XVI XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 9 de abril de 2010

O Club Atletismo Vila de Cangas tivo o privilexio de organizar no día de hoxe a xa XVI edición das Xornadas de Atletismo base, coa colaboración da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.
A participación foi aberta a todos os rapaces das categoría minibenxamín, benxamín e elevín, tanto nenos coma nenas, dos colexios dos arredores, aínda que tamén se permitía a participación doutros rapaces de fora.
Todas as probas estiveron baixo o control técnico do ilustrísimo Comité de xuíces da Delegación de pais e nais de atletas do club, así como baixo o control dos “veteranísimos “ atletas das categorías superiores. Foi tal o éxito que o xuíz árbitro non tivo que atender ningunha reclamación.
Hai que recoñecer que o tempo, nesta ocasión, aliouse con nós. Foi moi agradable, soleado e caluroso, cun pouquiño de vento que as veces ata se agradecía.

Estiveron representados case todos os colexios do Morrazo, e algún outro de fora: San Roque, A Rúa, Castrillón,Nazaret, E. Pondal, Compañía de María, Virxe Milagrosa, San Narciso, Hío, Torre- Cela, Montemogos, A Pedra, Sagrada Familia…
O campión da categoría alevín masculino foi Jorge Piñeiro Garrido, do colexio do Hío. O segundo foi Adrián Outeiral Vilas, do Compañía de María e o terceiro foi Pedro Osorio, do colexio S. Xoan.
Na mesma categoría, pero en mulleres, a vencedora foi Saray Amoedo Portabales, do colexio San Narciso. Seguiuna Noa García Prieto do Sagrada Familia e Mª Jesús Corredoira Herbello, do Virxe Milagrosa.
Ismael Otero Martínez, do colexio Montemogos, gañou na categoría benxamín masculina, siguido de Carlos Pérez Bacelar (A Pedra) e Antar Pérez (A Rúa).
O San Narciso volveu a gañar entre as benxamíns mulleres coa su representante Sandra Souto Otero. Ariadna Gil Fernández e Valeria Fernández Blanco foron segunda e terceira, respectivamente. Ambas son do colexio Nazaret.
A categoría con máis participantes foi a minibenxamín masculino. Aquí gañou Miguel Tato ( Cia de María), seguido de Lope Quinteiro Pena ( S. Roque) e Anxo Tenreiro González ( A Rúa).
Por ultimo só nos quedan as mulleres máis pequenas. A campiona foi Ainoa Santos Piñeiro (San Roque); a subcampiona foi Laura Magdaleno Cabral ( A Rúa) e a terceira Ágata Rodríguez Jalda (Castrillón).
Todos os rapaces saíron das pistas de atletismo cunha medalla colgada e unha boa merenda comida.
RESULTADOS:
minibenxamin-mulleres
minibenxamin-homes
alevin-homes
alevin-mulleres1
benxamin-homes1
benxamin-mulleres1

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS

O Club Atletismo Vila de Cangas estará no campionato galego absoluto de clubs, tanto na categoría feminina como na masculina.
O campionato será o 17 de abril en Lugo, nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera.
Tanto na categoría feminina como na masculina, os atletas do noso club deberán enfrentarse aos seguintes clubs: Gimnástica de Pontevedra, ADAS Proinor, San Fernando Lucus, Academia Postal, Ría Ferrol, Celta e Narón.

II XORNADA ATLETISMO PISTA INFANTIL – CADETE

Este sábado 10 de abril, nas pistas de atletismo de Balaidos, en Vigo, terá lugar a segunda xornada de atletismo en pista ao aire libre escolar infantil – cadete.
Tal e como pasaba coa anterior xornada que se celebrou en Pontevedra, esta é clasificatoria para o campionato provincial da categoría infantil. Como xa sabedes serán as 16 mellores marcas collidas de ambolas dúas xornadas.
Para os cadetes, en cambio, a súa clasificación para o provincial non será do mesmo xeito. Terán que acadar unhas mínimas das que xa falaremos no seu momento.
Polo de agora, quedádevos conque o sábado os infantiles e máis os cadetes competiredes en Vigo. Sairá un autobús de Cangas ás 9 da mañán e viaxarán con nós os do Morrazo.
Aquí tendes o horario das probas:20100410horario

TROFEO RECONQUISTA DE VIGO

Vigo, 28 de marzo de 2010.
A Asociación Viguesa de Atletismo organizou este domingo o XI Trofeo de Reconquista de Vigo. Aínda que houbo probas para todas as categorías moitos dos nosos atletas preferiron ir a bendicir o ramo, ou a durmir, pois esta noite tivemos unha hora menos de sono.
A xornada transcorreu sen incidencias e como anécdota, únicamente, dicir que cando ían dar a saida aos 2000 m. obstáculos, déronse conta de que non encheran a ría e tivo que aprazarse a saída.

resultados-reconquista-201003281

XORNADA INFANTIL – CADETE

Este sábado 27 foi a fase zonal en pista para a categoría Infantil e houbo algunhas probas para os cadetes como marcha, xavelina, martelo, disco e triplo/e salto.
Este zonal fíxose en Pontevedra. A pesar de que cando chegamos estaba todo mollado, o sol foise animando e deixounos unha mañá moi agradable e soleada.

Esta xornada caracterizouse pola cantidade moi numerosa de atletas que foron as probas de lanzamentos en contra dos 1000 metros obstáculos, o que só foi un neno. Tal vez a razón fora que nelas participaban os cadetes pero inda así chamou a atención que ninguén máis se animase a participar ou en marcha na que so ían dous homes
Escomezou a xornada con marcha e martelo e algúns atletas non tiñan case tempo de ir dun lanzamento a outro.

Houbo una atleta que se quedou en branco e cando lle tocou de saltar o triplo non se acordaba de cómo se facía e iso que quentara e non era a súa primeira vez ¡¡¡Cousas que pasan!!!
Pero si a alguén hai que felicitar polos resultados desta xornada, esa é Alexia, que conseguiu mellorar a súa marca persoal en altura ata 1’45 m.
Resultados:resultados_i__xornada_deporte_escolar_infantil_e_cadete

Resultados dos nosos:
Infantil mulleres;
Esmeralda Corredoira Herbello: 4ª en marcha, 12ª en altura
Lucía Piedras Gómez: 5ª en marcha, 5ª en triplo, 10ª en 150 m.l.
Johana Villar Parada: 1ª en martelo, 6ª en disco, 4ª en peso Seguir leyendo

ZONAL INFANTIL-CADETE E TROFEO DA RECONQUISTA

Este sábado, en Pontevedra, terá lugar a primeira fase para os infantiles, clasificatoria para o campionato provincial. Entre esta fase e a que terá lugar en Vigo o 10 de abril, sarirán as 16 mellores marcas que irán ao campionato provincial. Tamén nesta xornada se farán algunhas probas para os cadetes. Para esta última categoría, os resultados non clasifican para o provincial.
Aquí tendes o horario coas probas que hai en cada categoría:horario-i_xornada_infantil_cadete_270310
Por outra banda, o domingo delebrarase en Vigo o Trofeo da Reconquinta, organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo. Consultade horario e probas aquí:horario-reconquista

CONCENTRACIÓN DE MARCHA

Mar Chillón Camaño, Iria Piedras Gómez, Ángel Menduiña Gutiérrez e Rebeca Obenza Otero. Estes son os atletas do Vila de Cangas que están invitados á concentración de Semana Santa do sector de marcha. Dita concentración trancorrerá entre o sábado 27 de marzo e o martes 30. Será no albergue Fundación Ramón González Ferreiro, en Allariz.

Na circular que sigue pódese ver todo o que necesitan presentar os atletas no momento da súa incorporación, así como baixar a autorización da participación. circular_29-20101

SELECCIÓN GALEGA CADETE DE CAMPO A TRAVÉS


Dous atletas do Vila de Cangas formarán parte da selección galega cadete de campo a través. Trátase de Jesús Parcero Ríos e Tomás Ocaña Pazos. Ambos viaxarán este fin de semana a Albacete.
Xunto con estes dous atletas tamén viaxarán os outros compoñentes da selección, que son: Miguel Otero ( Cuntis), Ayoub Nagihi ( ADAS), Adrián Bouza (Ría Ferrol), Ero Doce ( Ría Ferrol), Javier Castro (Universidade de Santiago) e Xavier Legaspi (Elite Noia).

ZONAL BENXAMÍN – ALEVÍN DE PISTA AIRE LIBRE

Cangas, 20 de marzo de 2010

Despois dos últimos días en que parecía que por fin diexaramos atrás o inverno, precisamente no primeiro día da primavera, vai e volta a chover e ventar. Así foi como empezou o día de hoxe. As probas de marcha, lonxitude e altura masculina e peso feminina celebráronse en condicións verdadeiramente invernais. Logo o tempo deunos unha tregua e non volveu a chover ata case o final da mañá.

Como xa sabedes, cada atleta podía participar nun máximo de dúas probas. Sen dúbida a proba que contou con máis participantes foi a de lonxitude. Este ano houbo unha nova modalidade: o lanzamento de pelota, que consistía en lanzar a pelota a modo de xavilina.
Os resultados desta xornada non saberemos a importancia que teñen exactamente ata que non se faga a xornada seguinte o 17 de abril, que probablemente será en Vilagarcía, aínda que tamén pode ser en Pontevedra. Das marcas conseguidas nas dúas xornadas, clasificaranse as 16 mellores.
De momento, a próxima do deporte escolar será en Pontevedra, onde se celebrará a primeira xornada para a categoría infantil o vindeiro 27 de marzo.
Aquí podedes consultar os resultados:resultados-pista-cangas

Os nosos atletas quedaron como segue:
Alevín mulleres:
Noa García Prieto: 1ª en peso e 3ª en marcha
Alba Vidal Soliño: 1ª en 1.000 m.l. e 3ª en altura
Mª Jesús Corredoira Herbello: 2ª en 500 m.l. e 16ª en lonxitude Seguir leyendo