CAMPIONATO GALEGO SUB 20 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 24 de febreiro de 2024

 

     Outro sábado nos tocaba viaxar ata a Pista Cuberta de Expourense, o plan para a xornada era o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 DE PISTA CUBERTA. Un total de sete amarel@s serían parte e protagonistas do evento indoor que poñia peche a tempada nesta categoría en Galicia, tamén unha ocasión para acadar as minimas e achegarse ao Campionato Nacional.



     Diego Martínez facendo gala da versatilidade que o caracteriza foi SUBCAMPION GALEGO en salto de altura, con 1,82 m. e repetiu en salto de pértega, chegando ata 3, 35 m. Mauro Vázquez liderou a velocidade, tanto na semifinal coma na final onde se proclamou CAMPION GALEGO con 7,05 nos 60 m.l., a vindeira fin de semana medirase cos mellores de España en Salamanca.



     Ibrahim Aga non puido progresar a final dos 60 m.l. cos 8, 07 s. que acadou nas previas, tampouco pasou da semifinal dos 200 m.l. cun crono final de 26,80 s. Carlos Corredoira superouse nos 400 m.l. e  co tempo de 51,88 s. acadou a medalla de BRONCE. A participación masculina deu remate co 5º posto de Carlos López nos 800 m.l nun magnifico crono de 1:59, 49. As mulleres tiveron a representación na categoría cun 7º posto de Uxia Sánchez nos 400 m.l. e a victoria de Agata Rodríguez na proba de 60 m.v.  Parabens para atletas e adestradores por un enorme Campionato que sen traballo e dedicación non houbera resultado tan satisfactorio.



ACTOS PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2024

    Temos unha cita no Salón de Plenos do Concello de Cangas. Deixamos atrás a tempada 2023, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 28 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 02 de marzo no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estará composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 28 do Club.

  • PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

*(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada…algo caseiro. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



CAMPIONATO GALEGO SUB 18 PISTA CUBERTA

Ourense, 11 de febreiro de 2024

 

    A xornada do domingo de entroido daba acollida en Expourense ao CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. A categoria xuvenil tocaballe amosar na competición os valiosos adestramentos que @s levaron ata alí. Comezou o Campionato coa presenza de Brais Pintos no concurso de salto de altura, quen tras superar o liston en 1,51 m. acadou un prometedor 8º posto. Raul Rial participou na proba de 3000 m.l. e cruzou a meta en 6º lugar cun tempo de 9:51.68.



     A participación másculina completouna Sergio Valladares correndo na proba de 400 m.l., quen finalizou 7º na suma global de tempos.

     Na sección feminina chegaron recompensas en forma de premiacions, foi Marta Camaño quen sumou dous BRONCES, o primeiro nos 60 m.l. e outro na proba de 200 m.l. , con mellora das marcas que tiña en ambas probas.



     Lucia Gil tamen acadou mellora nas probas que disputou, no 60 m.l. achegouse aos 8,38 s. que lle supuso o 17º lugar e no concurso de lonxitude afastarona do podio no último salto, quedandose cunha mellor marca de 4,96 m. Blanca Giráldez competiu na proba de 400 m.l. e finalizaba en 1:11.82 as duas voltas a pista rematando no posto 18º. Rematabamos a participación amarela coa victoria de Gema Dacosta no concurso de lanzamento de peso. Parabens para atletas e adestradores, ben feito.



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 10 de febreiro de 2024

     Achegamonos ata Expourense para ser participes do CAMPIONATO GALEGO SUB 16 DE PISTA CUBERTA. En pleno sábado de Entroido estreabamos a competición coa participación de Saul Santos no concurso de altura, superando a sua marca ata os 1,48 m acadou o 7º posto. Miguel Fernández e Roi Rivas correron as semifinais dos 60 m.l., progresando a final o primeiro e o seu compañeiro tivo que conformarse co 3º posto da semifinal. Na final Miguel acadou o posto 10º. Repetiron no concurso de lonxitude, Miguel foi BRONCE, cun  salto de 5,17 m. e Roi foi 5º con 4,72 m.



     Hugo Collazo e Marcos Rial pechaban a participación másculina na carreira de 3000 m, onde Hugo foi 4º e Marcos 7º. Nas series previas do 60 m.l. feminino acadaron pase a final Ana Cordeiro e Antia Soto. Na final Antia refrendou a sua progresión cunha medalla de BRONCE e Ana foi 11ª. Repetian na carreira de 300 m.l. e ambas progresaron a final, alí Ana rematou 5ª e Antía foi descalificada. Antia Baqueiro tamén participou na semifinal de 300 m.l. e non acadou o pase a seguinte rolda.



CAMPIONATO GALEGO LANZAMENTOS LONGOS SUB 18 E SUB 20.

Vigo, 10 de febreiro de 2024

 

     As pistas de atletismo de Balaidos acolleron o CAMPIONATO GALEGO LANZAMENTOS LONGOS SUB 18 E SUB 20. Tiñamos unha representante na Categoría SUB 18 que participou no concurso de lanzamento de disco, acadando co artefacto os 34,47 m. Esta marca supuso o primeiro posto e outorgaballe o titulo de CAMPIOA GALEGA a Gema Dacosta.

     Na categoria SUB 20 competiu Diego Martínez, rematando 5º no lanzamento de xavelina e SUBCAMPION GALEGO no disco cun lanzamento de 38,68 m.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

Ourense, 27 de xaneiro de 2024

 

     A celebración do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA deu cabida ao máis selecto grupo de atletas da Comunidade. A sede non podía ser outra que a pista de Expourense. Participes desta importante competición foron vari@s amarel@s. Comezamos por Mauro Vázquez que progresou a final dos 60 m.l. cuns magnificos 7,09 s na semifinal. Chegada a hora de correr polos metais, foi quen de mellorar o tempo e rematar en 7,06 s. acadando a medalla de BRONCE.



    Diego Martínez, o noso combinero, participou no concurso de salto de altura, quedouse nos 1,81 m. que lle outorgaban o posto 5º, tres centimetros o afastaron dos metais. Debut da atleta SUB 16 Antia Soto, progresando a final B dos 60 m.l. finalmente foi 16ª mellor marca. Marta Camaño rematou 8ª no computo dos 60 m.l. e 6ª na final dos 200 m.l. Agata Rodríguez pasou a final dos 60 m.v. e na mesma cruzou a meta coa 5ª mellor marca. Estas actuacións tan cercanas aos postos de podio foron refrendadas por Gema Dacosta que acadou o amargo sabor da medalla de chocolate cun magnifico 4º posto na final do concurso de lanzamento de peso.


 

CAMPIONATO GALEGO CROSS-MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

A Rua, 20 de xaneiro de 2024

     Outra vez as terras ourensas acollían o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS nas categorías menores, SUB 10-12 e SUB 14. O circuito non era descoñecido e supoñia un longo desplazamento ata a localidade de A Rua de Valdeorras, 3 horas de autobus e outras tantas de volta foi o primeiro dos sacrificios.  O lado positivo sería  que non houbo que madrugar moito e que as carreiras serían en horario cerano ao mediodia, co cal o termometro foi máis benévolo.



    Xa na localidade de A Rua nos topamos cun día solleiro, fresco pero cun circuito moi rápido. Da categoría SUB 10 as mulleres non conformaron equipo e os homes acadaron o 7º posto. Na seguinte categoria, SUB 12,  as mulleres remataron en 5º posto e os homes acadaron a medalla de BRONCE.  Na carreira de SUB 14 as mulleres finalizaron no 6º lugar e os homes rozaron o podio cun 4º posto.



SUB 10 FEMININO

  • ANXELA CABALLERO – 9ª

SUB 10 MASCULINO  (7º)

  • SAMUEL LORENZO – 32º
  • XOSE GONZALEZ – 40º
  • ADRIAN CAPELO -52º 
  • PAULO GESTIDO – 62º

SUB 12 FEMININO  (5º)

  • NORA PARCERO – 16ª
  • NOA PEDRIDO – 24ª
  • ELODIE GRAÑA – 27ª
  • SOFIA CAPELO – 55ª
  • MAR FAZANES – 57ª
  • SOFIA CORRALES – 75ª
  • SARA BARROS  104ª
  • EMMA SALGADO – 109ª

SUB 12 MASCULINO  (3º)

  • ADRIAN CALVAR – 8º
  • BRAIS GARCIA -13º 
  • ALEX CARBALLO – 23º
  • HUGO LORENZO -31º
  • CARLOS PEREZ – 64º


SUB 14 FEMININO  (6º)

  • LENA CURRAS – 5ª
  • EMMA COLLAZO – 21ª
  • MARIA MARCOS – 53ª
  • VERA BOUBETA – 72ª 
  • NOA LORENZO – 75ª
  • CARLA SALGADO – 76ª
  • NAHIA PINTOS – 80ª 
  • IRIA FERNANDEZ  – 101ª
  • MARWA AGA – 107ª

SUB 14 MASCULINO  (4º)

  • DANIEL CORDEIRO  – 11º
  • ANGEL REFOJOS – 18º 
  • GABRIEL FAZANES  -15º
  • ERIC SANTOS – 59º
  • ALEJANDRO FERNANDEZ  – 66º


 

CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE

Ribadavia, 13 de xaneiro de 2024

     Na beira do Rio Avia disputouse a fase final do programa XOGADE de cross. O circuito de A Veronza foi o elexido para as carreiras nas que ian participar @s mellores atletas en idade escolar da Comunidade.


     No programa confeccionado a categoría cadete daba comezo as probas cunha distancia de 3000 m. tanto para homes coma para mulleres.. Na proba masculina competiron Hugo Collazo, 19º, Marcos Rial, 25º, Miguel Fernández, 53º, Saul Santos, 58º e Roi Rivas, 59º. Na suma global dos equipos remataron segundos e proclamaronse SUBCAMPIONS GALEGOS.



     Foi o único equipo que que competiu como tal, sendo as demáis participacions de modo individual. Na categoria infantil a carreira femenina estivo representada por Lena Curras, 7ª i Emma Collazo,  24ª. Os homes contaron coa presenza de Daniel Cordeiro, 15º. Na proba feminina alevin correron Nora Parcero, 29ª e Noa Pedrido, 46ª. Adrian Calvar rematou 17º  despois dos 2000 m. da proba masculina. Moitos parabens polo bo facer de atletas e adestradores.



PLAN DE VIAXE A RUA

    O vindeiro 20 de xaneiro terá lugar en A Rua de Valdeorras o CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 e SUB-14 DE CAMPO A TRAVES-MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO. Coma a categoria MASTER será a primeira en correr dispoñemos de máis tempo para programar a saida. O autobús partirá da Estación de Cangas as 08:00 horas. Para as viaxes por conta propia achegamos o HORARIO, ademáis do recordatorio de chegar cunha HORA de antelación da proba a disputar. Recomendamos tamén levar unha muda de roupa e algo para comer, ao remate da proba voltamos. O circuito será na contorna do Pavillón Municipal O Aguillon.  Podedes ir confirmando asistencia e o modo de transporte.



 

SUB 10 FEMININO

  • CLAUDIA ROMERO 
  • ANXELA CABALLERO 
  • ELBA CORDEIRO 
  • AROA SUAREZ
  • MARTINA SOTELO

SUB 10 MASCULINO

  • XOSE GONZALEZ 
  • SAMUEL LORENZO 
  • PAULO GESTIDO 
  • ADRIAN CAPELO 
  • LUCAS FIGUEROA
  • TIAGO SAIZ

SUB 12 FEMININO

  • ELODIE GRAÑA 
  • NORA PARCERO 
  • NOA PEDRIDO 
  • MAR FAZANES 
  • SOFIA CAPELO 
  • SOFIA CORRALES 
  • EMMA SALGADO 
  • ADRIANA SANTOS
  • SARA BARROS

SUB 12 MASCULINO

  • ADRIAN CALVAR 
  • ALEX CARBALLO 
  • BRAIS GARCIA 
  • HUGO LORENZO 
  • XOEL OLIVEIRA
  • CARLOS PEREZ

SUB 14 FEMININO

  • LENA CURRAS 
  • ANA OLIVEIRA 
  • EMMA COLLAZO 
  • MARIA MARCOS 
  • NAHIA PINTOS
  • CARLA SALGADO 
  • VERA BOUBETA 
  • VALERIA SUEIRO
  • ALBA ALVAREZ
  • MARWA AGA
  • IRIA FERNANDEZ 
  • NOA LORENZO 

SUB 14 MASCULINO

  • DANIEL CORDEIRO 
  • ANGEL REFOJOS 
  • GABRIEL FAZANES 
  • ERIC SANTOS
  • ALEJANDRO FERNANDEZ 


 

FIN TEMPADA 2023

Cangas, 29 de decembro de 2023

   O último venres do ano foi a data elexida para dar remate a tempada. Quedamos de maña nas Pistas de Atletismo, e como marca o noso protocolo fomos detallando os logros acadados, tanto individualmente coma por equipos. Por categorias foron desfilando e recibindo un agasallo por parte da Presidenta, tamén houbo un presente para @s adestrador@s pola sua sua labor.



    O grupo de Ramilo ainda aproveitou para facer un adestramento previo a competición do día 30 en Expourense, en breve alguns cambian de categoria outr@s cambiaran de Club pero agardamos que o sentimento amarelo perdure e os marque positivamente sexa o camiño que tomen. Feliz ano para tod@s, vemonos na tempada 2024.