PRESENTACIÓN TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO

Este mércores, día 29 de abril, tivo lugar na Fundación Cangas Deporte (Casa da Xuventude de Cangas) a presentación do XI TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO.

O acto acudiron Francisco Soliño (Concelleiro de Deportes) e Mª Carmen Parada (Presidenta do Club Atletismo Vila Cangas)

O evento, que terá lugar este domingo 3 de maio no Estadio Municipal de Cangas, trascorrerá en horario de 10.30/13.30 h, e nel participarán preto de 150 atletas.

Na proba competirán deportistas en categoría BENXAMIN – ALEVIN – INFANTIL – CADETE – XUVENIL – JUNIOR – PROMESA – ABSOLUTO (masculina e feminina), achegados dende diferentes puntos da xeografía galega.

A competición está organizada polo CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS, supervisada pola FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO (Vigo) e conta co patrocinio da FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE e o CONCELLO DE CANGAS.


DSCF0001


CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS

Ferrol a 25 de abril de 2015

A xornada do sábado estaba reservada para a disputa do CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS na cidade departamental. A cantidade de probas facia preciso que se dividira en dúas xornadas, unha de maña e outra de tarde. Moi complicado chegar a cubrir todas as probas, no caso da sección másculina non tivemos participación no 1500 m.l., 3000 obstáculos, xavelina, relevo 4×400 m. e os 5 kms de marcha.

Pedro Ben foi 6º nos 100 m.l. e 6º no relevo de 4×100 m. Cesar Antonio González fixo 4º nos 200 m.l. e Iago Soto 7º nos 400 m.l. ademáis de 6º nos 4×100 m. Pedro Acuña rematou 8º no 800 m.l.. Sergio Iglesias acadou o 5º posto nos 3000 m.l. Nas probas de valados Angel Menduiña rematou 5º en 110 m e Alvaro Lorenzo 8º no 400 m. Mención para os cadetes David Lorenzo, 8º en altura, Adrián Outeiral,  7º en lonxitude, Daniel Armada 6º en pértega e Dani Calvar 4º en triplo.  O veterán Carlos Bernárdez rematou 7º no concurso de martelo. Pablo Castro reapareceu cun 3º posto en peso e Francisco Rodal sacou tempo para participar no lanzamento de disco e acadar o 8º posto. Nabor Vazquez e Alejandro Alvárez completaron o relevo 4×100, no que remataron en 6º posto.

O equipo masculino rematou en 8º posto, sumando un total de 43 puntos.


11157399_10203846886632898_2080289309961590233_o


No tocante o equipo feminino foron cubertas todas as probas no Campionato, co cal se viu reflexado no resultado final do conxunto. A velocista Noelia Graña foi 4ª nos 100 m.l. e 5ª no relevo 4×100 m. Estela Crespo quedou 6ª en 200 m.l. e 5ª no relevo 4×400 m. Aida Amoedo tamén foi 5ª no relevo de 400m e repetiu posto na carreira individual desta distancia. Noa Rouco rematou 3ª nos 800 m.l. Marina Caballero participou no 5º posto do 4×400 e foi 4ª na proba de 1500 m.l. A cadete Alba Vidal acadou o 4º posto no 3000 m.l. Desta categoría tamén estiveron Paula Santos, 8ª en lonxitude e Saray Amoedo, 3ª en triplo. Ainara Rodríguez rematou 5ª nos 3000 m. obstáculos. Nas probas de valados Paula Martínez foi 3ª en 100 m. e Mª Jesús Novo 7ª nos 400 m. Por concursos Martina Paramos foi 5ª en pértega, Raquel Villa 2ª en peso, Patricia Torres 3ª en disco, Laura Meira 2ª en xavelina e Ainoa Fernández 6ª en martelo. Completaron os relevos, con sendos quintos postos, Sara Villar 4×100 e Ana Antepazo 4×400. Mellorou marca Mar Chillón nos 5 kms marcha, rematando 2ª. A suma do equipo deu un total de 96 puntos que propiciaron o 5º posto, empatadas coas cuartas.


11164613_10203846887672924_2454693198094122089_o


A suma dos dous equipos foi de 139 puntos, acadando o 4º posto na clasificación global. Un bo traballo… de equipo.

 

LISTA DE SAIDA PARA O CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS.

Este vindeiro sábado 25 de abril as pistas da Malata en Ferrol acollerán o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS. Os clubs participantes en HOMES son: Real Club Celta Atletismo, CA Naron, SG Pontevedra,ADAS Proinor, C.A Santiago,Lucus Caixa Rural, Riazor Coruña e Vila de Cangas.  En MULLERES, Ria Ferrol, At. Feminino Celta,Vila de Cangas, Lucus, SG. Pontevedra, ADAS Proinor,CA Naron e Riazor Coruña. 


  REGULAMENTO                     HORARIO


Poderase facer un seguimento da proba neste enlace http://www.fgatletismo.es/resultados/ferrol/250415/ Moita Sorte Campións.clubes pista

HORARIO E INSCRITOS IV FASE PREVIA XOGADE PISTA A.L.

Este sábado 25 de abril rematanse as fases prevías de Pista ao Aire Libre do programa Xogade. Será nas pistas de atletismo de Fontecarmoa, que este ano nos tocou coñecer tan ben. Agora xa ninguen pregunta onde quedan as pistas de Vilagarcia. Voltaremos para a disputa de algún Campionato Provincial,  pero antes vos informaremos do horario para este sábado e tamén d@s amarel@s  da categoria INFANTIL que están inscritos para a proba.


INSCRITOS


hp250415-page-001

PROBAS COMBINADAS EN VILAGARCIA.

O día 18 e 19 de abril terá lugar o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES DE PROBAS COMBINADAS e o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PROBAS COMBINADAS. Para participar por clubes según o REGULAMENTO puntúan 3 atletas (dente cadete ata absoluto). No listado de INSCRITOS están Dani Calvar e Angel Menduiña. O Campionato vaise disputar no Complexo Deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia no seguinte HORARIO.


10492027_757361804286686_2910208867217388546_n


III XORNADA EN PISTA A.L. XOGADE INFANTIL

Vigo a 11 de abril de 2015

Moi boa Xornada na mañan do sábado nas Pistas de Atletismo de Balaidos en Vigo. Era a penúltima fase prevía para a categoria infantil e parece que o bo tempo acarreou boas marcas. Evidentemente hai un traballo e un adestramento previo, para ledicia d@s amarel@s hoxe foi uns deses días que todo, ou case todo saleu rodado.

Comezaba a proba cos concursos de lonxitude, altura e martelo, mentras na pista se desenvolvian os 220 metros valados. Gabriel Dacosta e Adrián Pastoriza participaron no salto de altura, con sendas marcas de 1.30 e 1.24 o que lles valeu para rematar 3º e 6º respectivamente. Os mesmos repetiron o concurso de salto de lonxitude,  Gabriel Dacosta foi 3º cun salto de 3.96 e Adrián Pastoriza foi 9º con 3.71.  Gabriel Dacosta acadou o 2º posto na sua quenda dos 150 m.l. cun tempo de 21.7.

Jesus Guimerans foi o único representante másculino en marcha, acadando o 1º posto no percorrido de 3km, cun tempo de 18:50.4. Tamén participou no triplo rematando 4º cun mellor salto de 7.39.

Lope Quinteiro e Martiño Núñez estiveron no concurso de xavelina, con lanzamentos de 23.09 e 18.93, foron 2º e 4º. Ambos repetiron no concurso de peso, lanzando 8.79 Lope Quinteiro, que rematou 1º e 6.76 Martiño Núñez, que acadou o 4º posto. Nos 500 m.l. Lope correu en 1:25.4, quedando 2º e Martiño en 1:47.9 rematando 8º.

Aaron Dominguez participou nos 1000 metros obstáculos (con ría) acadando o 2º posto con 4:08.5. Completou a xornada co 2º lugar no triplo cun salto de 8.28.


11150973_337902546398247_7962242738960506815_n


As mulleres estreaban a xornada co martelo máis o concurso de altura. Valeria Rodríguez mellorou a súa marca lanzando ata 27.17, rematando 1ª en lanzamento de martelo. En triplo repetiu posto cun salto de 8.13  e pechou a sua participación co 5º posto en 1000 m.l. en 3:38.9. Veronica Nuñez fixo tamén 1000 m.l. en 3:35.6, rematando 2ª. En salto de altura, con 1.36, foi 1ª e rematou en pértega 3ª con 2.10. Lara Fernandez acadou o 1º posto en pértega con 2.30 e rematou 2ª en altura coa mesma marca que Veronica, 1.36.

A marcha atlética para os infantis contou cun percorrido de 3kms., Valeria Fernández foi 2ª con 17:24.9, seguida por Ana Piñeiro con 18:18.9 e Irene Menéndez con 18:29.8.  Valeria Fernández completou a xornada cun lanzamento de 16.25 en xavelina que lle valeu o 5º posto. Ana Piñeiro foi 8ª en xavelina con 12.28 e rematou 10ª en lonxitude cun salto de 3.33. Irene Menéndez acadou a 2ª plaza en lonxitude con 4.11 e foi 1ª na sua quenda de 150 m.l. cun tempo de 22.0.

As series de 80 m.l. contaron coa presenza máis numerosa de amarelas. Ariadna Gil, Laura Campos e Colomba Carballal rematando 2ª,3ª e 5ª na sua serie, con tempos de 10.9, 11.2 e 11.8. Ariadna Gil rematou 1ª en lonxitude con 4.57 e 2ª en 150 m.l. con 20.2. Laura Campos foi 2ª en 80 m.v. con 15.7 e 2ª en xavelina con 19.55. Colomba Carballal estivo en salto de altura, rematando 6ª con 1.24 e 1ª na sua quenda de 150 m.l. con 22.4.

Maria Rial, Sandra Souto, Sabela López e Ainoa Santos desputaron a seguinte quenda dos 80 m.l., ocuparon,por esta orde, os catro primeiros postos cuns tempos de 11.3,11.8,12.1 e 12.4. Maria Rial foi 9ª nos 500 m.l. con 1:38.9 e 2ª en triplo con 7.80. Sandra Souto foi 9ª en xavelina con 11.90 e 2ª na serie de 150 m.l. con 23.2. Sabela López foi 3ª nos 80 m.v. con 18.5 e 5ª en lonxitude con 3.73. Ainoa Santos rematou 1ª en lanzamento de disco con 21.98 e foi 6ª en xavelina con 13.83.

María Broncos e Alba Pardavila pecharon as series de 80 m.l. con 4º e 5º posto e tempos de 12.9 e 13.2. María Broncos foi 6ª na serie de 150 m.l con 24.5 . Alba Pardavila foi 6ª en lonxitude con 3.67 e21ª en altura con 1.10.

Nairara Villar foi 4ª na serie de 150 m.l. con 24.1, 2ª na sua quenda de 80 m.v. con 17.1 e 11ª en altura con 1.18. Alba Campos acadou o 2º posto en 500 m.l. con 1:30.6, 1ª en 80 m.v. con 15.1 e 4ª en peso con 6.46. Ines Pardavila foi 6ª na serie de 150 m.l. con 24.9, 17ª en 500 m.l. con 1:49.7  e 11ª en lonxitude con 3.27.

O vindeiro sábado 18 de abril Vilagarcia acolle a 3ª xornada de pista Xogade para Benxamín e Alevín, ALI ESTAREMOS…


11150973_337902546398247_7962242738960506815_n