IX Carreira Pedestre Concello de Padrón

Padrón a 5 de marzo de 2011

Sobre as duas da tarde marchamos para participar na novena carreira pedestre do Concello de Padrón. Era sábado de entroido polo cal a representación do Vila de Cangas foi bastante reducida. O trazado do circuito se desenvolvia polo paseo do espolon coa estatua de D. Camilo Jose Cela como testemuña do discurrir das competicións. Primeiro foron os Pitufos que percorreron 100 metros, motios deles ataviados con disfraces de superherois. Logo chegou o primeiro podium para o Vila coa primera posición de Sara Mallo en prebenxamins. A salida das diferentes categorias se realizou conxunta, e decir homes e mulleres, si ben nos benxamins, fixo que o alto numero de nenos na procura dunha boa posición, produxera caidas e atropelos polo esbaradizo do firme. Nesta categoria Ariadna Gil foi segunda e Antón Iglesias terceiro. Nos alevins foron Mª Jesus Corredoira e Alba Vidal primeira e segunda en mulleres, acadando David Lorenzo a cuarta posición en homes. Na categoria infantil-cadetes participou Esmeralda Corredoira quen conseguiu un meritorio cuarto posto como cadete. Na última carreira, despois de 10 kilometros, Maykel Portela Portela quedou segundo da categoria Promesa. Os resultados da proba foron http://www.atletismogalego.com/Resultados201011/Santiago/S050311.pdf

Fotos Padrón 2011

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Chega o campionato galego de campo a través escolar. Será o vindeiro sábado 12 de marzo no complexo deportivo de Monterrei (Ourense).
Neste campionato teñen dereito a participar os tres primeiros equipos de cada campionato provincial das categorías alevín , infantil e cadete. Nun primeiro momento díxose que tamén participarían os benxamíns, pero logo decidiron que non. O Vila de cangas participará con tres equipos: alevín masculino, infantil feminino e infantil masculino. A nivel individual participan os oito primeiros atletas. Nesta condición irán as alevíns María Jesús Corredoira e Alba Vidal, as que terán que recorrer unha distancia de 1.500 metros. Ós homes desta mesma categoría espéranlle 2000 metros, igual que as infantiles. Os homes desta mesma categoría atoparán a meta despois de 2.500 metros.
As probas empezarán ás 11:30 horas, pero os dorsais xa hai que recollelos case unha hora antes.
O Deporte Escolar facilitará o transporte cun autobús que sairá de Cangas ás 8:00 h. da mañá. A viaxe non será directa, senón que irá recollendo a outros atletas doutros clubs.
circuito_galego_escolar

RECEPCIÓN OFICIAL

Este mércores, 9 de marzo, terá lugar unha recepción oficial ós atletas do Vila de Cangas da categoría cadete que acadaron medallas nacionais en datas recentes. Trátase de Raquel Villa Carracelas, Pablo Castro Chapela e Mar Chillón Camaño. Será no Salón de Plenos do Concello de Cangas, a partir das 13:00 horas. Están invitados ó acto os pais, familiares e adestradores dos atletas.

MAR CHILLÓN, SUBCAMPIONA DE ESPAÑA EN MARCHA

Benicassin ( Castellón) , 6 de marzo de 2011.

A selección galega de marcha desprazouse esta fin de semana ata Benicassin (Castellón). Entre os seleccionados viaxaban tres atletas do Vila de Cangas: Mar Chillón, Iria Piedras e Ángel Menduiña.

A actuación dos galegos foi, en xeral , bastante boa. O equipo xunior- xuvenil conseguiu o segundo posto na clasificación. Angel Menuiña entrou na meta no posto 14 da sua categoría, a moi escasos segundos de conseguir a marca para o campionato de España individual.

Nesa mesma categoría, as mulleres conseguiron o 5º posto. Aquí participaba a nosa atleta Iria Piedras, quen pasou estes últimos días apartada dos adestramentos por culma dunha lesión. Entrou na meta no posto 21 da sua categoría.

E, por último, quédanos resaltar a actuación de Mar Chillón.  Ela mesma veu invadida pola emoción ó comprobar que se facía coa segunda praza, pasando a ser a actual subcampiona de España de marcha en ruta. Pero iso non é todo o que hai que dicir con respeto a Mar. Parou o crono en 25 minutos e 38 segundos , o que significa que rebaixou en 15 segundos o rexistro que Lorena Luaces tiña nesta mesma categoría dende o ano 1999. Noraboa!

ZONAL INFANTIL INCIVIDUAL E ALEVÍN COMBINADAS

Pontevedra, 26 de febreiro de 2011

Este ano dividiron os zonais en dúas sedes; unha en Vigo e outra en Pontevedra.
O Vila de Cangas, nesta ocasión, a pesares de depender da Delegación de Vigo, foi competir a Pontevedra. O motivo foi que na sede de Vigo había moitos atletas competindo e por decisión do Deporte Escolar, a nós mandáronnos para á capital.
A mañá estivo estupenda, nin moito frío nin demasiado calor,
Ó iniciar a competición, algúns atletas tiveron que facer dúas probas ó mesmo tempo. Este foi o caso de Óscar Broullón, que tivo que correr polo estadio de atletismo dunha punta a outra, pois coincidiulle o lanzamento de peso có lanzamento de martelo. Estresouse un pouco de principio, pero logo demostrou a súa valía clasificándose en 1ª posición nas dúas probas, e máis tarde tamén repetiu posto có lanzamento de disco.
Moitos dos nosos atletas conseguiron primeiros postos con moi boas marcas.
En combinadas alevín había moitos atletas, tanto en masculino como en feminino. Habilitaron tres fosos de lonxitude e tres de lanzamento de peso, o que axudou a que se cumprira o horario e volvéramos á casa á hora prevista.

                                                                                        (Carmen Parada)

Infantil homes:

Óscar Broullón: 1º en disco, 1º en martelo, 1º en peso

Raúl Dacosta : 1º en 80 m.l., 1º en lonxitude, 1º en triplo Seguir leyendo

PLATA PARA PABLO CASTRO E OURO PARA RAQUEL VILLA

Oviedo, 26 e 27 de febreiro de 2011.
Pablo Castro Chapela non conseguiu lanzar a súa marca na tarde do sábado. Empezou cun lanzamento de 13.85. O segundo lanzamento foi mellorando, superando en case un metro ó primeiro, 14.83. A continuación viñeron tres nulos e o seu mellor lanzamento agardou a última oportunidade, lanzando 14.86 e valendolle a prata.

Raquel Villa Caracelas competiu hoxe domingo e as felicitacións para ela deben ser dobres, pois superou a súa mellor marca, situada en 11’99 da pista ó aire libre e  proclamouse campiona de España cunha marca de 12.17 m.

Sopoñemos que os méritos destes dous atletas valgan para ser tidos en conta na Gala do Deporte deste concello na presente tempada.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA

Dous dos nosos atletas, Pablo Castro e Raquel Villa, irán este fin de semana a Oviedo a fin de participar no campionato de España cadete de pista cuberta.
Raquel xa sabe o que é subirse o podio a nivel nacional, pois na tempada anterior conseguiu o bronce neste mesmo campionato e repetiu logo na pista ó aire libre. Pablo está a pasar por un dos seus mellores momentos. Nesta tempada superou o record galego tres veces. Ambolos dous presentaranse en Oviedo con marcas que poderían ser merecedoras de podio. Todos confiamos en que así sexa.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS

Portas, Sábado 19 Febreiro 2011
Houbo unha vez en Portas, moi cerquiña de Caldas, unha fábrica moi doce, cunha chimenea enorme. Un día a fábrica cerrou as portas e deixou de fabricar azucre. Moitos anos máis tarde, nos terreos da fábrica, e tendo a gran chimenea como testigo de todo o que aconteceu, celebrouse o campeonato provincial de cross.

Non choveu, pero o terreo xa estaba cheo de lama, así que vos poderedes facer unha idea de cómo terminaría despois de pasar tantos rapaces. Moitos chegaron descalzos, houbo moitos resbalóns e alguna visita á ambulancia, pero todo isto fixo que fose máis interesante acadar os primeiros postos.

Individualmente subiron o pódium os benxamíns Ariadna Gil (Bronce), Simón Pereira (Prata) e Lope Quinteiro (Bronce), na categoría Alevín Mª Jesús Corredoira (Prata), Alba Vidal (Bronce) e Jorge Piñeiro (Bronce)

Foi unha pena que as rapazas alevíns non puideran completar o equipo. Os demais equipos acadaron os seguintes pódiums ou posicións:
• Benxamin: feminino (ouro) e masculino Equipo A (prata) e o Equipo B 8º.
• Alevín :masculino Equipo A (ouro) e o Equipo B 4º
• Infantil: Feminino (Prata) e o Masculino (Bronce)
• Cadete: Feminino Equipo A 5º e o Equipo B 9º

Resultados provincial cross 2011

CONTINUAMOS CON PISTA

Este sábado 26 de febreriro terá lugar a segunda fase comarcal de pista ao aire libre clasificatoria para o campionato provincial.
Nesta ocasión os que farán combinadas serán os alevíns, mentres que os infantiles buscarán a clasificación por probas.
Por desición do Deporte Escolar, nesta segunda xornada iremos a Pontevedra. Sairá im autobús ás 8:45 horas de Cangas.
Para o campionato provincial clasificaranse as 16 mellores marcas das fases comarcais de cada proba, podendo participar en dito campionato os benxamíns, alevíns e infantiles, tanto homes como mulleres. Si ben, hai que dicir que para os benxamíns non hai probas combionadas.
Este sábado, os alevíns participarán nas probas combinadas, que están compostas por 60 m.l., lonxitude e lanzamento de peso.
Os infantiles poderán facer tres probas a escoller entre: 80 m.l., 150 m.l., 500 m.l., 1000 m.l., 3000 ml, 80 m.v., 220 m.v., 3 km marcha, lonxitude, triplo, altura, pértega, peso, disco, xavelina e martelo.
O horario é o seguinte: Pista 26 Excel.xls horario

…E SEGUIMOS CÓ CROSS

O vindeiro sábado 19 de febrerio, iremos a Portas. O que imos facer alí e disputar o campionato provincial escolar de campo a través.

Sairemos dende a estación de autobuses ás 9 da mañá nun transporte patrocinado polo Deporte Escolar.
O Vila de Cangas participa con 14 equipos, o que, posiblemente, o convirta no Club que máis atletas aporta á competición. Da zona do Morrazo tamén irán os clubs «Samertolameu» e «Atletismo Morrazo».
Como sabedes, para estar neste provincial, houbo que pasar as probas de cada zona da provincia: Morrazo, Pontevedra, Val do Salnés, Val Miñor, Deza, Vigo, Baixo Miño, a Estrada e alto Salnés.
Nas tempadas anteriores, clasificábanse para este campionato os dous mellores equipos de cada zona e os seis mellores individuais. Este ano, por primeira vez, pasarán os tres mellores equipos e os oito primeiros individuais. Este mesmo criterio será o que se teña en conta para a clasificación para o campionato galego escolar de campo a través.
As distancias varian desde os 700 metros asignados ós benxamíns ata os 4000 metros que terán que percorrer os cadetes homes.
triptico