CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CROSS

Como xa vos tiñamos informados, o Vila de Cangas participou no campionato de España co equipo xuvenil masculino. A proba disputouse en Punta Umbría ( Huelva), no mesmo escenario que en moi poucas datas acollerá o campionato do mundo.
O equipo vencedor da proba foi A.D. Marathon. En canto a participación dos equipos galegos, os mellores resultados foron para o ADAS, que entrou no 16º posto. O Celta entrou no posto 20º.
Os atletas do Vila de Cangas conseguiron a posición nº 38 na clasificación por equipos. De todos eles, o que mellor se lle deu a proba, que contaba un percorrido de 6500 m., foi a Tomás Ocaña (posto 68). Máis atrás entraron Jesús Parcero (124º), Antón Menduiña (174º), Sergio Piñeiro (215º) e Aarón Misa.

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Pontevedra, Domingo 13 Febreiro 2011

Este domingo en Pontevedra e a pesar da ameaza de intensa chuvia, celebrou-se o campeonato de Marcha en ruta. A ameaza fíxo-se realidade e en algunhas ocasións choveu demasiado. Iso non impediu brillar con luz propia a moitos atletas, que demostraron que unha «pouca» auga era insuficiente para impedirlles competir.

Hoxe contamos cunha espectadora especial, Rebeca Obenza, que a pesar de estar con muletas, por culpa dunha caída esta semana, quixo animar a todos os seus compañeiros.

A primeira carreira foi a dos 3 km. Onde competían alevíns e infantiles. Tal vez foi nesta carreira onde máis chuvia caiu. Andrés Obenza e Noa García obtiveron a 5ª e a 6ª praza.
A seguinte foi 5 km, Mar Chillón, quen levaba unha pequena vantaxe sobre os seus rivais, entrou a primeira gañando o ouro.

En 2 km estrearonse dous atletas do Vila, Ana Piñeiro e Jesús Guimeráns. E miúdo estreo tiveron! Ana gañou a medalla de prata e Suso a de bronce. Con eles tamén participaba Valeria Fernández, quen xunto con Ana, liderarou a carreira quitando-lles moita distancia os seus compañeiros.

A seguinte distancia foi 10 km. Tras moitos nervios, algunha expulsión e demasiada angustia, Ángel Menduiña conseguiu a medalla de bronce e Iria Piedras a de prata e unha praza no hospital, onde a levaron para avaliar a lesión que xa tiña e que durante a carreira aumentou. Desexámoslle que non sexa moi grave.

Resultados:

2 Km:
Valeria Fernández – Medalla de Ouro – 13:47
Ana Piñeiro –Medalla de Prata – 13:52
Jesús Guimeráns – Medalla de Bronce – 15:47
3 Km:
Andrés Obenza – 5º – 20:08
Noa García – 6ª – 19:29
5 Km:
Mar Chillón – Medalla de Ouro – 26:44
10 Km:
Ángel Menduiña – Medalla de Bronce – 50:50
Iria Piedras – Medalla de Prata – 1:04:22

Zonal Escolar Benxamín/Alevín – Infantil Combinadas

Vigo a 12 de febreiro de 2011-Pistas de atletismo de Balaidos

Este ano o zonal repartiuse entre as localidades de Pontevedra e Vigo, nos participamos na cidade olivica. Cada atleta das categorias benxamín e alevín podía participar en duas probas e na categoria infantil realizaron un tetratlón. A participación do Vila de Cangas foi considerable, existindo probas nas que os nosos atletas foron os únicos competidores, por exemplo na marcha houbo duas carreiras nas que Andres Obenza e Jesus Guimerans competían en solitario.  Nas demais probas houbo máis   afluencia, con resultados excelentes  para as nosas categorias, os resultados me  remito  http://vigoatletismo.es/resultados/2011.02.12.pdf

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS POR CLUBS

O Vila de Cangas participará este domingo 13 de febreiro no campionado de España de cross cun equipo xuvenil masculino.

A proba será en Punta Umbria, na provincia de Huelva; ou sexa, aquí o lado, coas vistas no mesmo océano.
Os nosos atletas participantes son: Sergio Piñeiro, Jesús Parcero, Antón Menduiña, Aarón Misa, e Tomás Ocaña. Seguro que xa teñen a maleta preparada. Este equipo non é a primeira vez que participa nun campionato a nivel nacional, xa se estrenaron o ano pasado.
Ademais dos nosos xuveniles tamén irá Maikel Portela, formando parte do equipo do Celta.

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA

Coruña, Domingo 6 febreiro 2011

Tras a emocionante xornada de onte na que participaron os xuvenis e os xuniors, a pista cuberta abriu esta vez para os cadetes.

A competición comezou cos concursos de salto de altura, onde participaba Alexia Vidal e con Lanzamento de peso feminino. A esta proba presentaronse 13 atletas e a metade eran de Cangas. Raquel, Antía, Talía, Carla e Johana por parte do noso club e Irene do A. Morrazo.

Temos bos lanzadores nesta categoria, Raquel Vila levou o ouro e marca para ir ao campeonato de España. E Pablo Castro foi un dos protagonistas do día. Foi capaz de bater o record galego que el mesmo conseguiu fai pouco, non unha se non dúas veces. O récord que estaba en 15.45 pasou a 15.62 para acabar en 15.65 m.
Patri Abal participou na carreira de 600 m.l. acabando 4ª e Alexia 6ª en lonxitude.

Pola tarde só dúas das nosas atletas participaron en probas. Sara Villar conseguiu chegar a tempo para competir na súa serie de 50 m. valados, na que obtivo o primeiro posto, que lle garantiu o pase á final. Dita carreira estivo moi competida e finalmente Sara subiu ao pódium a recoller o bronce.
A xornada da tarde rematou cos 3000 m.l. Ana Antepazo, que non se atopaba ben, correu pero retirouse cando faltaban 2 voltas para finalizar.

Resultados:
Cadete hombres
Pablo Castro: Campeón Galego en Lanzamento de Peso e Record Galego

Cadete mujeres
Raquel Villa: Campeona Galega en Lanzamento de Peso
Antía Román 4ª Peso
Talía García 5ª Peso
Carla Bernárdez 9ª Peso
Johana Villar 12ª Peso
Alexia Vidal: 5 º en salto de altura e 6ª en Lonxitude
Patricia Abal 4ª nos 600 m.l.
Sara Villar: Bronce nos 50 m. valados

ZONAL ESCOLAR DE ATLETISMO EN PISTA

Esta tempada empezamos o atletismo en pista sen rematar có cross. Así, este fin de semana será o zonal escolar de pista ó aire libre en Vigo e Pontevedra. A nós tócanos ir a Vigo.

As probas están destinadas as categorías alevín e benxamín, Tamén terá lugar o zonal de probas combinadas para os infantiles.

Para todos os que teñades interés podedes descargar aquí o horario:2010.02.12.horario

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL – XUNIOR DE PISTA CUBERTA

A Coruña, a 5 de febreiro de 2011.
Este fin de semana é de pista cuberta. O sábado compiten as categorías xuvenil e xunior e o domingo a categoría cadete.
Tanto para un campionato coma para outro fixéronse importantes cribas a hora de admitir a inscrición, e logo resultou que se disputaron probas conxuntas entre xuveniles e xuniors, como o caso dos 3000 e dos 1500 entre outras, onde quedaron rapaces fora que non foron admitidos por falta de marca.
Entre os nosos xuveniles destacaron Simón Acuña no lanzamento de peso, acadando a segunda posición, sendo unicamente vencido polo seu eterno rival: Luis González, do San Narciso. Tamén Tinín destacou na proba dos 400 m.l. Brindounos unha carreira de infarto, manténdose case toda ela en terceira posición e na última volta pegando un acelerón que a piques estivo de proclamalo campión da proba.
Entre os xunior, o nosos único representante, Juanma, subiu o podio como subcampión galego nos 50 m. valados.
Pero sen dúbida, si algún ten merecido un aplauso, esta é Aida. Participou en tres probas e en ningunha delas tivo piedade das súas adversarias. Antes de que rematara a mañá xa era subcampiona dos 50 m.l. Pola tarde non se conformou coa prata e levou o ouro nas probas de 200 e 400 m.l.

Xuvenil homes:
Faustino Maquieira: subcampeón galego nos 400 m.l.
Antón Menduiña: 7º nos 800 m.l.
Tomás Ocaña: 5º nos 3000 m.l.
Simón Acuña: subcampeón galego en lanzamento de peso
Xunior homes:
Juan Manuel Novo: subcampeón galego nos 50 m. valados
Xuvenil mulleres:
Aida Amoedo: Subcamiona galega en 50 m.l., campiona galega en 200 m.l.e campiona galega en 400 m.l.
Ariana Martínez: 5ª nos 1500 m.l.
María Jesús Novo:7ª nos 1.500 m.l., 5ª en lonxitude e 5ª en triplo

CIRCUÍTO GALEGO DE MARCHA

O domingo 23 de xaneiro tivo lugar a primeira xornada do circuíto galego de marcha Josefina Romero,, que coincidiu no tempo có zonal de cross a celebrar en Domaio; debido a esta coincidencia as categorías inferiores non contaron coa presencia dos nosos atletas, o que tamén se notou nas probas destas catagorías.
O circuíto de marcha constará de dúas probas de pista aire libre e dúas de ruta;coincidindo a final có gran premio de marcha de A Coruña.
En 3km, Mar Chillón foi segunda, mantendo desde o principio un duelo épico coas dúas Carmens, a partir do segundo quilómetro, a proba foi cousa de dúas, decidíndose a proba por un pequeno marxe.
Nos 5km competían xuntas as mulleres xuveniles, xunior, promesa e senior pola rúa 1 e os homes pola rúa 4.
Angel Menduiña chegou en 6ª posición, o mellor foi que por fin consegue mellorar a súa marca na distancia; foi durante o primeiro km que perdeu distancia cós compañeiros de proba, pero que esta vantaxe non aumentou, manténdose durante os restantes 4 km.
Pola rúa 1, Rebeca Obenza e Iria saíron cun ritmo semellante, sendo acompañadas por Mirian. A partir do primeiro km, Rebeca e Mirian desglosáronse un pouco, logo do 3º km Rebeca foise adiante ata alcanzar a atleta que ía diante dela, o que lle permitiu acadar a 5ª posición absoluta, sendo a 2ª na categoría promesa. Iria entrou en 8ª posición, sendo a 2ª xuvenil.
Nesta mesma proba nos enteramos que o campionato galego de marcha en ruta vaise celebrar na cidade de Pontevedra, polas rúas do centro; có cal non teremos que darnos uns madrugóns para chegar a A Coruña ou a Narón.

(José Obenza)

RECORD GALEGO

O noso atleta cadete, Pablo Castro Chapela, superou o pasado sábado 22 de xaneiro a  non so a súa marca, senon tamén a dos demais lanzadores da sua categoría.  O acontecemento sucedeu en Braga ( Portugal), onde Pablo lanzou unha bola de catro quilos ata unha distancia de 15’45 metros. Isto supón que Pablo ostenta agora non so o record de lanzamento de peso en pista ó aire libre, senon temén en pista cuberta. ¡Noraboa, Pablo!