O campionato provincial escolar de cross que se ía disputar esta fin de semana en A Guarda, queda suspendido. Confirmarase a próxima data, pero en principio podería ser o vindeiro día 22 de febreiro.
Campionato Galego Absoluto e Promesa P.C.
O dia 2 de febrero celebrouse na pista cuberta de A Coruña o campionato galego absuluto e promesa no cal os atletas do Vila de Cangas conseguiron cinco podios :
Ángel Menduiña, 1º en peso, 3º clasificado en pertega e 2º en altura da categoría promesa.
Pablo Castro, 3º clasificado absoluto en peso e
Raquel Villa 3º clasificada absoluto en peso.
Memorial Alejandro Lorenzo-C. Galego Xuvenil-Cadete e C. Galego Cross Corto 2014.
Friol-Lugo a 26 de xaneiro de 2014
Madrugón a golpe de Domingo, as sete da mañá todos preparados para encamiñarnos cara a Friol, un pequeno pobo non moi lonxe de Lugo, imos camiño do campionato Alejandro Lorenzo, así como o campionato galego de cros corto por clubes.
CROSS ZONAL XOGADE
Moaña a 19 de xaneiro de 2014
Para dar comenzo o programa Xogade de Campo a Traves nos desprazamos a localidade de Moaña para competir no Campionato Zonal. Esta proba supon a clasificación para o Campionato Provincial, tanto de maneira individual coma por equipo. Sobre as 10:30 horas estaba previsto o inicio, no parque da Ribeira-Meira, das probas que compoñian a Competición. O circuito era totalmente chairo pero bastante pesado pola acción da chuvia. As primeiras en estrealo foron as alevins mulleres, categoria na cal o Vila de Cangas presentaba dous equipos A e B, resultando finalmente o A vencedor con 19 puntos e o B segundo con 26 puntos. Estas posicións danlle a clasificación para o Provincial os dous equipos. Chegaba a quenda dos alevins homes que acadaron o primeiro posto no equipo A e un terceiro co B, neste caso será o primeiro o que nos represente no Campionato Provincial. As benxamíns mulleres non puideron obter o pase o Provincial, quedando en terceiro lugar. Nesta mesma categoria pero en homes o dominio foi total obtendo o Vila A 18 puntos e Vila B 33 puntos.
Para as mulleres infantís o resultado final foi Vila A 11 puntos, primeiras clasificadas, e Vila B 41 puntos, terceiras. Na sección masculino presentouse un solo equipo que acadou o primeiro posto con 14 puntos. Os encargados de pechar a xornada foron os cadetes que obtiveron o primeiro posto en ambalas categorias.
Os resultados dos nosos atletas foron:
BENXAMIN MULLERES———-HOMES:
Agata Rodríguez 1ª Denis Fernández 1º
Katia González 11ª Carlos Menduiña 3º
Irene Del Rio 13ª Yoel Curro 5º
Saleta Fernández 16ª Carlos López 6º Seguir leyendo
COPA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA
A Coruña, 12 de xaneiro de 2014
O Vila de Cangas empeza a recoller éxitos de equipo na presente tempada.
O equipo feminino conseguiu un moi prezado bronce, rozando a prata e mesmo o ouro. Isto é así porque entre o primeiro e o terceiro posto tan só houbo a diferenza dun punto. O fina o ouro foi para o Celta con 77 puntos, seguidos do Ría de Ferrol con 76 e o Vila de Cangas con 75 puntos.
Os resultados dos homes foron algo peores, rematando no 7º posto, sendo o Gimnástica, o Celta e o Narón os equipos que subiron o caixón.
Noelia Graña – 2º en 50 ml
Estela Crespo -2ª en 200 ml
Aida Amoedo -2ª en 400 ml
Noa Rouco -2ª en 800 ml
Marina Caballero – 2ª en 1500 ml
Alba Vidal -7ª en 3000 ml
Paula Martinez -4ª en 50 mvalados
Alexia Vidal -3ª en altura
Martina Paramos -4ª en pertega
Saray Amoedo -4ª en triple salto
Monica Cabirta – 7ª en lonxitude
Raquel Villa -2ª en peso
Relevo de 4 voltas, 3 voltas, 2 voltas e 1 volta campionas da proba
Cesar A. González 7ª en 50 ml
Elio Goberna 7ª en 200 ml
Pedro Acuña 6ª en 400 ml
Maikel Portela 7ª en 1500 ml
Angel Ferrari 7ª en 3000 ml
Juan M. Novo 5ª en 50 mvalados
Pablo Cortizo 7ª en 800 ml
Héctor Fernández 4ª en altura
Álvaro Lorenzo 6ª en pertega
Ángel Menduiña 5ª en lonxitude
XL TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS
Cangas a 1 de decembro de 2013
Este comenzo de tempada esta sendo movido, o día anterior desprazamento a Lugo e hoxe competicións de Marcha en Ribeira e a XL Carreira Pedestre do Concello de Cangas. Pois para esta cuarenta edición case oitocentos inscritos sumando as categorías menores, que desenrolaban as suas probas nun circuito urban en Cangas. E a carreira que partía dende o peirado de Aldan percorrendo 6km pola via Po-551 ata chegar a Cangas e rematar con dúas voltas no circuito urban. Esta modalidade da saída dende Aldan cumpre o seu segundo ano e parece consolidarse entre as categorías maiores, debido a sua vistosidade. Tocou madrugar para preparar o circuito e toda a loxistica da proba, o día despuntaba e a mellor maneira de quencer era colocando valados e cinta. As 10:00 horas estaba prevista a proba dos benxamíns, sendo as mulleres as encargadas de inaugurar a proba sobre un percorrido de 500 metros gañando a proba María González, seguida de Africa Costas e no terceiro posto Ariadna Rial. Na categoría mascúlina os tres primeiros foron Assier Guldrus, Raúl Fernández e Daniel Curras. Con quince minutos de intervalo daba comenzo a seguinte categoría alevín mulleres donde quedou campiona Lola Bouza Villar, seguida por Carla Guisande e terceira Ainhoa Vázquez . Os tres primeiros homes foron Hugo Entenza, Gabriel Dacosta e Miguel De Saa. Con un percorrido de 1500 metros as mulleres infantis ocuparon o podio na seguinte orde Sara Lima, Raquel Pereiro e Sofía Iglesias. Os podio dos nenos foi para Eloi Corral, Antón Iglesias e Yago Iglesias.
Na seguinte proba se reducía o percorrido para as acometidas dos máis pequenos. As minibenxamins mulleres que acadaron podio foron Maria Lorenzo, Gemma Dacosta e Iris Pardavila. Os tres primeiros nenos foron Yago Fernández, Pablo Rosales e Christian Sierpes.
As cadetes mulleres tiñan que completar un circuito de 2000 metros, sendo as tres máis rápidas María Pérez, Andrea Pérez e Ana Paredes. Os cadetes masculinos aumentaban o circuito ata os 3000 metros, rematando en primeiro lugar Pablo Figueroa, seguido de Jose Villar e Daniel Calvar.
Sobre as 11:45 horas xa se estaban entregando os trofeos de estas categorías no palco da alameda vella de Cangas e tamén era a hora da saida da proba do peirado de Aldán. Nesta carreira os xuvenis e xunior facían un circuito de 600o mts, mentres que as outras categorías promesas, seniors e veterans completaban un circuito de 10.ooo metros. Aproba rematou como vencendor absoluto con Alvaro Prieto seguido de Maykel Portela e Orlando Rodríguez, este último foi o primeiro clasificado en categoría veteran homes. A proba foi rematada por 348 atletas, un número moi respetable tendo en conta que foron 402 inscritos en total. Dos nosos atletas acadaron podio en categoría xuvenil-xunior homes Tomas Ocaña e pedro Acuña como segundo e terceiro, as mulleres repetiron posto con Iria Piedras e Noemi Crespo . En senior mulleres Marina Caballero foi segunda igualando o acadado por Maykel Portela en homes.
Bo ambiente nesta maña en Cangas para celebrar os cuarenta anos da Pedestre de Cangas. Neste enlace podedes consultar os resultados das categorías menores RESULTADOS.
Polo que respeta os atletas do Vila de Cangas, así quedaron:
MINIBENXAMIN:
Mulleres—————————————-Homes
Gemma Dacosta 2ª Lucas Martínez 17º
Iris Malvido 3ª
Eva Soto 4ª
Noa Nerga 5ª
Nerea Malvido 15ª
Sara Nerga 16ª
Sara Alfaro 21ª
Sabela Domínguez 23ª
BENXAMINS:
Mulleres—————————————-Homes
Daniela Pérez 10ª Yoel Curro 4º
Carlos López 10º Seguir leyendo
PRESENTACION TEMPADA 2013/14
Cangas a 16 de novembro de 2013
Sabado de tarde arredor das 17:00 horas tiñan unha cita os atletas do Vila de Cangas no Concello para a sua presentación pública. Como outros anos o programa incluía a partires das 17:30 horas unha sesión fotográfica dos equipos comenzando polas categorías menores e remantando cos nosos ilustres veteranos. En total máis de 200 atletas, cada cual cun obxetivo pero todos cunha mesma meta, desfrutar do atletismo. A foto desta gran familia formalizouse na praza do Concello de Cangas, Autoridades e outros invitados nos acompañaron .
Na sala de Plenos do Concello desenrolouse o acto central da Presentación coa presencia do Alcalde e do Presidente da Fundación Cangas Deporte, representantes da Delegación de Atletismo de Vigo e do Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Como ven sendo tradición invitamos a dous atletas que gustosamente accederon a mesma e nos deleitaron coas suas vivencias no atletismo, gracias a David Gómez e Belen Lemat.
A gran familia non estaba completa sen o grupo de entrenadores que desinteresadamente se afanan no día a día dos adestramentos e demáis traballos que lles acarrea a súa labor.
A xunta directiva, como parte implicada, tamén merece a sua mención e polo menos unha bonita foto nos levamos de recordo. Unha vez postos a presentar os nosos respetos non queríamos esquecernos de país/nais e demais socios simpatizantes da Entidade.
A Charla coloquio foi fluida e deu lugar o debate, esa era a idea. Esta claro que David Gómez e Belén Lemat tiñan vivencias para amosar a grandeza do atletismo. Nos tamén fomos dignos receptores desas vivencias, e participamos na charla de maneira animada e constructiva. Este ano tuvemos unha charla dun nutricioncita que nos axudou a levar unha dieta máis sana e acorde coa actividade deportiva.
A verdade que ese día nos saltamos as directrices do nutricionista, xa que para pechar o acto nos pusemos as botas coas delicias, que cada un de nos aportou. Non faltaba de nada e serviu de guinda para a presentación, como toda celebración que se precie rematou comendo e bebendo.
CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA E CONTROL DE MARCAS
Ribeira, 1 Decembro 2013
Este ano, como o ano pasado, aproveitouse o campionato galego de marcha para facer un control de marcas, para que os atletas tiveran máis oportunidades de mellorar.
Este ano o campionato levounos ata a pista do complexo deportivo de a Fieiteira en Ribeira. A pesar de estar o ceo despexado e haber sol, unha parte das pista, e as gradas, estaban a sombra e notábase o cambio de temperatura, sobre todo porque había un vento un pouquiño desagradable.
As primeiras en competir foron as xuveniles nos 400 m.l. Noa Rouco foi a primeira en chegar e Ainhoa Fernández fíxoo na cuarta posición.
Como sempre a competición de marcha comezou coa distancia máis pequena, 1 km, onde ían dous atletas do noso club e os dous subiron o podio. Denís Fernández proclamouse campión galego nesta distancia e Katia González a subcampiona.
Nos 2 km foi onde competían máis atletas do club, 6, dos cales a metade subiron o podio. Xa dende o primeiro momento, Ana Piñeiro demostrou que era a campiona, impoñendo un ritmo forte ó que ninguén se lle acercou. Detrás de Ana, e case dous minutos despois, chegou Teo Iglesias obtendo un merecido título de campión galego. Ainoa Santos, que fixo unha magnífica carreira, entrou na cuarta posición feminina. Tras ela, e competindo por primeira vez, entrou Miguel Gallego, quen empezou con bo pé, xa que gañou a medalla de bronce. Lucía Riobó e Mar Guimeráns foron as seguintes en finalizar a carreira.
Nos 3 km infantil-cadete, só tivemos unha participante por cada categoría, e as dúas eran mulleres. Dos 12 marchadores con que participaba o noso club, só 3 eran homes. A primeira en finalizar foi Noa García, é fíxoo na 4ª posición. Valeria Fernández terminou proclamándose subcampiona tras unha boa carreira.
Nos 5 km hai dúas competicións a vez, a absoluta, onde compiten todas as categorías, de xuvenil para arriba, e a de cada categoría, por iso un atleta pode gañar dúas medallas, o que fixo Mar Chillón, que novamente proclamouse a campiona da súa categoría e subcampiona absoluta. Esmeralda Corredoira competiu, e moi ben, nos 5km e finalizou 5ª.
II Liga Federada Escolar de Inverno
Lugo a 30 de novembro de 2013.
Chegaba a segunda xornada, e final da II Liga Federada Escolar de Inverno. Había que desprazarse a cidade de Lugo para completar os resultados obtidos en Vigo na primeira xornada que se disputou o 9 de novembro. Nesta derradeira xornada as categorías benxamín, alevín e infantil ian a estrear o módulo de pista cuberta anexo o Estadio Gregorio Pérez Rivera, todo un luxo nos tempos que corren. Tamén se usaron as pistas ao aire libre para completar o programa de probas. No aspecto global da clasificación o Vila de Cangas partía como primeiro clasificado cos 772.5 puntos acadados na primeira xornada desputada nas pistas de Balaidos. Presentaba as mellores credenciais pero había que rematar a faena, e para iso fomos a Lugo para rematala. Para poder concurrir a clasificación final era necesaria desputar as duas xornadas, sendo esta por equipos. Como na primeira xornada presentamos equipos en todalas categorías, un total de seis equipos que alternaron as probas no modulo cuberto e nas pistas ao aire libre. Co comenzo das probas programado para as 11:00 horas era de prever que non comeriamos cedo, máis ben tarde, e así foi. Tras unha mañan fría a beira do miño, preto das 15.30 horas quedou conformada a clasificación final da Liga.
O equipo benxamín de mulleres acadou un meritorio 4º posto, sendo os homes desta categoría os primeiros en subir o podio proclamandose Subcampions da Liga. Despois de esta primeira vez repetiron todolos demais equipos da seguinte forma: alevín mulleres Campionas, alevín homes Campions, infantil mulleres Campionas e infantil homes Subcampions. Parabens para todos eles e engadir que non estaría de máis que no módulo de Lugo se colgase unha praca dicindo «este modulo foi estreado polos nen@s do Vila de Cangas»…xa por non falar do podio.
V Cross Ceip Nazaret
Cangas a 24 de novembro de 2013
Precioso día para a practica deportiva e cita tamen co primeiro Cross Escolar da tempada 2013/14. Esta claro que o día axudou para que a afluencia fora moi importante, nestas categorías influe moito se chove ou non. Comprendia as idades escolares dende 3 a 12 anos e ven sendo un magnifico trampolín para o inicio dos nenos/as na practica deportiva, como exemplo esta cita no colexio de Nazaret que en cinco edicións xa esta consolidado no calendario escolar da bisbarra do Morrazo. As carreiras tiñan previsto o seu comenzo as 10:00 horas polo barrio de Nazaret con saida dende o Colexio. Por mor de alguns vehículos mas estacionados retrasouse 15 minutos, pero unha vez comenzou foi axiña. As Alevíns mulleres, categoría que no calendario escolar comprende 5º e 6º de primaria, inauguraron a proba precorrendo 800 metros. Acadaron os tres primeiros postos Ariadna Gil, Valeria Fernández e Irene Menéndez, sendo as tres do colexio de Nazaret e tamén compañeiras no Vila de Cangas. Os Alevíns homes continuaron, co mesmo circuito, obtendo a victoria Aaron Domínguez seguido de Lope Quinteiro ambos do colexio de San Roque, o seu outro compañeiro de adestramentos no Club Gabriel Dacosta obtivo o cuarto posto. en benxamin mulleres acodou o primeiro posto Sara Mallo do cole de Nazaret, tamén de este cole foron en homes o primeiro posto para Denis Fernández e o terceiro de Aaron Otero. En prebenxamins mulleres gañou Ines Bernardez de Nazaret seguida muy de preto polas suas compañeiras do Club Iris Malvido, Gemma Dacosta e Lucia Gil en 3º, 4º e 5º posto, Daniela Perez foi octava, engadir que esta foi a proba mís numerosa con 34 participantes. Na categoria de homes ganou Diego Martínez de San Roque, correndo un total de 31 nenos. Unha vez remataron as categorías maiores a competición deu paso os pitufos, nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos encheron o barrio de Nazaret correndo distancias de 80, 100 e 120 metros salvando o desnivel do acceso o CEIP de Nazaret. Salientar que nas carreiras de 3 e 4 anos venceron os nenos e nenas pertencentes o colexio organizador, se ve que hai canteira, ou a ventaxa de correr en casa. En resumo magnifica maña de atletismo escolar, quen goste de ollar os resultados no seguinte enlace: RESULTADOS









Debe estar conectado para enviar un comentario.