CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA E CONTROL DE MARCAS

Ribeira, 1 Decembro 2013

Este ano, como o ano pasado, aproveitouse o campionato galego de marcha para facer un control de marcas, para que os atletas tiveran máis oportunidades de mellorar.

Este ano o campionato levounos ata a pista do complexo deportivo de a Fieiteira en Ribeira. A pesar de estar o ceo despexado e haber sol, unha parte das pista, e as gradas, estaban a sombra e notábase o cambio de temperatura, sobre todo porque había un vento un pouquiño desagradable.

As primeiras en competir foron as xuveniles nos 400 m.l. Noa Rouco foi a primeira en chegar e Ainhoa Fernández fíxoo na cuarta posición.

Como sempre a competición de marcha comezou coa distancia máis pequena, 1 km, onde ían dous atletas do noso club e os dous subiron o podio. Denís Fernández proclamouse campión galego nesta distancia e Katia  González a subcampiona.

Nos 2 km foi onde competían máis atletas do club, 6, dos cales a metade subiron o podio. Xa dende o primeiro momento, Ana Piñeiro demostrou que era a campiona, impoñendo un ritmo forte ó que ninguén se lle acercou. Detrás de Ana, e case dous minutos despois, chegou Teo Iglesias obtendo un merecido título de campión galego. Ainoa Santos, que fixo unha magnífica carreira, entrou na cuarta posición feminina. Tras ela, e competindo por primeira vez, entrou Miguel Gallego, quen empezou con bo pé, xa que gañou a medalla de bronce. Lucía Riobó e Mar Guimeráns foron as seguintes en finalizar a carreira.

Nos 3 km infantil-cadete, só tivemos unha participante por cada categoría, e as dúas eran mulleres. Dos 12 marchadores con que participaba o noso club, só 3 eran homes. A primeira en finalizar foi Noa García, é fíxoo na 4ª posición. Valeria Fernández terminou proclamándose subcampiona tras unha boa carreira.

Nos 5 km  hai dúas competicións a vez, a absoluta, onde compiten todas as categorías, de xuvenil para arriba, e a de cada categoría, por iso un atleta pode gañar dúas medallas, o que  fixo Mar Chillón, que novamente proclamouse a campiona da súa categoría e subcampiona absoluta. Esmeralda Corredoira competiu, e moi ben, nos 5km e finalizou 5ª.

Deja una respuesta