Este sábado 25 de abril rematanse as fases prevías de Pista ao Aire Libre do programa Xogade. Será nas pistas de atletismo de Fontecarmoa, que este ano nos tocou coñecer tan ben. Agora xa ninguen pregunta onde quedan as pistas de Vilagarcia. Voltaremos para a disputa de algún Campionato Provincial, pero antes vos informaremos do horario para este sábado e tamén d@s amarel@s da categoria INFANTIL que están inscritos para a proba.
O ZONAL ESCOLAR BENXAMIN-ALEVIN CELEBRARASE EN CANGAS
O zonal escolar para as categorías benxamín e alevín, previsto para o vindeiro 26 de abril, cambia de sede pasando a celebrarse en Cangas. O horario das probas será o mesmo. Tamén podedes ver no enlace o listado d@s amarel@s inscritos na proba. Moita sorte a tod@s.
INSCRITOS
CAMPIONATO DE GALICIA PROBAS COMBINADAS.
Vilagarcia 18-19 abril de 2015
Disputouse nas pistas de Fontecarmoa, en Vilagarcia de Arousa o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES DE PROBAS COMBINADAS e o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PROBAS COMBINADAS. Dani Calvar acadou o primeiro posto no Octathlón masculino, cunha puntuación final de 3.481 ptos. Isto valeulle para revalidar o titulo de Campión Galego Cadete de Probas Combinadas. Angel Menduiña acadou no Decathlon 5.590 ptos, rematando 1º na categoría Promesa e 2º na Absoluta.
24º GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA DE RIOMAIOR.
Riomaior (Portugal).-18-04-2015
Importante proba de ámbito internacional que se disputou na localidade portuguesa de Riomaior. Na disputa dos 10 kms. da categoría Junior contamos coa presenza de Mar Chillon que rematou primeira cunha mellor marca persoal de 49:36, acompañada de Esmeralda Corredoira, quen acadou o 11º posto con 58:25. Parabens para as dúas marchadoras.
PROBAS COMBINADAS EN VILAGARCIA.
O día 18 e 19 de abril terá lugar o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES DE PROBAS COMBINADAS e o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PROBAS COMBINADAS. Para participar por clubes según o REGULAMENTO puntúan 3 atletas (dente cadete ata absoluto). No listado de INSCRITOS están Dani Calvar e Angel Menduiña. O Campionato vaise disputar no Complexo Deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia no seguinte HORARIO.
REGULAMENTO DO XI TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA.
O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte, organiza o XI Trofeo Atletismo Vila de Cangas en Pista, a celebrar no Estadio Municipal de Cangas de Morrazo o día 3 de maio de 2015.
REGULAMENTO
HORARIO E INSCRITOS NA XORNADA BENXAMIN-ALEVIN.
Este sábado 18 de abril voltamos a Vilagarcia. O Complexo Deportivo de Fontecarmoa acollerá a III Xornada de Pista ao aire libre do programa Xogade. Será a penúltima ocasión para acadar as marcas que den o pase o Campionato Provincial.
Este é o enlace d@s amarel@s inscritos a proba.
INSCRIT@S
HORARIO E REGULAMENTO DAS XORNADAS ATLETISMO BASE
III XORNADA EN PISTA A.L. XOGADE INFANTIL
Vigo a 11 de abril de 2015
Moi boa Xornada na mañan do sábado nas Pistas de Atletismo de Balaidos en Vigo. Era a penúltima fase prevía para a categoria infantil e parece que o bo tempo acarreou boas marcas. Evidentemente hai un traballo e un adestramento previo, para ledicia d@s amarel@s hoxe foi uns deses días que todo, ou case todo saleu rodado.
Comezaba a proba cos concursos de lonxitude, altura e martelo, mentras na pista se desenvolvian os 220 metros valados. Gabriel Dacosta e Adrián Pastoriza participaron no salto de altura, con sendas marcas de 1.30 e 1.24 o que lles valeu para rematar 3º e 6º respectivamente. Os mesmos repetiron o concurso de salto de lonxitude, Gabriel Dacosta foi 3º cun salto de 3.96 e Adrián Pastoriza foi 9º con 3.71. Gabriel Dacosta acadou o 2º posto na sua quenda dos 150 m.l. cun tempo de 21.7.
Jesus Guimerans foi o único representante másculino en marcha, acadando o 1º posto no percorrido de 3km, cun tempo de 18:50.4. Tamén participou no triplo rematando 4º cun mellor salto de 7.39.
Lope Quinteiro e Martiño Núñez estiveron no concurso de xavelina, con lanzamentos de 23.09 e 18.93, foron 2º e 4º. Ambos repetiron no concurso de peso, lanzando 8.79 Lope Quinteiro, que rematou 1º e 6.76 Martiño Núñez, que acadou o 4º posto. Nos 500 m.l. Lope correu en 1:25.4, quedando 2º e Martiño en 1:47.9 rematando 8º.
Aaron Dominguez participou nos 1000 metros obstáculos (con ría) acadando o 2º posto con 4:08.5. Completou a xornada co 2º lugar no triplo cun salto de 8.28.
As mulleres estreaban a xornada co martelo máis o concurso de altura. Valeria Rodríguez mellorou a súa marca lanzando ata 27.17, rematando 1ª en lanzamento de martelo. En triplo repetiu posto cun salto de 8.13 e pechou a sua participación co 5º posto en 1000 m.l. en 3:38.9. Veronica Nuñez fixo tamén 1000 m.l. en 3:35.6, rematando 2ª. En salto de altura, con 1.36, foi 1ª e rematou en pértega 3ª con 2.10. Lara Fernandez acadou o 1º posto en pértega con 2.30 e rematou 2ª en altura coa mesma marca que Veronica, 1.36.
A marcha atlética para os infantis contou cun percorrido de 3kms., Valeria Fernández foi 2ª con 17:24.9, seguida por Ana Piñeiro con 18:18.9 e Irene Menéndez con 18:29.8. Valeria Fernández completou a xornada cun lanzamento de 16.25 en xavelina que lle valeu o 5º posto. Ana Piñeiro foi 8ª en xavelina con 12.28 e rematou 10ª en lonxitude cun salto de 3.33. Irene Menéndez acadou a 2ª plaza en lonxitude con 4.11 e foi 1ª na sua quenda de 150 m.l. cun tempo de 22.0.
As series de 80 m.l. contaron coa presenza máis numerosa de amarelas. Ariadna Gil, Laura Campos e Colomba Carballal rematando 2ª,3ª e 5ª na sua serie, con tempos de 10.9, 11.2 e 11.8. Ariadna Gil rematou 1ª en lonxitude con 4.57 e 2ª en 150 m.l. con 20.2. Laura Campos foi 2ª en 80 m.v. con 15.7 e 2ª en xavelina con 19.55. Colomba Carballal estivo en salto de altura, rematando 6ª con 1.24 e 1ª na sua quenda de 150 m.l. con 22.4.
Maria Rial, Sandra Souto, Sabela López e Ainoa Santos desputaron a seguinte quenda dos 80 m.l., ocuparon,por esta orde, os catro primeiros postos cuns tempos de 11.3,11.8,12.1 e 12.4. Maria Rial foi 9ª nos 500 m.l. con 1:38.9 e 2ª en triplo con 7.80. Sandra Souto foi 9ª en xavelina con 11.90 e 2ª na serie de 150 m.l. con 23.2. Sabela López foi 3ª nos 80 m.v. con 18.5 e 5ª en lonxitude con 3.73. Ainoa Santos rematou 1ª en lanzamento de disco con 21.98 e foi 6ª en xavelina con 13.83.
María Broncos e Alba Pardavila pecharon as series de 80 m.l. con 4º e 5º posto e tempos de 12.9 e 13.2. María Broncos foi 6ª na serie de 150 m.l con 24.5 . Alba Pardavila foi 6ª en lonxitude con 3.67 e21ª en altura con 1.10.
Nairara Villar foi 4ª na serie de 150 m.l. con 24.1, 2ª na sua quenda de 80 m.v. con 17.1 e 11ª en altura con 1.18. Alba Campos acadou o 2º posto en 500 m.l. con 1:30.6, 1ª en 80 m.v. con 15.1 e 4ª en peso con 6.46. Ines Pardavila foi 6ª na serie de 150 m.l. con 24.9, 17ª en 500 m.l. con 1:49.7 e 11ª en lonxitude con 3.27.
O vindeiro sábado 18 de abril Vilagarcia acolle a 3ª xornada de pista Xogade para Benxamín e Alevín, ALI ESTAREMOS…
HORARIO E INSCRITOS FASE XOGADE INFANTIL.
Este vindeiro sábado 11 de abril retomase o programa Xogade de Pista ao aire libre. Será nas pistas de Balaidos en Vigo onde se desputara a 3ª xornada para a categoría infantil.
INSCRITOS HOMES INSCRITAS MULLERES












Debe estar conectado para enviar un comentario.