PRESENTACION TEMPADA 2013/14

A xunta directiva do Clube Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitarvos a presentación pública dos seus atletas para a tempada 2013/14.

Feito que terá lugar o vindeiro Sabado 16 de Novembro  ás 17:30 na Sala de Plenos do Concello de  Cangas

A continuación do acto celebrarase unha charla-coloquio.

Puntualizar duas cousas, os atletas estarán as 17:00 horas e este ano tamen celebraremos un pincho coas aportacións de todos os que poidan levar algo.

Saudos a tod@s e esperamos non faltedes.

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL.

O Barco de Valdeorras 12 de outubro de 2013.

 

Xa no remate da tempada chegaba este importante Campionato das categorias menores. Para o desprazamento houbo que madrugar, tocaba partir desde Cangas as 06’30 horas da mañan.  O Campionato desenrolouse en xornada de maña. Para tal evento o Club presentouse con seis equipos cubrindo todas as categorias. En benxamins mulleres foron tres as valentes que conseguiron un cuarto posto, xa que non puideron competir en relevos, con un total de 13 puntos. O equipo benxamin de homes proclamouse Campión Galego obtendo un total de 29 puntos, quedando primeiros en cinco das seis probas desputadas e conseguindo un tempo de 39’05 nos relevos 4X60.

As alevins mulleres tamen quedaron Campionas Galegas con un saldo de 44 puntos e realizando un relevo de 4X6o  cun magnifico tempo de 35’87. Os homes de esta categoria obtiveron o Subcampionato Galego con 32 puntos, a un só punto do Campión, nos relevos 4X60 quedaron segundos cun tempo de 38’21.

As mulleres da categoria infantil con un total de 4o puntos proclamaronse Subcampionas Galegas, a dous puntos das campionas, foi importe a proba dos relevos que puntuaba dobre e na que obtiveron o segundo posto cun tempo de 46’81 no 4X80. Os Infantís homes con 46 puntos foron Campións Galegos cunha ampla ventaxa sobre os outros equipos,  logrando un tempo de 43’59 no relevo 4X80 e así afianzando o primeiro lugar.

Postos a sumar, tamen se sumaron as puntuacións totales dos equipos. No glogal do Campionato o Vila de Cangas sumou 176 puntos entre todos os seus equipos, obtendo o primeiro posto dos equipos. O final o madrugon valeu a pena.

Resultados:

BENXAMIN MULLERES:

Katia González 2ª Marcha e 4ª 50 m.l.

Sara Mallo    2ª 500 m.l. e 2ª Lonx.

Mar Guimerans  3ª 1000 m.l. e 4ª Peso

 

BENXAMIN HOMES: Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS CADETE E XUVENIL-XUNIOR

Lugo, sábado, 14 setembro 2013

Ó non haber moitos equipos inscritos, a organización adaptou os horarios e as probas para que este campionato se fixera nunha única xornada e non todo o día.  Grazas a isto non tivemos que madrugar.  A saída do bus foi sobre as 11 da mañá, para ter tempo de comer e reposar a comida antes da competición.

O Vila de cangas acudiu a proba con dous equipos femininos, un de cada categoría. Tamén participou na proba Pablo Castro pero co Celta, xa que non temos os rapaces suficientes para facer un equipo ou para cubrir as probas que nos permita participar. Isto pasou coas rapazas, os dous equipos non ían completos, as cadetes eran 13 e quedaron 4 probas sen cubrir. As xuvenil-xunior eran 14 e quedaron 5 probas sen cubrir, unha por non chegar a tempo a cámara de chamadas.

O ambiente era moi cordial, mais que unha competición era un reencontro entre amizades. As probas transcorreron con normalidade. O tempo tamén foi bo, xa que non fixo demasiada calor e incluso chegou a poallar en algunhas probas. Unha das probas que teñen máis expectativa son os relevos e as nosas atletas fixérono moi ben. As cadetes  Inés – Paula – Noelia – Martina foron primeiras no 4×100 e   Noa R – Lucía – Ainoa – Eva foron segundas nos 4×300. As xuveniles-xunior Aida- Ainara – María – Iria foron primeiras nos 4×400 e Estela – Sara – Alexia – Carla terceiras nos 4×100.

Nas mulleres había tres equipos en cada categoría, na categoría cadete eliminaron a un por non cubrir o número suficiente de probas, pero non influía no resultado final xa que ía terceiro e había moita diferenza de puntos. O Vila foi segundo con 21 puntos.  Nas xuvenil-xunior fomos terceiras con 31 puntos, a 3 do subcampión. A 2 si se cubrira os 1500 m.l, e seríamos subcampións si se cubriran 4 de esas 5 probas que non se cubriron.

E nisto básanse as probas de equipo, en que todos aportan o seu gran de area. Todos contan, todos son importantes e reforzan o equipo, nunca o olvides.

 

RESULTADOS

EQUIPO CAEDETE: Subcampión galego (21 puntos)

Postos alcanzados na súa proba:

1ª: Noa Rouco -300 m.l. … Paula Martínez – 100 m.v… Noelia Graña – altura … Eva Piñel – triplo salto … Noa García – 3km marcha…relevo 4×100 (Ines – Paula – Noelia – Martina)

Seguir leyendo

VOLTA ÓS ADESTRAMENTOS

Os atletas do Vila de Cangas volven a adestrar este mes de setembro, logo de disfrutar dunhas merecidas vacacións.
Os máis maiores empezan o dous de setembro, mentras que os que adestran con Calvar faranno cando empece o cole; é dicir, o 11 de setembro, cós mesmos horarios que na tempada anterior.
Por outra banda, xa está aberto o pagamento das cotas dos socios. Esta tempada toca a pagar 52€.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Granollers, 6 e 7 de xullo de 2013.
Chegaron os atletas Cangueses unha tarde ,do 5 de xullo, a cidade granollerense para confirmar a súa participación , despois dun pequeno adestramento pola tarde do venres da velocista Noa Rouco volveron o hotel para descansar para o día seguinte no cal competirían a velocista Noa Rouco e o xavalinista Anxo Rodas. Este acadou a súa mellor marca da competición no terceiro intento, conseguido lanzar 43’11 m., que non lle foron suficientes para pasar á mellora, rematando en 9º posto.
En canto a Noa Rouco, que competía na proba dos 300 m. l., quedou segunda na súa serie cunha marca de 42.22, non sendo tampouco suficiente para pasar a final e rematando na mesma posición que Anxo.
O día seguinte competiría Óscar Broullón. O seu primeiro lanzamento foi o máis modesto de todos, o segundo intento foi nulo, pero no terceiro intento mellorou case un metro e pasou á mellora. Foi o primeiro lanzamento desta mellora o que lle serviu para acadar o primeiro posto, cunha marca de 15’24, proclamándose campión de España.

MEMORIAL JOSEFINA ROMERO DE MARCHA – FINAL

1 Xuño 2013

Un ano máis e coincidindo co G. P. Cantóns de Marcha  da Coruña, celebrouse a final do circuíto de marcha. A competición foi pola tarde, e o noso club, que é moi marchoso, participou con 10 atletas, non estaban todos os marchadores, pero foron suficientes para encher practicamente todos los podiums de cor amarelo.

Na primeira carreira xuntaron a todas categorías menores (benxamín, alevín e infantil) coas rapazas cadetes. Marcharon xuntos pero cada un facendo a distancia que lle correspondía.

O circuito dos Cantóns ten 1km,e os primeiros en parar foron os Benxamíns. Teo Iglesias foi o primeiro en parar, proclamándose campión da proba. Seguíao Denís Fernández.  Katia Gonzalez foi a campiona das benxamíns.

Na segunda volta pararon os alevíns tras facer 2km. As duas atletas do noso club que participaron  subiron o podium, Ana Piñeiro como a campiona desta distancia e Valeria Fernandez como a subcampiona. Suso Guimeráns finalizou 5º mellorando a súa marca.

Os 3 km era a distancia para os infantiles e as cadetes. A primeira en chegar foi a cadete Noa García no tercer posto. Tras ela chegaron os infantiles, Andres Obenza que foi o sub campión e  Iria Rodriguez foi a 6ª , facendo unha boa carreira e mellorando bastante a súa anterior  marca.

Nos 5km, e representando o noso club, ía Mar Chillón  que se proclamou subcampiona da proba. Tras esta carreira foi o momento de disfrutar vendo marchar os atletas internacionais e de subir o podium a recoller os trofeos

 

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS DE PISTA AIRE LIBRE

Ferrol, Sábado 13 abril 2013

Este campionato celebrouse en Ferrol. Non había ameaza de mal tempo pero sí de fortes rachas de vento. E o vento foi o protagonista deste evento, impedindo que se pódese practicar ben calquera das distintas probas. Un exemplo disto é que no salto de altura, os xuíces tiveron que agarrar o listón para que o atletas puderan quentar sen que o vento o derribara

As probas comezaron coa  marcha de mulleres na que Mar Chillón foi a primeira polo que xa iniciamos  o marcador con boa puntuación. Pouco a pouco foron sumandose puntuacións como as de Raquel Villa en lanzamento de peso que rematou primeira , Alexia Vidal foi 2ª en salto de altura  e Aida Amoedo foi 3ª en 400 m.l.

O vento quiso xogar na nosa contra no salto con pértega, e a pesar de que  Martina Paramos saltaba con suficiente altura e de lanzaba a pértega para atrás, o vento, que estaba moi revoltoso, devolvíalla e tiráballe co listón.

Tras moitos problemas co vento, a organización tivo unha reunión cos delegados e decidiuse suspender algunhas probas polo perigo que supuñan para os atletas. A nos influíanos no lanzamento de disco, que se suspendeu por romperse a xaula e Talía  non se estrenou  nesa proba, xa que as lesións impedíronlle ir a outras competicións. Iso sí, animou e sacou moitas fotos.

 

Resultados:

5km marcha: 1ª Mar Chillón

100 m.l.: 6ª Paula Fernández

Seguir leyendo

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL

O fin de semana do 22 e 23 de xuño celebrouse nas pistas de Durango (Bizkaia) o Campionato de España Xuvenil ao aire libre. Ata alí desprazáronse 4 atletas do Vila de Cangas: Raquel Villa, Pablo Castro, Sara Villar e Mar Chillón. Despois dunhas 9 horas en furgoneta acompañados dalgúns atletas e entrenadores do Celta, Morrazo e San Narciso, chegamos pola noite a un humilde hotel que por sorte nos quedaba ben cerca das pistas onde se celebraba a competición. Tampouco podemos ter queixa de como acompañou o clima.

A primeira en poñerse a equipación e saír á pista foi Sara Villar, a última hora da mañá do sábado. A semana anterior, probou a facer o 400 valados nun control, sendo a súa proba de sempre o 100, conseguindo no seu debut uns interesantes 1.13.89 que lle permitirían ser repescada e acudir ao nacional. Competiu na primera semifinal rematando 8ª cunha marca de 1.16.46.

O sábado pola tarde, tocaríalle xa a Pablo Castro, na primeira das dúas probas que disputaría, o peso. Despois dun bo concurso, onde o primeiro enseguida colleu distancia sobre as marcas dos rivais, o noso atleta fixo un mellor lanzamento de 15 metros e 96 centímetros, o que permitiu que conseguise un máis que merecido bronce. Iso sí, esa non sería a primeira vez que Pablo subiría ao podio neste fin de semana.

No segundo día, comezamos o día cunha boa noticia. A primeira hora da mañá, como xa é costume, competía Mar Chillón nos 5km marcha. Acudía á cita coa cuarta mellor marca, e despois dunha carreira complicada, acadou o terceiro posto mellorando a súa marca e deixándoa en 24.16.35, o que se convertiría en récord galego, quedando a seis segundos da mínima mundial.

Xa para rematar, pola tarde do domingo quedaban por competir Raquel Villa no peso e Pablo Castro, esta vez no disco de 1,5kg. Raquel, aínda contando cunhas rivales moi competitivas, fixo un gran concurso mellorando a súa marca nada máis e nada menos que 45 centímetros, e logrando un meritorio cuarto posto cunha gran marca de 13,63m. Posteriormente, Pablo non sería menos e acadaría o seu segundo bronce do campionato, cunha marca de 46m39cm, que sería a mellor para el ata o momento na proba.

En conclusión, Galiza rematou o campionato con 10 medallas, 4 de ouro e 6 de bronce, sendo 3 destas últimas de cor amarela.