CROSS DE NAZARET E BELARMINO ALONSO

O vindeiro fin de semana, en concreto o domingo 24 de novembro, terán lugar dúas probas deportivas:
Por un lado, celebrarase o cross escolar do colexio de Nazaret, destinado ós rapaces de infantil e primaria. O percorrido será por as rúas próximas ó devandito colexio.
Por outro lado, en Vigo, o lado de campo de fútbol “A Xunqueira” – Molinos – S. Andrés de Comesaña, terá lugar o 35º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través. Esta proba empezará ás 10.15 horas cós maiores e continuará durante toda a mañá rematando cós benxamíns.

XL TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e a Deputación de Pontevedra, organizan o XL TROFEO DE PEDESTRISMO, que terá lugar o domingo, día 1 de decembro de 2013.2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte:
– Minibenxamín (2007-08)
– Benxamín (2005-06)
– Alevín (2003-04)
– Infantil (2001-02)
– Cadete (1999-2000)
– Xuvenil / Xunior (1995-96-97-98)
– Promesa / Senior (1994 ata veteráns)
– Veteráns (35 anos en diante)CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
– 10.00 h: BENXAMÍN 500 m.
– 10.15 h: ALEVÍN 1.000 m.
– 10.30 h: INFANTIL 1.500 m.
– 10.45 h: MINIBENXAMÍNS 250 m.
– 11.00 h: CADETE MULLERES 2.000 m.
– 11.15 h: CADETE HOMES 3.000 m.
– 11.45 h: ENTREGA TROFEOS

CIRCUITO PORTO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS
– 11:45 h: XUVENIL – JUNIOR (homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / Meta: Praza de Abastos 6.000 m.
– 11:45 h: PROMESA – SENIOR – VETERÁNS (homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / 2 voltas circuito urbano / Meta: Praza de Abastos 10.000 m.
– 13.00 h: ENTREGA TROFEOS

3. INSCRIPCIÓNS:
– As inscricións deberán efectuarse antes das 23.30 h do martes 26 de novembro. O coste da
inscripción será de 5 € para os participantes das carreiras absolutas de 6.000 m e 10.000 m que ademáis levarán chip de control de tempos. No resto de categorías, a inscrición é gratuita.
– As inscricións formalizaranse na páxina www.championchipnorte.com
– Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.

– As categorías absolutas deberán pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO SEGURO POR INTERNET, e as menores deben seleccionar a opción de desconto para que non lles sexa cobrada a inscrición. As persoas que seleccionen a casilla de desconto sin que lle corresponda por categoría
serán borradas da inscrición.
– Para Menores sen DNI (só este caso), deberán formalizar a inscrición enviando un mail a fundacion @ cangasdeporte.com nos plazos xerais indicando, nome, apelidos, data completa de nacemento, club (se ten), localidade, provincia, teléfono de contacto.

4. Para facilitar o traslado dos participantes a parroquia de Aldán, porase a disposición deles un servicio de autobuses que sairán da Estación de Autobuses de Cangas ás 10.00 h e 10.15 h, e que terá un importe de 1 € a ingresar coa inscrición.
5. A organización habilitará un vehículo especial no Porto de Aldán para os participantes nas carreiras de 6.000 e 10.000 m., para o traslado das mochilas/bolsas ata a zona de meta en Cangas.
6. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa publicidade.
7. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais.
8. Será gañador/a do XL Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas o primeiro/a clasificado/a da proba absoluta dos 10.000 m.
9. Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías e trofeo o 1º clasificado, masculino e feminino, da carreira absoluta (10.000 m). Asimesmo entregaranse medallas do 4º o 10º clasificado nas categorías minibenxamín / benxamín / alevín e infantil.
10. Na categoría de veteráns, haberá unha única categoría (de 35 anos en adiante).
11. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.
12. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade.
13. A inscripción neste XL Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do perceptuado no presente Regulamento.

LIGA ESCOLAR FEDERADA

Empeza a nova tempada. Este fin de semana teremos a primeira proba oficial deste curso. Serán os máis pequenos os que empecen a competir na “Liga Escolar Federada”, na súa primeira fase, nas pistas de Balaidos. A segunda fase terá lugar o trinta deste mesmo mes en Lugo. O programa de probas inclúe 50, 500, 1000, peso, lonxitude e altura para os benxamíns; 60, 500, 1000, peso, lonxitude e altura para os alevíns e 60, 500, 1000, 60mv, peso, lonxitude, altura, pértega e triplo para os infantís.Cada atleta poderá realizar nun máximo de 2 probas por xornada. En cada proba puntuaran dous atletas por entidade aínda que poden participar 1 atleta fora de concurso por parte de cada club.
O Vila de Cangas participa en todas as categorías. Sairá un autobús de Cangas ás 9.30 horas.
Moita sorte a todos.
Podedes consultar aquí o horario:Circular 64-2013

PRESENTACION TEMPADA 2013/14

A xunta directiva do Clube Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitarvos a presentación pública dos seus atletas para a tempada 2013/14.

Feito que terá lugar o vindeiro Sabado 16 de Novembro  ás 17:30 na Sala de Plenos do Concello de  Cangas

A continuación do acto celebrarase unha charla-coloquio.

Puntualizar duas cousas, os atletas estarán as 17:00 horas e este ano tamen celebraremos un pincho coas aportacións de todos os que poidan levar algo.

Saudos a tod@s e esperamos non faltedes.

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL.

O Barco de Valdeorras 12 de outubro de 2013.

 

Xa no remate da tempada chegaba este importante Campionato das categorias menores. Para o desprazamento houbo que madrugar, tocaba partir desde Cangas as 06’30 horas da mañan.  O Campionato desenrolouse en xornada de maña. Para tal evento o Club presentouse con seis equipos cubrindo todas as categorias. En benxamins mulleres foron tres as valentes que conseguiron un cuarto posto, xa que non puideron competir en relevos, con un total de 13 puntos. O equipo benxamin de homes proclamouse Campión Galego obtendo un total de 29 puntos, quedando primeiros en cinco das seis probas desputadas e conseguindo un tempo de 39’05 nos relevos 4X60.

As alevins mulleres tamen quedaron Campionas Galegas con un saldo de 44 puntos e realizando un relevo de 4X6o  cun magnifico tempo de 35’87. Os homes de esta categoria obtiveron o Subcampionato Galego con 32 puntos, a un só punto do Campión, nos relevos 4X60 quedaron segundos cun tempo de 38’21.

As mulleres da categoria infantil con un total de 4o puntos proclamaronse Subcampionas Galegas, a dous puntos das campionas, foi importe a proba dos relevos que puntuaba dobre e na que obtiveron o segundo posto cun tempo de 46’81 no 4X80. Os Infantís homes con 46 puntos foron Campións Galegos cunha ampla ventaxa sobre os outros equipos,  logrando un tempo de 43’59 no relevo 4X80 e así afianzando o primeiro lugar.

Postos a sumar, tamen se sumaron as puntuacións totales dos equipos. No glogal do Campionato o Vila de Cangas sumou 176 puntos entre todos os seus equipos, obtendo o primeiro posto dos equipos. O final o madrugon valeu a pena.

Resultados:

BENXAMIN MULLERES:

Katia González 2ª Marcha e 4ª 50 m.l.

Sara Mallo    2ª 500 m.l. e 2ª Lonx.

Mar Guimerans  3ª 1000 m.l. e 4ª Peso

 

BENXAMIN HOMES: Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS CADETE E XUVENIL-XUNIOR

Lugo, sábado, 14 setembro 2013

Ó non haber moitos equipos inscritos, a organización adaptou os horarios e as probas para que este campionato se fixera nunha única xornada e non todo o día.  Grazas a isto non tivemos que madrugar.  A saída do bus foi sobre as 11 da mañá, para ter tempo de comer e reposar a comida antes da competición.

O Vila de cangas acudiu a proba con dous equipos femininos, un de cada categoría. Tamén participou na proba Pablo Castro pero co Celta, xa que non temos os rapaces suficientes para facer un equipo ou para cubrir as probas que nos permita participar. Isto pasou coas rapazas, os dous equipos non ían completos, as cadetes eran 13 e quedaron 4 probas sen cubrir. As xuvenil-xunior eran 14 e quedaron 5 probas sen cubrir, unha por non chegar a tempo a cámara de chamadas.

O ambiente era moi cordial, mais que unha competición era un reencontro entre amizades. As probas transcorreron con normalidade. O tempo tamén foi bo, xa que non fixo demasiada calor e incluso chegou a poallar en algunhas probas. Unha das probas que teñen máis expectativa son os relevos e as nosas atletas fixérono moi ben. As cadetes  Inés – Paula – Noelia – Martina foron primeiras no 4×100 e   Noa R – Lucía – Ainoa – Eva foron segundas nos 4×300. As xuveniles-xunior Aida- Ainara – María – Iria foron primeiras nos 4×400 e Estela – Sara – Alexia – Carla terceiras nos 4×100.

Nas mulleres había tres equipos en cada categoría, na categoría cadete eliminaron a un por non cubrir o número suficiente de probas, pero non influía no resultado final xa que ía terceiro e había moita diferenza de puntos. O Vila foi segundo con 21 puntos.  Nas xuvenil-xunior fomos terceiras con 31 puntos, a 3 do subcampión. A 2 si se cubrira os 1500 m.l, e seríamos subcampións si se cubriran 4 de esas 5 probas que non se cubriron.

E nisto básanse as probas de equipo, en que todos aportan o seu gran de area. Todos contan, todos son importantes e reforzan o equipo, nunca o olvides.

 

RESULTADOS

EQUIPO CAEDETE: Subcampión galego (21 puntos)

Postos alcanzados na súa proba:

1ª: Noa Rouco -300 m.l. … Paula Martínez – 100 m.v… Noelia Graña – altura … Eva Piñel – triplo salto … Noa García – 3km marcha…relevo 4×100 (Ines – Paula – Noelia – Martina)

Seguir leyendo

VOLTA ÓS ADESTRAMENTOS

Os atletas do Vila de Cangas volven a adestrar este mes de setembro, logo de disfrutar dunhas merecidas vacacións.
Os máis maiores empezan o dous de setembro, mentras que os que adestran con Calvar faranno cando empece o cole; é dicir, o 11 de setembro, cós mesmos horarios que na tempada anterior.
Por outra banda, xa está aberto o pagamento das cotas dos socios. Esta tempada toca a pagar 52€.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Granollers, 6 e 7 de xullo de 2013.
Chegaron os atletas Cangueses unha tarde ,do 5 de xullo, a cidade granollerense para confirmar a súa participación , despois dun pequeno adestramento pola tarde do venres da velocista Noa Rouco volveron o hotel para descansar para o día seguinte no cal competirían a velocista Noa Rouco e o xavalinista Anxo Rodas. Este acadou a súa mellor marca da competición no terceiro intento, conseguido lanzar 43’11 m., que non lle foron suficientes para pasar á mellora, rematando en 9º posto.
En canto a Noa Rouco, que competía na proba dos 300 m. l., quedou segunda na súa serie cunha marca de 42.22, non sendo tampouco suficiente para pasar a final e rematando na mesma posición que Anxo.
O día seguinte competiría Óscar Broullón. O seu primeiro lanzamento foi o máis modesto de todos, o segundo intento foi nulo, pero no terceiro intento mellorou case un metro e pasou á mellora. Foi o primeiro lanzamento desta mellora o que lle serviu para acadar o primeiro posto, cunha marca de 15’24, proclamándose campión de España.