As pistas de A Malata acolleron o CAMPIONATO GALEGO SUB 20 e SUB 23 AO AIRE LIBRE. Participaban catro amarel@s. Na categoría SUB 20 Saray Amoedo rematou 1ª en triple salto e 1ª en salto de lonxitude. David Lorenzo venceu no concurso de pértega e foi 3º nos 400 m.v. Daniel Armada proclamouse CAMPION GALEGO en 100m.l. e 200 m.l.
Na categoría SUB 23 contamos coa presenza de Raquel Villaque rematou 1ª nos concursos de lanzamento de peso e disco.
Estase a disputar o CAMPONATO GALEGO MASTER AO AIRE LIBREnas pistas do CGTD de Pontevedra. Achegamos o enlace para o seguimento dos resultados sen perder de vista a participación de Ana Piñeiro e Lope Quinteiro no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE FEDERACIONS AUTONOMICASque acolle a localidade de Avilés.
Chegou o agardado 40 de maio e cumprindo co refrán nos quitamos o saio, máis o tempo non acompañou. Vaia xornada en Pontevedra, pola maña de maneira intermitente choveu e pola tarde de forma continua. As gradas estaban ateigadas de temeros@s da chuvia e os valentes estiveron na pista. Os amarel@s das categorías SUB 10, SUB 12 e SUB 14 que acadaron marca para este Campionato Galego, nos deleitaron cunha longa xornada de esforzo, sufrimento e premiacions. Acadaronse ao remate da proba un total de 20 medallas. AbrilEntenza, foi Campioa en 80 m.v. e lonxitude, sumando a isto un RECORD GALEGO coa marca obtida nos valados, 12.81. Erea Bastóntamén fixo dobrete coma 1ª nos lanzamentos de peso e disco. Carmen Castro repetía BRONCE nos lanzamentos de xavelina e disco. A sua compañeira Rocio Novas acadou o BRONCE en martelo. Nos homes da categoría SUB 14 obtiveronse dous BRONCES, un para Miguel Núñez en 220 m.v. e outro para Manuel Lemos en pértega.
Na categoría SUB 12 temos que destacar o triunfo de Gema Dacosta nos lanzamentos de peso e pelota. Obtiveronse tres BRONCES, Iris Malvido en marcha, Lara iglesias en pelota e Claudia Carcer en 60 m.l. Noa Nerga proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA de lanzamento de peso.
Alba del Valle foi CAMPIOA GALEGA de lanzamento de pelota e SUBCAMPIOA en salto de altura. Acompañouna no podio SUB 10 a sua compañeira Candela Castro cun BRONCE en pelota. Sabela Castelo e Hugo Collazo venceron na carreira de 1000 m.l. desta categoría. De seguido facemos mención a tod@s @s atletas que participarón no Campionato, moitos mellorando marca e outros acadando obxetivos. Gran culpa de ser un dos Clubs con máis medallas tamén foi dos adestradores, ou non?…
Este domingo 10 de xuño, en plena resaca do Cto. Galego de Categorías Menores, temos un importante Campionato Galego ao Aire Librepara as Categorías SUB 20 e SUB 23, nas Pistas de A Malata en Ferrol. As Pistas de Balaidos tamén acollen una nova xornada das Series Municipais. Deixando as probas federadas, o CEIP San Roque de Cangas celebra o seu XIV Cross Escolar con probas para escolares e carreira popular.
Despois de cruzar a península, as atletas Erea e Abril deron moita guerra e loitaron ata o final para achegarse ao ansiado podio. Esta claro que esa era a actitude, que se poda acadar é outro cantar. Erea Bastón remataba a primeira xornada no terceiro posto, tras lanzar 24.40 no disco e rematar 1ª no peso con 10.10. Coa proba final, os 80 m.l. rematou en 5ª posición no triathlon D, sumando 1354 puntos.
No tocante ao triathlon C, Abril Entenzarematou no posto 11º, sumando 1556 puntos. No salto de altura chegou ata 1.43 e rematou os 80 m.v. en 13.38. Na proba de lonxitude acadou un mellor salto de 4.46.
Noraboa a ambas atletas e agardamos que sumen máis probas deste nivel ao seu currículo.
Este sábado 9 de xuño vaise disputar o CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB 12 e SUB 14 nas pistas do CGTD de Pontevedra. Clasificaranse as 16 mellores marcas da actual tempada dos atletas inscritos. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos os listados definitivos d@s atletas clasificad@s
Para esta competición NON hai autobús, ao ser desprazamentos por conta propia pregase chegar con antelación as probas (UNHA HORA) polo menos. Lembrar que hai cámara de chamadas e tamén hai que facer o quecemento.
Este sábado na proba de Cantones dabase un digno remate ao Circuito Galego de Marcha Atletica. Tivemos tres amarel@s competindo, Sabela Castelo rematou 1ª no km da categoria SUB 10 cun tempo de 5:24. Lara Iglesias foi 4ªcon 12;12 no percorrido de 2 kms. Ana Piñeiro con 15:29 proclamouse vencedora na proba de 3 kms.
Entregaronse as premiacions do TROFEO JOSEFINA ROMERO, onde de maneira individual Ana Piñeiro e Denis Fernández acadaron o primeiro posto. Por equipos foron segundos tanto o feminino coma o mixto.
En duas xornadas disputouse no CGTD de Pontevedra o CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS. Na categoría SUB 20 participou David Lorenzo, quen tiña por diante 10 probas. Finalmente rematou o Decathlon con 4902 puntos. Isto valeulle para proclamarse CAMPION GALEGO na sua categoria.
Hoxe estase a disputar TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA ATLETICAdentro da festa que supon o GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA CANTONES. O citado Trofeo ofrece as categorías menores a oportunidade de compartir circuito con alguns dos mellores marchadores internacionais. Sorte a tod@s, e @s amarel@s un chisco máis.
Debe estar conectado para enviar un comentario.