que rematou no posto 38ª. Dani Cordeiro foi 11º e Gabriel Fazanes 25º na carreira masculina.



     O equipo femenino da categoria infantil acadou un meritorio 4º posto coa inestimable aportación de Mar Fazanes 20ª, Noa Pedrido, 26ª, Elodie Graña, 28ª, Sofia Capelo, 35ª, Sara Barros 92ª i Emma Salgado 113ª. A carreira masculina contou coa presenza de Brais Garcia 17º e Arthur Brasileiro 46º.



   Os dous equipos alevins completaron unha magnifica actuación cun 6º posto na proba feminina gracias ao esforzo de Anxela Caballero 9ª, Lena Bermúdez 16ª, Claudia Romero 50ª i Elva Cordeiro 99ª. Os homes estiveron encabezados por Laurent Graña 14º, Samuel Lorenzo 25º, Xosé González 74º e Pedro Juncal 128º, ocupando finalmente o posto 8º.



A proba benxamín veu acompañada dun expediente «x» coa desparición da clasificación da única participante na carreira feminina, pola nosa parte aportouse probas gráficas pero ao peche desta crónica ainda non consta nos resultados finais. O equipo masculio composto por Enzo Maximo 15º, Javier Novas 99º, Marco Roma 145º e Angel Bernárdez 197º acadaron o posto 12º.