PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

     O vindeiro 24 de novembro vai ter lugar en Narón o XXX CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. Vai ser o primeiro Campionato Federado da actual tempada e disputarase no Estadio Municipal Rio Seco. Esta proba de pista ao aire libre contará coa presenza de vari@s amarel@s. Pedro González na proba de 1km para SUB 10. Carlos Corredoira en 2km para SUB 14. Iris e Nerea Malvido nos 2km da categoria SUB 14. Sabela Castelo estreará categoria SUB 12 cun percorrido de 2km. O programa de probas do Campionato ten previsto o seguinte HORARIO:


10:45  1000m Sub10 H-M
10:55  2000m Sub12 Mulleres
11:15  2000m Sub12 Homes
11:35  2000m Sub14 Mulleres
11:55  2000m Sub14 Homes
12:15  3000m Sub16 Mulleres
12:45  5000m Sub16/Sub18/Sub20/Sub23/Senior/Máster Homes
13:15  5000m Sub18/Sub20/Sub23/Senior/Máster Mulleres


INFORMACION CAMPIONATO



PRESENTACION TEMPADA 2018/2019

Cangas, 17 de novembro de 2018

     O sábado 17 de novembro no Salón de Plenos do Concello de Cangas, arroupados pol@s soci@s, tivo lugar a presentación dos equipos do Vila de Cangas para a presente tempada. A familia politica que nos acompañou estivo representada por Chelo Besada, Deputada de Deportes, Xoan Chillon, Concelleiro de Deportes e Jose L. Gestido coma membro de Cangas Decide. No tocante a familia atlética tivemos a sorte de contar con un podio de categoria.  Escoitamos, da man de María Abel Dieguezos pormenores dunha exatleta olímpica. Contounos o que se lle pasaba pola cabeza neses durisimos maratons que a encumbraron a élite do atletismo. Agora e a nosa veciña polo cal agardamos poder empaparnos da sua sabiduria.



     Solange Pereira tamén nos acompañou. Tivo a deferencia de relatarnos os avatares da sua clasificación para o Campionato Europeo de Cross Mixto, sempre desde a humildade que a fai dobremente grande. Mar Chillón pechou o trio de invitadas poñéndonos o día do atletismo universitario, do seu pasado no Club e esas amizades que fixo para sempre. Será difcil esquecer a impronta que deixou a marchadora tanto no Club coma nos seus integrantes.



     O programa seguiu a orde establecida o longo dos anos anteriores. Primeiramente sacamos  a foto de grupo no exterior. Xa dentro do Concello, foron desfilando os diferentes equipos segundo as categorias. Pasamos lista, e a verdade, viñeron case tod@s. Menuda canteira, abraiados nos teñen. Máis cando os xuntamos en tan pouca superficie, nos desborda a sua vitalidade.



     Como toda festa galega, que se precie, rematamos degustando productos da casa (de cada un). Previamente foi repartida a revista nº 23, chegando a ser «trending topic» na sobremesa. Non nos queda máis que agradecervos formar parte da familia amarela un ano máis. No vindeiro ano cumprense 25 anos da creación do Club, así que igual nos da por facer unha xuntanza de amarelos, ex-amarelos…daquela si que non cabemos.


DATA PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2018/19

  O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2017/18, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 23 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 17 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estará composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 23 do Club.

  • PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

*(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



 

HORARIOS E VOLTA AO ADESTRAMENTO

     Este mércores 12 de setembro VOLTAMOS AOS ADESTRAMENTOS.  A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (SUB 10 ata SUB 16) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), agás o martessó as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2012) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas.  Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores. 

     Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou nas redes sociais. 



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 AO AIRE LIBRE

Soria, 07/08 de xullo de 2018

 

     Paula Martínez e Raquel Villa emprenderon camiño a Soria. Parece unha canción de Gabinete Caligari, pero era para a disputa do CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 AO AIRE LIBRE.  Coma nos teñen acostumados, ahí están nas grandes citas. Paula Martínez correu a semifinal de 100 m.v. nun tempo de 15.28, ese rexistro non foi suficiente para pasar a final. Na final do lanzamento de peso Raquel Villa estivo a piques de subir ao podio, rematou nun magnifico 5º posto gracias a un lanzamento de 11.88 m. Ogullos@s da nosa colleita do 96 e 98.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

A Coruña, 30 de xuño de 2018

     As pistas de A Elviña, recen arranxadas, acolleron o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. A doble xornada marcou o ritmo da competición, xa que de maña disputouse con normalidade pero coa chegada da tarde as treboadas foron as protagonistas. De feito a chuvia foi tan intensa que se tiveron que interrompir varias probas, retrasando o programa e anulando outras ata novo aviso.  O fosos da lonxitude máis o triplo estaban impracticables, sendo estas probas algunhas das que foron desprazadas para unha nova data, que sería o sábado 7 de xullo na mesma sede.



     Daniel Armada competiu nos 100 m.l. progresando na semifinal cun tempo de 11.22. Na súa final rematou 5º cun rexitro de 11.26. María Rodríguez foi 6ª na proba de 400 m.l. Paula Martínez e Ariadna Gil correron as semifinais de 100 m.v. coincidindo cun longo parón tras unha treboada. Con tempos de 16.57 e 16.60 remataron 4º e 6ª nas respectivas semifinais, o quecemento foi en balde. En circunstancias máis favorables competiron outros amarel@s, tal coma David Lorenzo que se proclamou SUBCAMPION GALEGO de salto de pértega e sumaba tamén unha mellor marca persoal cun magnifico salto de 4.32. Juan Piñeiro tivo a medalla de bronce ata o último salto de lonxitude, no que foi relegado ao cuarto posto, acadando tamén mellor marca persoal con 6.39. Raquel Villa acheugo a segunda medalla da competición coa PRATA en lanzamento de peso, lanzou a bola ata os 12.28. No concurso de disco rematou 6ª.

      A xornada do 7 de xullo, só se puido presentar Saray Amoedo, quen sumou en duas probas outras duas medallas. Gañou o concurso de triple salto e acadou o BRONCE en lonxitude. De seguro que esta ABSOLUTAMENTE satisfeita.

ACTOS PARA PECHAR A TEMPADA.

     O vindeiro sábado dia 04 de agosto  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase aos atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas en primeira convocatoria  e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • – Memoria  dos resultados da tempada 2017/18.

  • Lectura e aprobación do estado de contas.

  • Ampliación Xunta Directiva.

  •  Rogos e preguntas.


    Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a CEA FIN DE TEMPADA Co fín de acadar as tres BBB (bo, bonito e barato), imos solicitar varios orzamentos, polo cal,  tamén agradecemos se alguen quere ou pode mandarnos diferentes propostas, que o faga ao correo do club at.viladecangas@gmail.com . Agardamos a vosa asistencia para darlle un digno remate a tempada.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE

Castellón,  30/06-01/07/018

 

    Na localidade de Castellón disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 AO AIRE LIBRE. Acadaron a clasificación para esta importante cita Lope Quinteiro e Ana Piñeiro. O primeiro participaba nos 1000 m.l. e no concurso de peso, e a súa compañeira nos 3000 mts. Marcha. A xornada do sábado Lope participou na semifinal dos 1000 m.l. e na final do concurso de peso. Na carreira acreditou un tempo de 2:36.83, co cal pasaba a final co mellor rexistro. No lanzamento de peso foise ata os 13,74 mts., marca que lle permitiu acadar o 10º posto.



     A xornada do domingo depara duas finais, 3000 m. marcha e 1000 m.l. Na proba da marcha Ana Piñeiro rematou 8ª, cun rexistro de  15:51.16. Que mal acostumados nos ten, noraboa por ese esforzo. Lope Quinteiro disputaba a final coa confianza da boa carreira na semifinal. Foi unha final rapidísima e o máis rápido foi Lope Quinteiro con 2:35.01, que ven a ser a mellor marca na distancia nesta tempada, de feito os sete primeiros pasaron a liderar o ranking nacional. Parabens a este grande atleta pola sua tempada, vai ser dificil de esquecer.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE

Murcia, 23/24 de xuño de 2018

 

     Para Murcia se nos foi Daniel Armada. Disputabase nesa cidade o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 AO AIRE LIBRE. Este atleta lidera o ranking da tempada en Galicia nas probas de 100 m.l. e 200 m.l. Estas mesmas probas foron as que disputou no nacional. Nos 100 metros lisos acadou un rexistro de 11’35, co cal non progresou a semifinal. Na proba dos 200 metros lisos, estivo cerca da sua marca, rematou en 22’71, pero tampoco pasou a semifinal. 



CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 16 de xuño de 2018

 

     As pistas do CGTD de Pontevedra acolleron este pasado sábado o CAMPIONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBRE. Os nosos ilustres veterans xa son tratados coma mestres, sonche cousas da nomenclatura atlética. Este ano contabamos coa presenza de catro atletas, dos que todos acadaron premiación ao seu esforzo. Belen Lemat foi 1ª en 800 m.l., 2ª en 400 m.l. e 3ª en 1500 m.l., unha medalla de cada color. Manuel Lemos rematou SUBCAMPION GALEGO en triple salto e 5º en 800 m.l. Carlos Bernárdez acadou o 1º posto en martelo e foi 2º en disco. Juan Iglesias acadou o BRONCE na proba de 800 m.l. Unha aperta para estes MASTERS que ano tras ano son máis e mellores.